Marco (topografía)

De Desgalipedia
Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: Marco.
Petrucios dunha aldea tras colocar un marco de leira que será imposible de mover.

Un Marco é unha pedra de feitío rectangular que marca os límites dunha leira, algúns teñen vida propia outorgada por unha meiga s soldo do veciño para así moverse e o veciño castrón levar mais terra, o mal fillo dunha cadela sen dono....

O labrado dun marco faise seguindo técnicas da antiga Mesopotamia e a súa colocación meidante rituais sanguentos e paganos. Algún historiador papaleixón ao velos xa pensou que eran restos dun culto fálico...

Historia do marco[editar]

Orixe dos marcos[editar]

A estela de Hammurabi, un dos primeiros marcos da Historia.

Este sistema de marcar a propiedade propia da allea foi inventado por Pedro Chosco para tomarllelo o pelo á xente facendo poltergesit con estas pedriñas (se pensas que os marcos son pedriñas é que nunca lles limpaches o pé...), logo o sistema foi copiado por algún vinculeiro da Nobreza para repartir as terras de seu pai entre seus irmáns atomizándoase voltando atomizar cada vez que había herdanza, así si unha finca ten unha hectárea tras tres xeracións non chega a ter nin catro ferrados...

Os marcos na historia galega[editar]

Ao principio, na Idade de Ouro, todo era de todos e a riqueza estaba repartida entre todos, ata que veu o Imperio Romano e decindo que ía modernizar a Galicia comezou a escribir leis para foder ós nativos, coa chegada da Idade Media os mosteiros foron os que se convertiron en terratenentes de toda a terra de Galicia, e para que ningún outro mosteiro veciño lles roubase as terras e gastar os cartos en preitos no Vaticano decidiron murar (ou sexa, poñer muros) nas lindes das súas terras, debido á gran extensión delas que tiñan ao final contentáronse con colocar pedras ergueitas cada 200 metros.

Debido a que sempre hai algún fillo de Buda aproveitándose dos demais houbo problemas desde o principio, feita a lei feita a trampa, e para iso nomesouse unha asembleia de petrucios reunidos en concello aberto en cada atrio de igrexa ou capela co fin de determinar tras varios conxuros e soterismo varios, por onde ían os dominidos dun ou doutro.

Os Galaicos (celtas galegos) usaban como marcos delimitadores os ríos, regatos e vagoadas, e tamén reaproveitando as "liñas" entre grupos de mámoas. No Imperio Romano usábanse os termini publici territoriales, lápidas con textos indicando o territorio de quén te estabas metendo, algúns feitos tras o fin dun litixio fronteirizo (como entre os límicos e os bíbalos)

A finais do século XX, algúns xornalistas parvos (destos que pro nacer na cidade xa se cren mais listos cun paleto) botábanse as mans á cabeza cada vez que había un crime por mor do movemento ilegal de marcos e posteriores resultados sanguentos entre propietarios. Este asombro entre a xente letrada débese a que descoñecen o valor da terra así como do valor da dignidade persoal e que hai que protexer o que é dun con tódolos medios posibles a seu alcance debido a que modificar as relacións de produción así como o dominio efectivo do terruño fai do dono dunha finca como claro posesor dun cacho do planeta terra, e si a soltas é que és ben parvo óh!

O Marco e a relixión[editar]

As fronteiras son sagradas, e atinxe igualmente á definición territorial dos pobos, funcionando ao mesmo tempo como liña divisoria e lugar de encontro entre grupos de veciños. O costume de executar criminais na cultura celta galega tirándoos polos barrancos e lapidar parricidas expulsándoos das súas fronteiras xa que eran un perigo conta a orde interna (tanto a nivel social como ritual).

Leis sobre o marco dos campos[editar]

  • Artigo 1: Non moverás o marco.
    • Artigo 1 apartado 1: o marco será movido só nos casos de permuta de terreos (cando o propietario veciño che venda a finca veciña) ou venda dun terreo alleo situado entre dous terreos propios (ou sexa, concentración parcelaria privada sen acudir ao goberno moñicipal).
    • Artigo 1 apartado 2: O marco debe ser movido ante testemuñas, mellor se son de Xehová, fiables por ambas partes.
  • Artigo 2: o movemento ilegal do marco castigarase coa pena de morte ou sachazo na cabeza, tamén se pode talar a man alevosa coa que se moveu a pedra pero en caso diso hai que facelo cunha fouce.
    • Artigo 2 apartado 1: o movemento ilegal de marco suscita a creación de factores que co tempo poden mudar a realidade (como pasaría se colles unha máquina do tempo e tocas algo ou matas a Lord Wellington antes da batalla de Waterloo) polo que seu castigo debe ser proporcionar ao dano causado. Así se o marco se move co fin de roubar capital ao veciño a pena será a de cortarlle dun fouciñazo a man criminal ou traballar durante un ano gratis para o veciño baixo o tribunal popular e democrático comunista da aldea.
    • Artigo 2 apartado 2: o movemento ilegal dun marco debe ser aprendido na escola de ferrado como un dos grandes crimes da humanidade.
    • Artigo 2 apartado 3: o movemento ilegal dun maco non só é ilegal, é inmoral e polo tanto será castigado coa ausencia obrigatoria de toda a familia do infractor ás funcións relixiosas se pensas que non ter a Deus ou ao Demo a teu lado é cousa boa é que eres ben parvo)
  • Artigo 3: o establecemento dun marco farase seguindo as leis consetuedinarias do lugar, senon as houber poderase facer mediante o establecemento dun comité popular de marcos e lindes (do cal están expulsados avogados e demias picapreitos) que reunidas as partes afectadas por unha nova delimitación do planeta Terra e nai natureza, deberán percorre a pé e medindo ata tres veces para confirmar que as lindes son as que son e non as que dí Fulano ou Mengano.
    • Artigo 3 apartado 1: a colocación de marcos farase lonxe do abuso de calquera sustancia excitante, polo que o ritual para levalo a cabo farase pola mañá e así despois as partes implicadas deberán invitar a comer aos xuíces pro partes iguais en reunidos todos, que xa nos coñecemos....
    • Artigo 3 apartado 2: para confirmar o correcto establecimento dun marco delimitorio da propiedade débese facer ante notario, quedando así rexistrado legalmente (vai te ti fiar dos teus veciños ou da comisión de montes veciña que che rouban ata a camisa os moi petit bourgeois!!) e ante o chamán parroquial, para dar boa fe do que se levou a cabo; así como dúas testemuñas por cada parte implicada na veciñanza das leiras.
    • Artigo 3 apartado 3: o marco físico debe ser pagado por ambos propietarios, así collerase un canteiro e con él irae bscar a pedra de granito axeitado e tras sacar un cacho darlle forma rectangular, logo trasladalo ao lugar desexado, facer un buraco de aproximademente 20-30 cm e soterrar seu pé para que as raíces do marco sexan fortes e non as leve por diante ningún Pelé ou Maradona da Galicia profunda nin as labores agropecuarias ou o corno dalgúnha vaca tola.

Tipos de marcos[editar]

Dagon colocando o seu marco na Costa da Morte.

Se pensabas que había diferentes tipos de marcos é que es ben pailán, ou pior aínda, un urbanita! Pero xa que tivecha e paciencia de chegar ata aquí farei o esforzo de designar uns cantos:

  • Marco de leira: pedra de granito rectangular chantada no chan con forza, poseendo un 30% da súa masa dentro da terra, o 70% restante sobresae para poder versea distancia. Os piores de manter son os do monte, xa que quedan tragados pola frouma e se non rozas rematan desaparecendo afundidos en estratos.
  • Marcos grabados: A veces usáronse os penedos que se atopaban na fronteira entre diferentes propiedades (tanto de privadas como de parroquias e xurisdiccións señoriais) como sitios onde grabar unha marca, frecuentemente unha cruz, e así indicar que o lindeiro pasaba por esa zona en concreto.
  • Marcos pintados: bueno, non son marcos pero sirven como tales, usados sobre todo nas fragas e montes sen rozar, trátanse de árbores ós cales se lles raspou a cortiza un pouco e se pintou sobre ela números ou iniciais dos donos dese terreo; debido ao abandono do capital este sistema non é que sexa mais duradeiro (só dura 3-5 anos) pero si que é mais visible a distancia para saber que árbores son teus e cales do veciño fillo dunha cadela sen dono...
  • Marcos parroquiais: feitos osbre un coto ou penedo e grabando neles cruciñas ou reaproveitando un que xa teña petróglifos dos mouros e se neste punto conflúen varias parroquias xúntase os abades de cada unha delas a lanzar beizóns ós terreos circundantes e logo de papadela montuna.
  • Marcos xurisdiccionais: igual cos anteriores, pero en vez de delimitar parroquias servían para delimitar os terreos do Conde dos do marqués e os deste os terreos seus dos do mosteiro veciño ou do fidalgo rival. Así si un ladrón era pillado no lado esquerdo do marco da xurisdiccións pertencía ao xúíz do terreo dese lado e non ao do lado dereito... a non ser que lle dera tempo a chegar a unha igrexa con dereito de asilo hahahaha!!!

O marco na toponimia galega[editar]

Dous labregos a punto de lanzarse unha kamehameha por sospeitas de movemento dun marco.

Debido ó seu carácter delimitador foi considerado algo sagrado, xa que salvagardaba as posesións, por outra banda ao existiren marcos que dleimitaban amplos territorios na Antigüidade colocáronse antas, estelas de guerreiros, pedrafitas e dolmens(como a lapa de Gargantáns) para sinalizar a fronteira entre pobos, algún s destes elementos caeron ou foron absorbidos pola vexetación e hoxe en día a veces, só queda deles a toponimia: