Margaret Thatcher

De Desgalipedia
Trunhez.jpg Aviso importante: A Desgalipedia é un sitio de humor.
Ninguén aquí lle importa a súa opinión política sobre Margaret Thatcher e moito menos en quen votou nas últimas eleccións.
Non te preocupes, os seus adversarios políticos sufrirán as mesmas maldades que facemos de ti MWAHAHAHAHAHA!!!

Como ser divertido e non só idiota.


Margaret Thatcher
ThatcherMutt.jpg
A Dama de Ferro nunha das súas tentativas fracasadas de mostrar o seu lado sensible en recomendacións da Raíña.
Información
Nacemento 13 de outubro de 1.001.925 A. de C.
Hogwarts en Lincolnshire, Inglaterra, United Kingdon Flag.png Reino Unido
Falecemento 8 de abril de 2013
Londres, Inglaterra, United Kingdon Flag.png Reino Unido
Nacionalidade ditadora inglesa
Ocupación Ditador de Inglaterra
Cita1.pngBurn in Hell!! Maggie!Cita2.png
Inglés sobre Margaret Thatcher
Cita1.pngQue queime no Inferno, Maggie!Cita2.png
Arxentino sobre Margaret Thatcher

Margaret Thatcher, Baronesa Power in Iron Metal Thatcher (de solteira Margaret Hilda Roberts, de casada Meiga do Parlamento), nada en Hogwarts o 13 de outubro de 1.001.925 A. de C. e finada o 8 de abril de 2013, foi unha meiga e política británica que chegou a ser Primeira Ministra dun ferro vello inglés con man de aluminio entre 1979 e 1990. É, moi probablemente, mesmo incluso Eva Perón, probablemente, a muller máis amada na Arxentina.

Margaret gobernou o país durante moitos anos, formou xunto con Steve Harris grupo Iron Maiden en Londres, capital de Inglaterra. Máis coñecida coma Dama de Ferro, esta poderosa muller quedou enferrujada despois de moitos anos sentada no trono inglés, ela entrou na historia política como a primeira raíña de chatarra inglesa. Margaret cortou moitas cabezas de inmigrantes co fin de practicar o seu deporte favorito (o tiro ao branco). Como unha tradicional inglesa que se preza, nunca deixou de tomar o seu té de 17:00 horas. E, nos fins de semana, xogaba golf e cazaba raposos nos boques da familia real inglesa.

Traxectoria[editar]

Primeiros anos e educación[editar]

Margaret ensinándolle aos sindicalistas o que lles vai facer.

Margaret naceu na localidade de Hogwarts en Lincolnshire, Inglaterra. O seu pai era un Megaliteiro, quen posuía unha tenda de Menhires na vila, estaba en activo na política local (servindo como concelleiro), e foi un crego laico. Ela viña dunha familia liberal pero permaneceu - como era costume no goberno local - como independente co fin de meterse en todas partes sen cortapisas e así foder mais e mellor, estudou en Oxford onde foi captada pola KGB co fin de foder mellor aos ingleses e foi enchufada en varias aulas co fin de coñecer a señoritingos británicos cos que ligar mais adiante e así chegar a major do Imperio británico, pero alí enamorouse de Mr. Bean e tivo un tórrido affair sexual pero sen fillos (menos mal!)

Margaret estudou química e dereito, moceou con Walter Bishop para roubarlle a éste tecnoloxía anticomunista, conseguindo colocar a Reino Unido como superpotencia na nova Europa pero os malditos socialdemócratas estaban afundindo á patria nai e á raíña e había que detelos! Tras varias masacres dentro do seu partido Amarga consegiu ser primeira ministra inglesa, unha vez no poder subiu todos os impostos, vendeu empresas públicas a grupos financieiros e éstes déronlle mais cartos asi que colleu e vendeu mais bens do Estado, debido ás presións deste grupo bancario pechou as minas de moitas provincias xa que non querían librera aínda ao Demo e eliminaron moitas normas e leis que marcaban o paso do diñeiro, así éste correu como centella en todo o reino, facendo que a economía inglesa de revitalizase a base de foder á clase traballadora.

Como Primeira Ministra[editar]

Margaret Thatcher como moza de Teddy Kennedy na Time.

Como primeira ministra de Inglaterra, adoptou a política neoliberal que roubaba dos pobres e daba para os ricos (máis ou menos o mesmo que viña facendo antes pero con algúns cambios). Cobraba 54564564643444721752741248 impostos que correspondían a 46551238978811574799579786% do salario de cada traballador inglés. O resto quedaba por conta de impostos agregados sobre impostos impostos sobre impostos os que destinaba a metade para mercar frascos de perfume. Privatizou todos os servizos públicos, menos a policía, que a pesar da eficiencia nunca foi usada (excepto para baixar porrada en folguistas).

Tras sete anos no poder o paro disminuiu, ése tempo de espera fixo que fose reelexida! Para que digan de nós... e tán logo diso comezou a atracar a todo o mundo mediante o poll tax, un impostos fixo por cabeza que pagabas foses rico ou pobre, claro así morreu de fame medio Londres, para non ter a ninguén que lle tusira organizou un paquete de leis para foder aos sindicatos mentres a oposición daba paus de cego guiados polos cartos. Para deter o descontento armou á policía con bombas gay e así os mineiros comezaron a foderse entre eles e logo acusounos de inimigos interiores e os encarcerou en Gran Irmán.

1979-1983[editar]

Margaret Thatcher tras atopar o Santo Grial político e ser reelexida a pesares dos malso resultados como gobernante en 1984.

Neses cocainónamos anos oitenta Margaret casou con Richard Nixon, un actor metido a Presidente dos Estados Unidos de América, xuntos convertiron a Inglaterra nunha plataforma misilística contra a URSS, pero Thatcher axudou a varios comunistas no Terceiro Mundo co fin de resucitar o Imperio Británico mediante o neocolonialismo, así apoiou a Pol Pot e os seus xerseis rojos (éses que mataban a seus compatriotas con gafas de pasta) e apoiaba economicamnate o Apartheid de Sudáfrica pero criticándoo na televisión e tamén criticando a invasión do Imperio Gringo a Granada.

As Illas Malvinas[editar]

Artigo principal: Guerra das Malvinas.

O goberno de Thatcher tamén foi marcado pola Guerra das Malvinas, conflito onde uns arxentinos resolveron mercar pelexa coa Inglaterra pola posesión das Illas Falklands. Loxicamente, os ingleses venceron, e a primeira ministra foi ovacionada polo triunfo, aínda que fose contra unha banda de nenos, que compuñan o Exército Arxentino.

1983-1987[editar]

Tras ver que a Unión Europea ía ser unha unión e non unha confederación de elites sociais brancas arrepúxose a Bruxelas, logo axudou aos USA a aterrar no seu país ao tempo que presionaba a Bush pai para entrar en guerra ela desmarcouse dela. Tamén opúxose á reunificación de Alemaña e meteulle medo a Gorbachov dicíndolle que si Alemaña se reunificaba resucitaría o Káiser Hitler!

Mentres se opuña a unha reunificación promocionaba unha desmembración en Iugoslavia (dorándolle a píldoa a Croacia e Eslovenia) e España (apoiando aos catalanistas e peneuvistas)

Legado e morte[editar]

Kenny no inferno.jpg Oh My God!! They killed Margaret Thatcher!! You bastards!
Este artigo fala sobre un personaxe que acaba de atoparse coa Santa Compaña,
se non desexas acabar igual a el basta enviar os seus pésames en diñeiro.

Clique aqui pra ver quem te espera no inferno!


Thatcher morreu ao enteirarse que o seu fillo andaba participando en golpes de estado na África e ver que Nelson Mandela era presidente de Sudáfrica, tanta vergonza xunta levouna á tumba, de onde a tentan rescatar os partidos políticos neoliberais e pseudodemócratas.

Desgalería de imaxes da Dama de ferro[editar]

Véxase tamén[editar]

60px-Bouncywikilogo.gif
Para os usuarios sen sentido do humor, os nerds de Galipedia (a nosa sátira autorizada) ten un artigo pouco fiable sobre: Margaret Thatcher.

Outros artigos[editar]

Primeiro Ministro do Reino Unido United Kingdon Flag.png

Segue a:
James Callaghan
Margaret Thatcher
Precede a:
John Major
Partido Conservador