Música clásica

De Desgalipedia
Aviso-01.gif Aviso: Isto é un artigo sobre a música académica europea da época neoclásica (1750-1800) para ir á sección da música culta europea (mal chamada "música clásica") siga a ligazón: música académica.
Un compositor na intimidade probando seus lieds.

A música clásica é un estilo musical aburrido dos antigos europeos.

Historia[editar]

Cara que se che pon ao escoitar a Richard Wagner.

A música clásica foi inventada no século XVIII polo rei de Austria para sentirse superior a seus súbditos e outros países da contorna. El mandou traer a Mozart e outros soplafrautas para que compoñesen para el e quedarse coas súa sobras para explotalas comercialmnete atraendo turismo para encher o seu peto e logo lanzar un poderoso exército para conquistar o mundo mentres escoitaba a Berlioz. Pero viñeron os contraculturais nos anos 60 e esta música pasou de moda.

Contexto histórico e social[editar]

Véxase Ilustración

Todo comezou cando as potencias imperialistas de Europa se atoparon con que non eran os únicos humáns civilizados do planeta Terra, así decidíronse a fundar un novo estilo musical grandilocuente e clasista (de ahí lle vén o nome de música clásica) xa que era só para as clases altas e privilexiadas. Incluso seus mais famosos músicos non se sabe quen eran, porque os que importan son os compositores e non os interpretadores.

En pleno Antigo Réxime a cultura era ésa cousa que cando escoitabas falar dela tiñas que sacar o moedeiro, debido a que a concentración de capital se daba só no pazo do rei todos os músicos querían complacelo así que fundaron un estilo musical pedante que según eles só uns cantos perfeccionados podían gozar, e para darlle mais pedigrí chamáronlle música clásica, que significa que é eterna e nunca pasa de moda.

A transición do Barroco ao Clasicismo[editar]

Véxase tamén: Estilo galante e Empfindsamer stil.

Aceptación do novo estilo[editar]

A transición ao Romanticismo[editar]

Entre os criados musicais desta época destacan Johann Sebastian Bach, Joseph Haydn e Wolfgang Amadeus Mozart; grazas a que éste último morreu pobre de pedir mentres acusaba a seus patróns de envelenalo a partir de entón a nobreza deixouse comer o tarro polos artistas e lles regalaba un soldo a cambio de facer unha ópera ou sinfonía cada ano (para que digan despois que antes había mais explotación laboral), Richard Wagner e Ludwig van Beethoven foron dous dos que se aproveitaron.

No século XX grazas aos totalitarismos que traumatizaron a media humanidade (unha estaba na guerra e a outra en retagarda pasando fame) os compositores de música clásica abandoaron o alcol e as drogas e a música voltouse aínda mais académica e aburrida. Debido ao triunfo do Capitalismo os compositores comezaron a amosar serios transtornos mentais que os levaron a


Dios1.png Importante! Nosa Señora de Desgalipedia quere a súa atención:
Deus quiere que este artigo sexa ampliado
Falta información sobre:
Rematar artigo

Instrumentos da música clásica[editar]

  • Violín: para rasgar oídos.
  • Tuba: pata meterllela á parenta.
  • Piano: para fustigar aos indignos de tan alta música celestial.
  • Fagot: instruemnto de baba para fachendear diante das mulleres.
  • Baixo continuo: ah! copiáronllelo os dos rock!!!

Véxase tamén[editar]

60px-Bouncywikilogo.gif
Para os usuarios sen sentido do humor, os nerds de Galipedia (a nosa sátira autorizada) ten un artigo pouco fiable sobre: Música clásica.

Outros artigos[editar]