Maricastaña

De Desgalipedia
Fragagalicia.jpg Desgalego... rirse dunha maneira de ser, a nosa!
Este artigo ten un alto contido de humor galego.
Se non é desta rexión sacra, é probable que non descubre da misa a metade
non entenda algunhas cousas.


María Castaña
Maricastaña.jpg
Información
Nacemento Probablemente 1369 ou 1469 ou aínda 1489
Cereixa, A Pobra do Brollón Bandeira de Galicia.jpg Galicia
Nacionalidade galega
Ocupación Revolucionaria

Maricastaña foi unha lideresa da provincia de Lugo á que un día se cansou de todo e causou a primeria guerra civil luguesa.

Vida e actos cívicos[editar]

Maricastaña cos fillos a punto de darlle a patada ó bispo de Lugo, por facha.

María Castaña nasceu no outo dunha moutaña do Courel unha fría mañá de verán de 1456, seus pais apenas lle prestaron atención razón pola cal foi sempre moi entrovertida e paseaba soa polos montes para que non a levasen a pàstar o gando e traballar pra casa, un día aparecéuselle o príncipe azul, ó cal violou repetidas veces, deixándoo desfeito nunha fochanca.

Pasaron os meses e tivo dous fillos, como ninguén sabía quen era o heroico mozo que lle puxera a man enriba ela dixo que fóra Manuel Fraga, asi que todo o mundo púxose a regalarlle cousas pros cativos, e seus pais déronlle terra e moito capital, como ela non o quería traballar fíxolles firmar ós seus veciños un foro, no cal ela se levaba o 80% da producción e comezou a ser a rica do pueblo.

Daquela como non habia Democracia o Rei de Castela deulles uns terrenos ó bispo de Lugo, que resultaron ser da nosa heroína, cando ésta o soubo(por vía dun heraldo dacabalo con trompeta e pergamino)matou ó mensaxeiro, colleu ós seus fillos e deulles kryptonita das minas do Monte Medulio, estes medraron como eucaliptos plantados nun pantano e foron por todas aldeas de camiño cara Lugo facendo escándalo público e solivintiando os ánimos dos escravos e labregos, así xunto con MAnuel beiras chegaron onda as murallas de Lugo.

Como non podian pasara as murallas sen sen sufrir baixas Beiras, que era moi leído (as mala slíngoas disiían que era un monxe arrenegado,un goliardo) fixeron igoal que en Troia, puxeron ó pé das murallas unha vaca xigante de madeira(que iva chea de labregos cabreados co sistema feudal). Os lucenses ó ver unha vaca tan xeitosa sen dono, abriron a porta e co bispo á cabeza achegáronse a ela con grande festa pensando no cacho cocido que ían facer con ela ou cos xatos que poderían vender no mercado de Amio, meteron a vaca dentro e fecharon as portas.

Pola nuite saíron os labregos da vaca pero en vez de abrir as portas fóronse de putas, Maricastaña ficou soa, descubrírona e foi presa, a ivan fusilar pero como non tiñan probas suficientes(pero sí evidencias) a soltaron baixo fianza, como non a podia pagara ficou presa; nembargantes o grande Beiras conseguiu dar con ela, pero en vez de libera-la comezxou a facer propaganda anticaciquil, sendo Maricastaña liberada por unha turbamulta de labregos e burgueses, puxeron unha guillotina na praza maior e comezaron a purgar a cidade,os primeiros en caír foron todos os chupóns do sistema: alcaldes, secretarios, asesores, mordomos... nembargantes o bispo foi salvado in extremis ó disfrazarse de puta e fuxir cara Coímbra.

Como xa tiñan o poder comezaron a urbanizar a zona da muaralla(que está chea de silvas e rinocerontes do paleolítico) poñer zonas verdes, servicio de bicitaxi pra non contaminar, prohibir a escravitude...isto último non lle gustou nada ós labregos (que tiñana uns cantos moros ahí) e chamaron por El-Rei e voltou o bispo e armouse a guerra civil luguesa.

Tras seis anos de campaña Maricastaña tivo que refuxiarse na selva tropical do Courel e sobrevivir de guerrilleira mentres Foucellas lle ía buscar o sustento,na cidade quedou o bispo e segiu escravizando a todos per secula seculorum.

Amigos[editar]

  • Beiras
  • Fuxan os ventos
  • Os Rastreros
  • Labregos soviéticos

Enemigos[editar]

Véxase tamén[editar]

60px-Bouncywikilogo.gif
Para os usuarios sen sentido do humor, os nerds de Galipedia (a nosa sátira autorizada) ten un artigo pouco fiable sobre: Maricastaña.

Outros artigos[editar]