María Pita

De Desgalipedia
María Pita posando pra Goya.

Cita1.pngQuizais quixo dicir: Agustina de VigoCita2.png
Google sobre María Pita

Cita1.pngMaría Pita era unha muller pública que ao ver cómo lle mataban ao chulo comezou a navalladas cos ingleses.Cita2.png
Arturo Pérez-Reverte sobre María Pita.
Cita1.pngMaría Pita foi unha peixeira que vendo cómo lle viñan os europeos co gallo dos recortes na Política Pesqueira comezou cun sacho a defender o que era seu.Cita2.png
Vicente Risco sobre María Pita.
Cita1.pngMaría Pita, esa boa e xenerosa que nos salvou do capitalismo salvaxe do imperialismo anglosaxón.Cita2.png
Xosé Luis Méndez Ferrín sobre María Pita.

María Pita foi unha muller de A Coruña que loitou contra os imperialistas ingleses durante a Idade Moderna no Antigo Réxime.

Vida e obras[editar]

María Pita naceu no barrio de Monte Alto, filla de mariñeiros xa de nena lavaba pescado e cosía redes, iso si, nunca s eperdía ningunha festa e acudía a todas, sobre todo a do Shamaín (índolle dar sustos aos cregos), con 15 anos meteuse no Ateneo Libertário da Galiza, unha asociación anarquista na que aprendeu a escribir, ler e andar en bicicleta cando aínda non a inventaran.

Durante o conflicto entre o Imperio Británico e o Imperio Español,o porto da Acruña foi preparado como base de operacións para o Atlántico Norte aproveitando unhas subvencións do Pacto do Vaticano (non confundir co Pacto de Varsovia), cando Inglaterra se deu conta enviou alí ao seu melor militar, Francis Drake pra desbaratar os plans dos católicos.

A flota inglesa chegou á bahía da Acruña no amencer do 4 de maio de 1589, dispoñéndose en dúas liñas de ataque, unha delas comezou a bombardear a vila co fin de destruir as defensas galegas e imposibilitar a saída de chalanas kamikazes e galeóns de liña que pudesen conmtraatacar á frota inglesa; a outra parte da frota británica separouse do conxunto para desembarcar homes e material en Penamoa, pero o ataque por esa parte fracasou debido ó ataque de centos de xitanos ionquis, polo que a frota de bombardeo tivo que achegarse ás murallas da cidade e atacar por un boquete que abriran os seus canóns, o malo foi que nese intre María Pita estaba probando a perder a súa virxinidade cando lle mataron os ingleses ao macho, asi que era colleu a faca do seu mozo e berrando "Quen teña collóns que me siga" e comezou unha escabechina tal de británicos xunto á sua amiga Inés de Ben que fixeron a Francis Drake fracasar na súa invasión de Galicia (á cal querían convertir en colonia, como a Portugal.)

Trala victoria de María Pita sobre os ingleses miles de discos dos Beatles foron queimados, o consulado inglés foi desfeito a cantazos, suprimiron as touradas e galeguizaron toda a cidade polo que o tataratataravó de Paco Vázquez tivo que fuxir cos piratas. María Pita gañou a presidencia da RAk (real Academia do Koruño), adicáronlle o Día da Patria Galega (ao lado do Mariscal Pardo de Cela), tivo mozos a esgalla e nunca mas tivo que ir de troula pra poder ligar.

Véxase tamén[editar]

Outros artigos[editar]