Lugo

De Desgalipedia
Lugo
Bandeira de Lugo Escudo de Lugo
Lugofriki.jpg
Lugzinger GZ defendendo a city.
Situación
Situacion Lugo.PNG
Xentilicio[1]
Xeografía
Provincia Provincia de Lujo
Comarca Lucus augusti.
Poboación hab. (2018)
Área km²
Densidade hab./km²
Entidades de poboación
Capital do concello
Política ()
Alcalde John Waine. ()
Concelleiros BNG:
PPdeG:
PSdeG-PSOE:
Outros:
elección dixital
Uso do galego[2] ()
Galegofalantes 100 %
Páxina web oficial
  1. Véxase no Desgalizionario.
  2. Datos dos tempos de Manuel Fraga publicados en 2018, ou non.

Lugo é un curral de vacas capital da provincia (aínda que se pelexa con Monforte de Lemos ou Mondoñedo por iso), limita ó Norte co Océano Irlandés, ao Sur con Ourense, ao Oeste con Santiago de Compostela e ao este cuns independentistas que non queren ser chamados galegos e si asturianos.

Actualmente tenta dominar o imperio lugués da competencia de Monforte de Lemos e de Viveiro, incluso Ribadeo tenta anexionarse media provincia de Lugo e Asturis occidental.

Historia[editar]

Romanos desfilando polas rúas da cidade.

Lugo foi fundada polo deus céltico Lugh pra ter unha mansión de verán onde acudir a preñar castrejinhas, logo viñeron os romanos e fixérona capital de todo o Norte de Hispania, pero caeu o Imperio Romano grazas a San Capitón, e os de Lugo fixeron unha muralla pra que non lle entrasen os bárbaros e lle levasen o capital.

Porén finalmente viñeron os suevos e fundaron un reino, ao principio levávanse así asá, matándose entre uns a e outros como na matanza de Lugo en 462. Trala morte do rei Requila e a asociación do reino suevo ó reino visigodo comezou unha guerra civil entre varios xefes suevos (Requimundo,Frumario e Remismundo), uns espías de Remismundo cometeron a matanza do rector e varios aristócratas romanos en Lugo no ano 460 e leváronse a capital pra Ourense. Pero gracias á Reconquista de Don Paio contra dos muslimes españois mesetarios e invasionistas, Lugo voltou ser capital da Gallaecia, tendo a súa catedral en Santiago de Compostela. Durante a expansión da oligarquía antiwitizana desde Oviedo cara o Sur prowitizano(que aínda non se transformara en Al-Ándalus) Lugo tivo que ser restaurado mediante a expulsión dos habitantes ilegais de dentro e púxose ao fronte dos restos da cidade a un bispo africano, Odoario, que se trouxo varios africanos a esta zona e repoboou o interior das murallas plantando viñas e maceiras no exterior.

Pero doutra vez voltáronlle roubar a capitalidade cara o Sur, como as murallas xa non serváin pra nada aproveitáronas pra meter o gando dentro e que durmise quentiño loco cando a revolución industrial de Maricastaña tentouse derribar a muralla pra erguer chalets e barriadas de edificios de papel pero como non habia cash suficiente deixárona en paz, aproveiotándoaa pra construir csas ao pé dela de tres paredes pegadas ó muro. Logo marcharon todos á emigración... e aínda non voltaron!

Durante a Restauración borbónica este distrito estivo baixo os caciques da familia Quiroga e Conde de Pallares (metidos no negocio dos ferrocarriles e do xornalismo).

Xeografía[editar]

Praza de Lugo coa súa aguia imperial.

Lugo atópase no val do Miño principoso con pequenas pendentes xa que o resto da terra está achandada polos enormes rabaños de vacas que pastaron ao logno de séculos polas abas destes montes.

Grazas á súa riqueza petrolífera foi capital de Galicia na Idade Media e do reino de Jalisia, polo que o III Reich colocou aquí unhas das súas bases segredas esotéricas das SS ata que foron expulsados polos veciños homófobos de Lugo, cansos de ver tanto rubio botado a perder.

Clima[editar]

O clima vese retido neste espazo debido ás grande murallas rumanas, por iso o inverno nunca sae de tudo do lugar, por iso en Lugo hai moita poboación de inuits cos seus palafitos de xeo. De feito a maioría de mortes prodúcense en Lugo debido a avalanchas de neve provintes da muralla, así como de terremotos provintes de Sarria. A néboa é o habitante habitual de Lugo, alí encerrada dentro da muralla.

Flora e Fauna[editar]

A flora brilla aquí pola súa ausencia, mentres que a fauna a única que existe son as vacas e os tratantes e gando según Fole antes había tamén lobos pero como querían ter trato sexual coas vacas sendo doutra especie os humanos non o permitiron e destruíronos.

Trala globalización a situación mudou un pouco e últimamente descubríronse mais animais da conta, destacando entre eles o gardacivilproxeneta tras unha investigación da National Cariocagrapich que á súa vez levou a outros moitos descubrimentos por Lugo adiante: carioca, campeóns, naseiros, pokémons, Liñares, Reguera, Sanle, vendex, etc

Economía[editar]

Lugo é un dos maiores productores de leite.
  • Sector Primario: é o que dá de comer a toda a provincia, por iso a Unión Europea o protexe tanto...
  • Sector secundario: en Lugo existe a fábrica de tractores maior do mundo, importa sobre todo cara Rusia, actualmente debido á crise mudaron de plans e fabrican tamén carros de combate (que pouca diferencia teñen cos tractores).
  • Sector terciario: disto só viven catro bares que normalmente están ateigados de tratantes de gandodiscutindo prezos da bolsa de Nova Iorque.

Logo tamén existe a economía sumerxida, representada por productores clandestinos de licorcafé e licorkalimotxo qe surten as grandes festas locais do santo patrón e da Carballeira.

Turismo[editar]

Sitios, festas e Patrimoños[editar]

Este é o disfraz correcto de castrexo no Arde Lucus! E non esas pintas de fantasía épica coa que van!!!
  • Muralla Romana: feita polos galaicoromanos para que as vacas do lugar non se desperdigasen nin llelad roubasn os de Oviedo.
  • Arde Lvcvs: onde castrexos e romanos montan orxías de destrución e logo orxías normais.
  • Pub Diablo: onde os jebis lucenses van ondear suas cabeleiras ao vento mediante o abuso de sustancias para anormais.
  • San froilán: onde celebran ao deus local nun festival enxebre durante días e días.
  • Termas: puticlú antigo onde poder ir foder putas e chapeiros.
  • Pub garçon: onde se reunen os satanistas a invocar a Deus.
  • Festa da Carballeira: os universitarios viran tolos debido á primavera e montan un aquelarre na carballeira pra invocar a Bandua e Torolo Combiciego.
  • Monte Segade: onde van facer cruising e demais pecados capitais.
  • Medievo: antro pseudomedieval onde o único medieval é un escudo de pedra usado pola seita satanista local para invocar ao Demo.
  • Santuario pagano de Adai: ahí enriba do dolmen de Adai podes ir facer teus sacrificios a Reve, Bandua, Navia, etc, etc.

Parroquias[editar]

V  C  E h
Galicia Galicia | Provincia de Lugo | Parroquias de Lugo
Lugo escudo.jpg
Adai (Santa María Madanela) | Bacurín (San Miguel) | Bascuas (Santa María) | Bazar (San Remixio) | Benade (Santo Estevo) | Bocamaos (San Xillao) | Bóveda (Santa María) | O Burgo (San Vicente) | Calde (San Pedro) | Camoira (Santo Estevo) | Carballido (San Martiño) | Coeo (San Vicente) | Coeses (Santa María Madanela) | Cuíña (Santalla) | Esperante (Santalla) | Gondar (Santa María) | Labio (San Pedro) | Lamas (Santalla) | Lugo | Mazoi (Santalla) | Meilán (Santiago) | Monte de Meda (Santa María Madanela) | Muxa (Santa María) | Ombreiro (San Martiño) | Orbazai (San Miguel) | O Outeiro das Camoiras (San Salvador) | Pedreda (San Vicente) | Pías (San Vicente) | Piúgos (Santiago) | Poutomillos (San Martiño) | Prógalo (Santiago) | Recimil (San Lourenzo) | Ribas de Miño (San Mamede) | Romeán (San Pedro) | Rubiás (San Xillao) | Saa (Santiago) | San Mamede dos Anxos (San Mamede) | San Martiño de Piñeiro (San Martiño) | San Pedro de Mera (San Pedro) | San Román (Santa Cristina) | San Salvador de Muxa (San Salvador) | San Xoán de Pena (San Xoán) | San Xoán do Alto (San Xoán) | San Xoán do Campo (San Xoán) | Santa Comba (San Pedro) | Santa María de Alta (Santa María) | Santa Marta de Fixós (Santa Marta) | Santalla de Bóveda de Mera (Santalla) | Santo André de Castro (Santo André) | Soñar (San Pedro) | Teixeiro (Santa María) | Tirimol (San Xoán) | Torible (Santa Mariña) | O Veral (San Vicente) | Vilachá de Mera (San Xillao)


Lucenses famosos[editar]

Ficheiro:Lugues.jpg
Valle-Inclán ligando cunha de Lugo.

Véxase tamén[editar]

60px-Bouncywikilogo.gif
Para os usuarios sen sentido do humor, os nerds de Galipedia (a nosa sátira autorizada) ten un artigo pouco fiable sobre: Lugo.

Outros artigos[editar]

V  C  E h
Galicia Cidades de Galicia (España)
A xunta de Feijoo.jpg
AcebedoBecerreáBetanzosCambreCecebreCoruvigoA Coruña
FerrolLugoMugardosOurensePontevedraSantiago de CompostelaVigo
V  C  E h
Galicia Galicia | Provincia de Lugo Lugo (provincia).svg.png
Provincia de Lugo en debuxo.jpg
Abadín - Alfoz - Antas de Ulla - Baleira - Baralla - Barreiros - Becerreá - Begonte - Bóveda - Burela - Carballedo - Castro de Rei - Castroverde - Cervantes - Cervo - Chantada - O Corgo - Cospeito - Folgoso do Courel - A Fonsagrada - Foz - Friol - Guitiriz - Guntín - O Incio - Láncara - Lourenzá - Lugo - Meira - Mondoñedo - Monforte de Lemos - Monterroso - Muras - Navia de Suarna - Negueira de Muñiz - As Nogais - Ourol - Outeiro de Rei - Palas de Rei - Pantón - Paradela - O Páramo - A Pastoriza - Pedrafita do Cebreiro - A Pobra do Brollón - Pol - A Pontenova - Portomarín - Quiroga - Rábade - Ribadeo - Ribas de Sil - Ribeira de Piquín - Riotorto - Samos - Sarria - O Saviñao - Sober - Taboada - Trabada - Triacastela - O Valadouro - O Vicedo - Vilalba - Viveiro - Xermade - Xove


V  C  E h
Concellos da Comarca de Lugo
Comarca de Lugo
Castroverde
Castroverde
O Corgo
O Corgo
Friol
Friol
Guntín
Guntín
Lugo
Lugo
Outeiro de Rei
Outeiro de Rei
Portomarín
Portomarín
Rábade
Rábade
V  C  E h
Capitais de provincias de España España
Banderaespaña.png
A Coruña - Albacete - Alacant - Almería - As Palmas de Gran Canaria - Ávila - Badaxoz - Barcelona - Bilbao - Burgos - Cáceres - Cádiz - Castelló de la Plana - Cidade Real - Córdoba - Cuenca - Donostia - Granada - Guadalaxara - Huelva - Huesca - Logroño - León - Lleida - Lugo - Madrid - Málaga - Murcia - Ourense - Oviedo - Palencia - Palma - Pamplona - Pontevedra - Salamanca - Santander - Santa Cruz de Tenerife - Segovia - Sevilla - Soria - Tarragona - Teruel - Toledo - Valencia - Valladolid - Vitoria - Xaén - Xirona - Zamora - Zaragoza