Malote

De Desgalipedia
Ficha descritiva que fixo Linneo sobre eles.

Malote é un termo pexorativo aplicado a certos mozos de Gitaña. A imaxe estereotipada crresponde a dun rapaz ou adulto mozo agresivo da clase traballadora, que viste roupas de deporte e marca pero cun estilo casual, tendo por costume enbebedarse e pelexar, involucrándose en vandalismo e mesmo crimes menores, atopándose frecuentemente desempregado ou con empregos de salario baixo.

Morfoloxía e vestimenta[editar]

Moda de mulleres malotas, pero coidado! Mais dunha chegou a médico.

Soen ser de raza caucásica-semítica-klingon, pero en vez de pinchos na fronte con granos pola cara, algúns xa nacen co pelo engominado e non deixan ése estilo nunca (nin sequera cando fican calvos), outros soénse formar crestas en formas múltiples sobre a coronilla (ben formando coroas, estilos pinete, etc) e vestir de forma despiadada.

Cubren seus membros inferiores con pantalóns de marca adidas (a ser posibles con peche de corchetes lateral!), pero non fan deporte, cubren seus pés con botas ART enormes (no caso de non ter cartos meten dous pares de calcetíns enrolados no empeine), bambas cantosas. Pola contra, encubren o tórax con chaquetas nike e camisolas de cores chistosos, camisas lonsdale, camisas negras rottweiler, de DJ, a do escorpión amarelo, que soen adornar logo con cadeas de deuses do catolicismo, cadeas, etc. Para que non se lles vexa as olleiras da última rave na casa dos pais (onde viven ata os 90 anos) levan lentes de sol que os fan paracer aínda mais agresivos que un gorila de discoteca. Porén, o calzado foi o que más variou, pasando desde as nike de dous muelles (air max).

As malotas teñen un surtido de roupa mais variado, pero sempre casual, coa roupa adidas e nike enriba, pero uníndoa a pantalóns vaqueiros desfiachados, medias estampadas con peles de animais ou cores capaces de crearche unha catarata, chaquetas cinguidísimas (aínda que estén obesas) de cores mais rechamantes que os chalecos reflectantes ou ben que semellan monos de submarinista. O pantalón malote mudou desde os pantalóns de campá con muslamen e cu apretado a minisaias escintilantes, pasando por pantalóns vaqueiros de marca, ou de feira pero con enormes decoracións da base de puntadas de cores bestiais (algúns parecidos ás bocamangas dun oficial do imperio austrohúngaro!), pantalón de chándal negro con raias douradas, logo brillantiños, etc.

Típica malota de finais dos 90.

Logo nos complementos usan un minibolso e pulseiras a tutiplén, a maioría de plástico coloreado (que non son jipis pés negros de coiro eh?) e logo unha maquillaxe que resalta ollos e beizos, creando marismas nas meixelas a base de cores porpios dun amencer en Chernobil.

Hábitat e modus vivendi[editar]

Soe habitar os arrabais de cidades, escaleiras de incendio de institutos, reunirse en parques non para pasear e si para os botellóns onde practican deportes variados relacionados coa velocidade de correr en canto se ve á local, habilidade para liar petas, creatividade á hora de bautizar con alcumes aos chapóns de clase, competicións de quen a ten mais grande, etc.

Debido a que traballan pola noite e viven de día teñen un metabolismo moi rápido e pro iso sempre andan de mala ostia, antes ían con navalla pero agora van con móviles para grabar as súas agresións a insectos humanoides.

Evolución da moda xuvenil dos 90[editar]