Marduk

De Desgalipedia
Marduk

Marduk.jpg
marduk o heroe creador mesopotámico.

Editorial Babylon Comics
Primeira aparición Journey into Mystery #83 (agosto de 1962)
Creado por
Datos vitais
Nome real Mard huk ´kloor ku
Nacionalidade
Afiliacións
Compañeiros
Outros alias
Parentes
Poderes Moitos, cera o mundo e ordear o cosmos.

Marduk é un deus superhéroe que ordeou o cosmos pra que houbese paz e riqueza, e creou ós seres humanos pra que os deuses estiveran de vacacións todos os anos.

Mito[editar]

Debido varios cabreos preliminares entre os Deuses vellos e os deuses novos, estala unha guerra, pero unha guerra das de antes, ben planificada e sen efectos colaterais(ou sexa, que non hai inocentes masacrados como nas de agora). Como marduk é moi listo crea os ventos pra dividir e espallar ós deuses vellos e que deixen d emolestar contando batalliñas, éstes aínda se cabrean maise elixen á deusa Tiamat pra que lles dé unha lección ó Deuses novos.

Tiamat crea once especies de dragóns, con só soñalos e así lle axuden a loitar contra Marduk, o encontro está fixado no val de Xosafat e alí van todos a ver como batallan Marduk e Tiamat, quen gañe na batalla será o vencedor da guerra e esta rematará, así de fácil non como agora que hai tantos mortos.

Tiamat e Marduk enfróntanse, marduk no seu carro armado cun tridente, un arco e un mazo ve que Tiamat se lle lanza enriba xunto ós seus dragóns, pero en vez de mexarse por íl lanza sobre Tiamat un filete de vaca rubia galega e fai que un vento se arremuíñe sobre ela, Tiamat ve o filete e abre súa coloal boca pra tragalo mentres Marduk lle lanza un dardo ao ventre e atravésa a´deusa-monstro,os dragóns fuxen e Marduk gaña a guerra, os deuses vellos fuxena agocharse e Marduk crea o mundo.

Dunha metade de Tiamat fai o ceo e da outra metade a terra, sobre a cabeza acumula montañas, dos seus ollos nacen o Tigris e o Éufrates e nas súas tetas abrollan santuarios sobre outeiros. estando nestas descubre a Kingu, un monstro aliado de Tiamat que tenta matar a Marduk, pero éste agárrale a caluga de repente e o desanga como o porco que é, co seu sangue crea á humanidade.

Superpoderes[editar]

  • Ten moita forza.
  • Ten un carro con cabalos e viaxa á velocidade da luz, que pra iso é un deus solar.
  • Ten un arco que dispara frechas cal ametralladora.
  • Seu mazo provoca terremotos ó bater coa terra, ó moverse no ar provoca furacáns, xa lle gustaría a Thor ter un destes muahahaha!!
  • Seu tridente tan feituco serve pra ligar coas nenas mais veteranas e atrae á pesca a seus dentes.

Véxase tamén[editar]

Outros artigos[editar]