Xosé Luís Méndez Ferrín

De Desgalipedia
(Redirixido desde "Méndez Ferrín")
Xosé Luís Méndez Ferrín
MendezFerrín.jpg
Xosé Luís Méndez Ferrín no cuartel das súas Panteras Negras.
Datos persoais
Nacemento 7 de agosto de 1938 (80 anos)
Lugar Ourense Bandeira de Galicia.jpg Galicia
Falecemento
Lugar
Soterrado {{{soterrado}}}
Soterrada {{{soterrada}}}
Residencia {{{residencia}}}
Nacionalidade {{{nacionalidade}}}
Cónxuxe {{{cónxuxe}}}
Fillos {{{fillos}}}
Relixión {{{relixión}}}
Actividade
Lingua {{{lingua}}}
Lingua Galego
Período {{{período}}}
Movemento {{{movemento}}}
Xéneros Narrativa, ensaio acerca da Politicalia Utopia, poesía
Princ. obras {{{obras}}}
Alma mater {{{alma_mater}}}
Estudos {{{estudos}}}
Ocupación {{{ocupación}}}
Profesión {{{profesión}}}
Organización {{{organización}}}
Cargos {{{cargos}}}
Premios {{{premios}}}
[[Ficheiro:{{{sinatura}}}|centro|150px]]
{{{web}}}

Méndez Ferrín é un escritor, mesías galaico e fundador da variante galega do partido "Panteras Negras".

Vida e milagres[editar]

Méndez Ferrín naceu en Vilanova dos Infantes (Celanova) cando Xúpiter e Marte estaban aliñados, isto fixo que o seu carácter fose propio do grande Xesús de Nazareth, desde pequeno xa era delegado de clase e lle fixo unha moción de censura ao director do colexio monasterio de Celanova durante unha asemblea do Consello Escolar, que se saldou coa súa derrota e posterior exilio en Ourense.

Alí meteuse na Universidade (típico lugar onde van os vagos pra poder seguir vivindo sen choiar) e organizou xunto con Xosé MAnuel Gayoso e Superpiñeiro, un grupo de combate de superherois galegos, a Liga da Xustiza Auriense, que loitou contra o incipiente poder de Darth Baltar, pero debido á febleza do seus superpoderes mercados nos Estados Unidos pronto foron derrotados, Méndez Ferrín consegiu exiliarse en Rusia, onde o xeneral Franco do KGB o entrenou nas artes marciais, e cedo voltou pra Eurasia, que daquela estaba en guerra con Oceanía, pero como espía era moi malo e foi detido pola policía do pensamento, que o levou ás súas instalacións supersegredas do Ministerio do Amor.

Devoltárono ás rúas de Santiago de Compostela, onde fundou a UPG, logo consegiu sacar a espada Excalibur da rocha do Monte Pindo e consigiu a unión de tódolos galegos que comezaron coa Reconquista da Península Ibérica, creando o IV Reich Galaico; pero veu Franco e destruino grazas ó seu aliado, o Vaticano, Ferrín tivo que fuxir a Arnoia, onde adeprendeu técnicas de ioga e retención de semen con Manuel Rivas, foi alí onde comezou a facer os seus primeiros milagres, transformou toda a auga do río en viño do Ribeiro.

Actividade política[editar]

Méndez Ferrín invadindo Portugal Galicia do Sur.

Grazas a estes poderes percorreu toda Galiza, e vendo o asoballada que estaba comezou a predicar o shintoísmo, expulsou demos, curou enfermos e fundou o "Galician Black Panther Party" pra loitar polo dereito de autodeterminación da nación galega frente ó imperialismo de Madrid (que non España). Grazas ó seus poderes ergueu a tódolos galegos nunha causa común, xunto cos irmáns portugueses, invadiu Galicia do Sur e España e fundou a Unión de Repúblicas Socialistas Soviéticas Ibéricas, con Moncho Reboiras como primer ministro, e así retirouse a Vigo e deu en escribir as grandes novelas da Literatura Galega:

  • Amor de Artús: conta as fazañas de Hitler ó saír este do armario.
  • Sempre Xonxa: cancioneiro bucólico sobre o ben que o fan as mozas de campo.
  • Táboa Esmeraldina: sobre os seus viaxes de LSD na Costa da Morte.
  • Arraianos: onde narra as peripecias de varios estudantes universitario de Compostela por salvar Galiza do Capitalismo.
  • Arnoia, Arnoia: de como centos de labregos luitan por escorrentar o capitalismo das súas teras e ao final, por non votar a UPG nin ao BNG rematan por afogarse no encoro de Castrelo de Miño.

En Vigo botou o resto da súa vida, como profesor de instituto galeguizando a raparigos que só pensaban en foder e escoitar reggaeton. Alí cos seus panteras negras iva e viña pola ría, arrexuntado á FPG (Frente Popular Galega) tras saír do BNG. Foi proposto polo pen clube galego pra premio nobel de literatura (tras unha petición provinte da academia sueca de que lles deran un candidato en lingua galega), foi presidente da RAG (Real Academia Galega), á que politizou, enchufou algún parente, dividiu á academia coas súas accións e prácticas escurantistas. Tras saír esta situación nos medios de comunicación mandados por Alberto Núñez Feijóo e facerse patente a discordia interna da RAG, Ferrín dimitiu na academia.

Véxase tamén[editar]

60px-Bouncywikilogo.gif
Para os usuarios sen sentido do humor, os nerds de Galipedia (a nosa sátira autorizada) ten un artigo pouco fiable sobre: Xosé Luís Méndez Ferrín.

Outros artigos[editar]

Predecesor:
Xosé Ramón Barreiro Fernández
Presidente da RAG
2010 - 2013
Sucesor:
Xesús Alonso Montero