Manipulación fotográfica

De Desgalipedia
Manipulación fotográfica típica onde en dous cadros pénsase que Taylor Swift ao morrer chega ao ceo lesbiano.

A manipulación fotográfica é a aplicación de técnicas de edición de imaxes a fotografías co obxectivo de crear unha ilusión ou truco (en contraste coa mellora ou sinxela corrección), a través de medios analóxicos ou dixitais. Os seus usos, o impacto cultural e os aspectos antiéticos fixérono un tema de interese máis alá de ser só un proceso técnico.

Exemplos[editar]

Nikola Tesla

Alegouse que a fotografía de Nikola Tesla que se mostra se obtivo cunha dobre exposición, non estando Tesla realmente presente no momento no que saltaron os arcos eléctricos. Pero, en realidade, estaba alí pero cando usaba roupa a proba de electricidade, non foi alcanzado.

The Kallikak Family

O libro é un extenso estudo da herdanza da "debilidade mental". Goddard concluíu que unha gran variedade de trazos mentais eran hereditarios, e que a sociedade debía controlar a reprodución dos "débiles mentais". Stephen Jay Gould denunciou que as fotografías do libro foran retocadas para facer que os "débiles mentais" parecesen máis sinistros. Con todo, non coñeceu aos personaxes da película.

Lee Harvey Oswald

Lee Harvey Oswald foi acusado do asasinato do presidente John F. Kennedy. Esta foto, para algúns investigadores, está trucada, engadíndolle a cabeza de Oswald ao resto da fotografía para involucralo neste asasinato. Na fotografía, na que parece que Oswald suxeita nunha man o rifle Mannlicher-Carcano co que se afirma que se asasinou a Kennedy e na outra man xornais. A fotografía está tomada no xardín traseiro da casa de Oswald, polo que a serie fotográfica á que pertence a fotografía chámase tamén Lee Oswald backyard pictures.

Véxase tamén[editar]

Outros artigos[editar]