María Soliño

De Desgalipedia
María Soliño
Mariaalone.jpg
María Soliña tentando curar á xente.
Información
Nacemento Cangas do Morrazo, Galicia Galiza
Falecemento Cangas do Morrazo
Cónxuxe Pedro Barba

María Soliño ou María Soliña é a meiga capitana de Cangas, almirante bruxa de Galicia, portanestandarte do malvado Satán, amante lesbiana do Bafometo, tenente xeneral das bruxas europeas, suministradora de fariña de Colombia ás tropas do Inferno e polo tanto cabo furriel, fan de Astarot, doncela kadosh de Luzbel, corexente do diaño bulreiro, comandante de Abbadón, filla de Aini, intendente de Adramelech, decoradora xefe de Azazel, discípula de Alocer, invocadora íntima de Ananel, conselleira de Arioch.

Vida de María Soliña

Un akelarre na praia de Menduiña.

María Soliña naceu en Cangas do Morrazo, fila dunha bruxa e do demo Aini (o demo mais guapetón do submundo) unha noite onda o cruceiro de Hío, foi levada a bautizar á igrexa de Santo Iago Killmuslims apadriñada por varias ondinas, educada nas artes científicodiabólicas pola súa nai e súa tía solteira lesbiana, que os sábados levaba seus gatos acompañantes ós akelarres en Pontevedra a violar gays.

Durante a súa infancia María aprendeu a sumar, restar, multiplicar e dividir no colexio Hogwarts de maxia boa ata que lle medraron as tetas e sentiu como Dumbledore a acariñaba coa súa mirada longa e máxica ela aproveitou que o director lle prestaba tanta atención e así aprendeu a ler e escribir sánscrito, fenicio, exipcio xeroglífico, exipcio demótico e latín, polo que non tivo moito tempo para xogar e parecía falando unha persoa maior polo que o crego nunca a tocou do medo que lle tiña. Para darlle largas a Dumbledore sempre lle decía que tiña un orco nos baixos e que só Harry Petas llo podería arrincar sen dor, isto causou os celos dumbledorianos e creou ao Inombrable (tamén coñecido como Iavé) pero un día María Soliña meteuse sin querer na biblioteca do futuro e leu unha banda deseñada sobre Hell Boy e fíxose fan do investigador parapsicólogo e marchou de Hogwarts, con tanta sorte que no seguinte segundo estouro a Guerra Civil de Hogwarts.

Con 12 anos comezou a ser muller e foi levada pola súa tía ao sabbath onde lle explicou os segredos da vida humana, logo invocou a Satán e ése ensinoulle os misterios do Universo e do Universo inverso, saíndo dalí cun doutorado en física mais como ela quería ser enxeñeira voltou ao porto de Cangas e comezou a experimentar grandes ansias de capturar sapos e fregarse con eles as partes obtendo así as súas primeiras experiencias psicodélias que lle abriron a mente e construiu as primeiras grúas de descarga e demais pandemoiuns que os familiares do Santo Oficio (ou sexa, as putas) comezaron a mirala de esguello e denunciárona á Gestapo pero como era do PCUS pois non lle puideron facer nada.

Súa familia comezou a ordeala sacerdotisa católica e así chegou á confirmación pero como todavía quedaban uns cantos séculos para que viñera o Papa Negro pois tivo que quedar en bruxa e fixéronlle a confirmación, que fixo na igrexa de Darbo, e así saiu a rapaza, que comezoua experimentar con tódolos rapaces dos arredores e de paso os metía na seita bruxeril á que pertencía e así desbancou á súa nai e conseguiu o título de capitana xeral bruxa de Galicia do Sur. Durante esta tempada da súa vida experimentou certa confusión dialéctica que a levou a camiñar polo lado decadente da vida occidental que lle ofrece á mocedade, sexo con descoñecidos, asistencia semanal a botellóns, concertos de rock de gusto dubidoso, deixar os estudos algo de lado e mesturalos co teatro, andar cerca de revolucionarios de medio pelo que só pensaban en tirarsa, fascinarse pola moda pija, etc. Afortunadamente o tempo púxoa no seu sitio e cando viu que a infancia se rematara e tiña que vivir pola súa conta comezou a buscar choio no primeiro que atopase, pero debido ao esoterismo de seus estudos ninguén a quixo, polo que comezou a ser asidua de mais botellóns, festas patronais e discotecas de finde, onde vía que xa non ligaba tanto porque xa se acostaran con ela tododiós, polo que comezou a ir a citas a cegas e nunha delas bateu cun pailán con cartos suficientes como para alimentala.

María casou con Pedro Barba, e a noite de bodas entregouse ao demo maior, logo voltou onde seu home mariñeiro e tiveron 666 fillos, evidentemente moitos deles sacrificounos ela mesma, á luz da lúa en cada cruceiro que vía e foi collendo tal poder que ata no Vaticano lle deron poder para presentar candidato a cura nas igrexas de Aldán e na colexiata de Cangas.

Como daquela o mar daba mais que hoxe, trasladou os ritos bruxerís ás praias, para protexer mellor ós mariñeiros de naufraxios e outros accidentes marítimos, vendo isto os curas chamaron na súa axuda ós moros (xa que a relixión sen medo ao porvir non é nada), e así ao pouco apareceu un comando jihaidista sarraceno que desembarcou e matou aos mariñeiros, queimando a vila. Cando regresaron os supervivintes todos os curas puxéronse acordo para inculpar do sucedido ás bruxas de Cangas e prenderon a María Soliña, que era a única viúva rica do lugar. María the Only prometeulles que si a seguían a ela podería traer de volta a riqueza a Cangas, a maioría de cangueses, fidalgos e parásitos sociais do lugar aceptaron e viron como María chamaba polo deus Dagon e o peixe suicidábase en masa nas redes canguesas e incluso polo medio viñan valiosas figuras de ouro, a riqueza voltou ás costas do Morraso, pero cando descubriron que tiñan que foder cos profundos os curas negáronse, xa que estes seres acuáticos parecían batracios de pé e non se parecían aos nenos así que non os poñían moito... polo que o acordo non se ratificou e as riquezas do mar voltaron a éste; os curas e fidalgos botáronlle enriba de María Mutterseelenallein á Inquisición española, que a prendeu e rouboulle todas as súas terras, a casa e unha dorna, tras torturala para facerlle xuízos falsos estalinistas deixouna libre cando xa lle sacaran todo, incluso ao demo.

Como morreu vella e pobre, miserenta nalgún peirao, e non a queimaron, pois ao final a Igrexa católica non a fixo santa, como a Xoana de Arco...

Contribucións de María Soliña á bruxería

  • Desenrolo do cálculo: emprendeu estudos sobre a óptica nas noites de pérfido luar, desenrolado así o cálculo cuántico para facer bos conxuros cos cales consegueu vencer a Ashran o Nigromante, que se quedara desfasado co seu Analysis per aequationes dipléspsicas acaborum finitos e foi reenviado a Oscuria.
  • Descripción da xeometría encíclica: onde tivo unha agria polémica con Bento XVI debido a unhas melloras na notación realizadas pola canguesa no marxe esquerdo e blasfemo da Biblia de Ashavero.
  • Lei de perdición universal: Soliño revolucionou as ciencias bruxeriles ao descubrir que o Hermes trimesgisto non tivera en conta nos seus algoritmos que unha variante X1 pode interferir de forma rocambolesca na orde de factores e polo tanto crear un axioma dialéctico de resistencia propio de repúblicas bananeiras e que o comunismo só nos levaría á pobreza.
  • Lei de interacción accional: aquí resolveu o problema da forza inversamente proporcional adicada sobre unha escoba voadora ao cadrado da resistencia máxica do seu motor de ignición por carbono de potasio, conseguindo así mellores voos de escoba.
  • Invención do camuflador cuántico de eóns: aparello construido por ela mesmo e que legou á vindeiras xeracións de bruxas e sacerdotisas wiccanas, trátase dunha pequena máquina que manipula o interfaz cuántico arredor de 5 km de distancia co fin de crear unha alucinación colectiva e pasar desapercibida ou mesmo figurar que se convirte en animais impuros ou néboa. Según as recentes investigacións de Antón Rebollido trátase dun pequeno percutor molecular que interfire nas relacións eléctricas da atmósfera que o rodea mediante reflacción de protóns a nivel subatómico.