Mariñeiro

De Desgalipedia
Mariñeiro
BandeiraMariñeira.jpg
símbolo dos mariñeiros.
Información
Editorial Panhumana.
Data de aparición Idade do Bronce.
Creador do oficio un libanés.
Alianzas Todas.
Compañeiros Barmans.
Alias Sailor Sea.
Parentes Científicos, escultores, arquitectos
Poderes Vivir do que dá o mar.

Cita1.pngQuizais quixo dicir: Sailor MoonCita2.png
Google sobre Mariñeiro

Cita1.pngSon unha das maiores industrias de Galicia,sobre todo en Vigo, A Coruña e mariña lucense.Cita2.png
Vicente Risco sobre os labregos.

Mariñeiro (do grego Oxiíkloutós"mozo musculado limpo"), é un animal piscívoro pertencente á familia dos humanos e semellante a unha versión do labrego pero con mais auga e sobre todo, alcol. Este mamífero ten un aspecto robusto, pés palmípedos e un rabo pra nadar fprtemente e azotar ós bancos de peixe en dirección á súa boca.

Atópase exclusivamente na costa, onde erguen seus acubillos onde se gorecen s pra ir durmir e gardar as redes, o retso do tempo o pasan no mar ou no bar. En Galicia considérase extinguido desde os anos 2120, testemuñas da súa extinción foron seus fillos que vivían traballando de camareiros e logo como albaneis.

Historia[editar]

Un mariñeiro galego ben alimentado.

O mariñeiro xurdiu a principio da Idade do Bronce e grazas a él extendeus eo imperio megaliteiro por todo o mundo, algúns pobos víronse obrigados a vivir desta forma, coma os fenicios, que andaban sempre en barco e así trabaron contacto cos castrexos antes que o Imperio Romano, descubrindo que Breogán xa lles abrira camiño até Irlanda enviando frotas de curraghs ás illas británicas. Cando os romanos dominaron todo, empregounos como man de remo nas súas galeras, mais algúns fuxiron dese destino escravo e fixéronse piratas.

Durante a Idade Media en Galicia os mariñeiros só facían navegacións pegadiños á costa, xa que había peixee marisco a encher, ata que viñeron os señoritos de Santiago de Compostela a subirlles os impostos, asi que os mariñeiros chaaron ós sus primos do Norte, os Lordomani, pra darlles unha lección de humildade ós clérigos composteláns, obtendo unha pouca independencia ata que venceron os cregos facendo das súas. Algúns vikingos fixéronse piratas e desapareceron séculos despois, sendo sustituídos por piratas árabes e despois por berberiscos(que non son un tipo de moruscos e si piratas turco-magrebíes).

Algunhas poboacións costeiras viven o seu máximo esplendor no Renacemento(finais da Idade media) debido a que os señores feudais aprenderan unha leción trala guerra dos Irmandiños e xa non subían tantoos impostos, os sindicatos mariñeiros da época como o de Pontevedra tiñan tantos afiliados ricos que construiu el só a unha catedral na vila.

Co Antigo Réxime a costa pobouse un pouco mais, ata que a monarquía española tivo a brillante idea de declararlle a guerra a todos os reinos que non fosen católicos, enguedellándse nunha guerra interminable e perdendo clientes, os mariñeiros foron levados a combatir e servir na Armada Invencible. Cando se mudou de dinastía no trono español, cegaron os borbóns e obrigaron a todos os mariñeiros a matricularse(pra telos censados e obrigalos a ir á guerra se for preciso) desfacendo vellos privilexios(como os que tiñan oa de Baiona de non ir á guerra) e iren á Armada, traballar nos astaleiros reais e vixiar nos montes faro os fachos de alarma pirata-corsaria. Mais como a mariñeiría estaba moi mal preparada(debido ó colonialismo españolista)tivéronse que traer mestres vascos(que tiñan privilexios,os foros vascongados, por mor de ETA) pra aprenderllesa facer cousas e nova smaniobras. A partires do século XVIII o número de mariñeiros galegos na Armada foi numerosísimo, xa que algúns gremios de mareantes estaban exentos das levas militares ó estar matriculados.debido ás levas forzosas moitos portos galegos estaban semideshabitados por iren na guerra en Cerdeña e Sicilia.

Debido as guerras dos Borbóns en todo o planeta(Inglaterra, Italia,Nortema´rica, Pacífico...) e varias derrotas o número de mariñeiros(e barcos) descendeu notblemente, sendo o punto sen retorno a derrota na Batalla de Trafalgar, os poucos supervivines fóronse perdendo na Guerra de Independencia Española e as guerras contra a independencia das repúblicas americanas, ata alcanzar o summunn, perdendo flotas enteiuras na Guerra de Cuba e da de Filipinas.

Entre guera e guerra foise recuperando o comercio e a mariñeiría, gozando da paz e dun comercio mais ou menos boiante a principios do século XX, até que veu a Guerra Civil Española. Unha vez rematada e trala postguerra voltouse recuperar a mariñeiría, xurdindo novos estaleiros e empresas, como Pescanova, ata que comezaron os problemas de pesca debido á sobrexplotación e a Guerra do Fletán. A finais do século XX e principios do XXI, entre países competidores e países supostamene aliados pero fodedores(como Inglaterra e Holanda, que están xunto con nós na Unión Europea e na OTAN)o oficio foise perdendo, maisa cirse mundial de 2008 trouxo de volta a algúns albaneis como mariñeiros, apesares dos desexos ingleses e da incompetencia dos políticos españolistas de querer desfacerse da flota de pesca galega.

O mariñeiro na cultura[editar]

O mariñeiro e a literatura[editar]

  • Querelle de Brest, de Jean Genet.
  • A Odisea, de Homero.

O mariñeiro na Arte[editar]

O mariñeiro na música[editar]

Mariñeiros famosos[editar]