Martiño Lutero

De Desgalipedia
Martiño Lutero
Información
Nacemento 10 de novembro de 1483
Eisleben, Bandeira de Alemaña.png Alemaña
Falecemento 18 de febreiro de 1546 (aos 62 anos)
Eisleben, Bandeira de Alemaña.png Alemaña
Nacionalidade Alemá
Ocupación Teólogo
Cónxuxe Catalina de Bora

Martiño Lutero foi un monxe que reformou o catolicismo, inventando o Protestantismo para poder saber si estaba predestinado a ir ao Ceo ou ao Inferno, por outra banda encetou a literatura alemá moderna ao inventar a Biblia.

Vida e obras[editar]

Primeiros anos[editar]

Todo comezou cando o deus Xúpiter lle lanzou un lóstrego e Martinho pensou que era Santa Ana apremiándoo para que pagase a factura a Penosa polo que se votou ao chan chorando chantaxeando aos poderes numénicos promtendo facerse monxe, cousa que cumpliu ao día seguinte abandoando a oposición a funcionario da deputación de Ourense amañada polo seu pai (capataz nunha mina de A Arnoia) alí no mosteiro seguiu estudando filosofía e profundou na Biblia descubrindo que Xesús de Nazareth non fundara a Igrexa católica e outros detalles que fixo escandalizaro e ir a un talk show onde comezou a esbardallar sobre o Papa.

Proceso romano[editar]

O Vaticano chamouno á orde depor desa forma sutil que teñen eles de facer as cousas, como o monxe seguía defendendo as súas teses incluso cando o ameazaban co lume eterno, os príncipes alemáns viron que era un bo momento para desfacerse do emperador (Carlos I de España e V de Alemaña) e fundar Alemaña dunha puta vez, Lutero axudoulles a base de reformar a relixión e os costumes creando así un volkgeist propio que remataría por erguer no norte de Europa a Revolución industrial e inventar o Capitalismo mentres que o sur de Europa permaneceu fiel á Igrexa católica e así lle vai...

Fillos de Martiño Lutero[editar]

  • Martin Luther King.
  • Martin Heidegger.
  • Martiño Noriega.
  • Martin Scorsese.
  • Martina Navratilova.
  • Martín Fierro.

(en latín)