Mareas vivas

De Desgalipedia


A galega.jpg Mareas vivas é unha cousa da Telegaita.
Use con moderación para non sentirse manipulado pola Xunta de Galicia.
Pero coidado: se vandalizar, Feijóo ha te borrar cunha goma.

Mareas vivas
Portosás.jpg
Formato Drama envolvendo pene.
Duración aproximadamente 50 minutos por episodio


Mareas Vivas é unha serie da TVG creada por Antón Reixa no tardofraguismo a reflicer o hábitat do Noroeste de Galicia.

Argumento[editar]

A serie comeza cando Andrés vai ocupar a praza de xuíz na aldea de Portozás, alí aluga unha casa a unha puta con filla, e comeza a descubrir indicios inquietantes de maxia negra, candomblé e catolicismo.

Cando vai ao bar descubre que o barman, un tal "petróleo", é membro do OPUS e conspira pra atraer o máximo número de persoas á súa secta luciferina, logo ó pasear polo esteiro descobre a un pescador chamado "Melgacho" facendo ofrendas ao mar en forma de ídolos de madeira craveteados, unha vez xa no xulgado descobre que a súa caseira fixo desaparecer ao seu chulo en extrañas circunstancias, ou iso é o que lle din na tenda de aparellos náuticos rexentada por Ladislao Couto (fillo do cacique local) en eterna loita contra a actual alcaldesa da UPG.

Na segunda tempada da serie o xuíz faise mozo da caseira-meiga, ao tempo que declara aos eu marido desaparecido como morto, xusto nese intre o marido volta (resultaba que andaba secuestrado polos traficantes de tabaco), ao memso tempo Currás consegue ter como cliente do seu percebe ilegal a Mariano Rajoy, e éste fai que a garda civil o deixe de amonestar. Pero Manghui emigra e a meiga perde os seus poderes, asi que a ecolóxista do lugar, Paula Couto (a filla do cacique) comeza a facer un esconxuro castrexo que fai que un vórtex se leve ao xuíz pra Estrasburgo.

Na terceira tempada Currás consegue recuperar ao seu primo (que fora raptado polos Mouros), Petróleo casa cunha moura e todo o pobo desaparece tragado polo chapapote do Prestige.

Personaxes[editar]

Petróleo traballando no bar petróleo
  • Andrés o xuíz: muda a súa prometedoira carreira de xuíz cosmopolita polo dun xulgado perdido na Galicia profunda.
  • María a súa caseira: enviou ao seu home a combatir contra a Rusia neoliberal imperialista a través dunha guerrilla chechena.
  • Iria: filla da anterior, convírtese en hoteleira tras arrapañar unhas subvencións de turismo rural.
  • Fito: superamigo de Iria no colexio, en realidade trátase dun avatar do deus Reve.
  • Currás: percebeiro furtivo, vago, mariñeiro de auga doce que sempre tenta timar a alguén.
  • Ladislao Couto: amigo do anterior, teñen unha relación sadomasoquista ás agachadas.
  • Ramón Couto: cacique do lugar até que perdeu as eleccións a resultas dunha moción de censura do BNG, dende entón conspira pra que Portozás volte á miseria de antes.
  • Paula Couto: ecoloxista, voluntaria de Cruz Vermella, protección civil do Mi6, da Cia, do KGB pero non do CNI.
  • Manghui: amor platónico de Paula Couto, éste pasa dela porque é a ve como unha irmá e fuxe pra emigración tras sufrir unha montaxe policial que o tentaba ligar con terra galega.
  • Melgacho: vello mariñeiro que profetiza tódalas mañás.
  • Petróleo: dono do bar petróleo, forma parte da cadea de contrabando de tabaco (pero non da de droja), casa cunha moura e é tan feliz que marcha de Portozás nun barco pirata pra viviren aventuras xuntos.
  • Pitusa: secretaria do xulgado, traballa atempo parcial pra KGB.
  • Taracido: presunto medio irmán de Currás, en realidade é un mouro que tenta amoldarse ás novas tecnoloxías e que abandoou á súa raza intraterrestre polo seu amor ao rock n roll.
  • Florencio: mestre do lugar que luta pela independença da Galiza, logo métese no PSOE e consegue ser presidente da Xunta de Galicia durante o bipartito.
  • Don Amancio: crego do lugar, ten enganados aos fregueses e failles pasar un busto de Beethoven por un santo milagreiro.

Véxase tamén[editar]

Outros artigos[editar]