Marín

De Desgalipedia
Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: Marín (homónimos).
Marín
Escudo de Marín
Situación
Situacion Marín.PNG
Xentilicio[1] Maridroghatas
Xeografía
Provincia Provincia de Pontevedra
Comarca Comarca do Morrazo
Poboación Máis ca Bueu hab. (2019)
Área Máis ca Moghor km²
Densidade Todos xuntiños hab./km²
Entidades de poboación Lago de Castiñeiras, illa de Tambo, Marín darriba, Alameda, Eghuren, Estribela, Lapamán, Ardán, Seixo
Capital do concello O Eguren
Política ()
Alcalde María Carallo (pp)
Concelleiros BNG:
PPdeG:
PSdeG-PSOE:
Outros:
Uso do galego[2] ()
Galegofalantes 250% %
Páxina web oficial
  1. Véxase no Desgalizionario.
  2. Datos dos tempos de Manuel Fraga publicados en 2019, ou non.

Marín é un barrio de Pontevedra, o seu xentilicio é mariñeiro. Aínda que é coñecida pola escola de oficiais imperiais, o seu porto é máis importante có de A Coruña, xa que por el soe pasar o gran comercio de contedores ISO (onde se transportan talleres ilegais asiáticos móviles por todo o mundo pra Zara e Microsoft).

Historia[editar]

Os de Mogor que fuxiron dos ataques piratas a Cotorredondo.

Marín foi fundada por Adolf Hitler como base segreda de submarinos e así dominar o Océano Atlántico, trala súa derrota foi aproveitada as súas instalacións para a OTAN e loitar contra piratas en Sudán, yihaidistas en Sri Lanka, chineses en Tui, etc.

Debido ós recortes durante o Marianismo pecharon a base e enviáronse ós marines españois a invadir Paquistán na Guerra contra a droga (en realidade unha cortina de fume) polo que pecharon os salóns de strip tease e puticlús, aínda que ficaron miles de mariñeiros que seguiron habitando este lugar (así Alberto Núñez Feijóo non fusionou Marín con Pontemerda) nembargantes Marín desapareceu do mapa o día que o Río Lameira se desbocou e levou por diante o 300% do casco urbán creando así a lenda da Atlántida.

Xeografía[editar]

Atópase na península do Morrazo, polo que dentro duns milenios atoparase baixo o mar debido ó movemento de placas tectónicas. Debido a que é veciño de Pontepija a veces chégalle o cheiro malsano de ENCE. O río Lameira atópase encauzado na cloaca máxima baixo o casco urbano (onde tamén opera a mafia mogoresa e se teñen vistos cancadrilos de grandes dimensións)

Flora e fauna[editar]

Toda foi embarcada nos submarinos nazis pra repoboar Arxentina con vida europea e 100% aria!!!!

Cultura[editar]

Na Idade do bronce o pobo petroglifense estableceuse por esta costa pra comerciar con Irlanda, os chamáns galegos acostumaban tomar estramonio pra mellor comunicarse cos deuses e claro así logo grababan petróglifos por todo Mogor (algúns deles resultaron ser portas a universos alternativos).

Debido a que na Idade Media se estableceu a burguesía aquí pra traficar con todo tipo de xéneros creouse unha cultura mais aberta a modas extranxeiras, aínda que estes non se lles achegaban moito ao ver que bailaban con espadas, tras prohibir a Inquisición española Inglaterra enviou misioneiros pra desfanatizar Españistán obtendo aquí moito éxito os evanxelistas.

Parroquias[editar]

V  C  E h
Galicia Galicia | Provincia de Pontevedra | Parroquias de Marín
Escudo de Marín.jpg
Ardán (Santa María) | O Campo (Santa María) | Marín (San Xián) | Marín (Santa María do Porto) | Mogor (San Xurxo) | San Tomé de Piñeiro (San Tomé) | Seixo (Nosa Señora do Carme)

Véxase tamén[editar]

60px-Bouncywikilogo.gif
Para os usuarios sen sentido do humor, os nerds de Galipedia (a nosa sátira autorizada) ten un artigo pouco fiable sobre: Marín.

Outros artigos[editar]


V  C  E h
Concellos da Comarca do Morrazo
Comarca do Morrazo
Bueu
Bueu
Cangas
Cangas
Marín
Marín
Moaña
Moaña
V  C  E h
Galicia Galicia | Provincia de Pontevedra
Situacion Provincia de Pontevedra.PNG
Agolada - Arbo - Baiona - Barro - Bueu - Caldas de Reis - Cambados - Campo Lameiro - Cangas - A Cañiza - Catoira - Cerdedo-Cotobade - Covelo - Crecente - Cuntis - Dozón - A Estrada - Forcarei - Fornelos de Montes - Gondomar - O Grove - A Guarda - A Illa de Arousa - Lalín - A Lama - Marín - Meaño - Meis - Moaña - Mondariz - Mondariz-Balneario - Moraña - Mos - As Neves - Nigrán - Oia - Pazos de Borbén - Poio - Ponte Caldelas - Ponteareas - Pontecesures - Pontevedra - O Porriño - Portas - Redondela - Ribadumia - Rodeiro - O Rosal - Salceda de Caselas - Salvaterra de Miño - Sanxenxo - Silleda - Soutomaior - Tomiño - Tui - Valga - Vigo - Vila de Cruces - Vilaboa - Vilagarcía de Arousa - Vilanova de Arousa