Martiño de Dumio
San Matiño Dumiense | ||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
![]() {{{descrición da imaxe}}} | ||||||||||||||
|
San Matiño Dumiense, ou Martinho de Dûme, foi un crego e activista chanchulleiro político enviado polo emperador bizantino Xustiniano pra facer ós suevos católicos e crear unha jihad católica contra os visigodos arrianos.
Vida e milagres[editar]
Nado a principios da Idade Media nos Balcáns, no seo dunha familia da nobreza terratenente, como era friki e sempre lle daban collejas no colexio pois meteuse a monxe, pra que o deixaran en paz e pasarse toda a súa vida lendo cómics e vivindo do aire, pero ó entrar no mosteiro seu superior enviouno a rematar estudos a Palestina, alí fixo moitos amigos e tras pasar a reválida voltou ó seu mosteiro, pero como estaba enruína stras pasar por alí Atila foi enviado a Hungría pra ser misioneiro pero alí fíxose mozo dun alto militar bizantino e a través de alí rematou na corte de Constantinopla (Actual Istambul, Turquía) na corte do Imperio Bizantino.
Estando na corte bizantina soubo que os suevos do cu do mundo necesitaban a axuda dos Bizantinos pra enfrontarse ós herexes visigodos, como Martiño se aburría moito na capital pediulle á chancelería bizantina ser enviado a Gallaecia pra catolizar aquilo (e menos mal que non sabía que Santiago Apóstolo estaba alí soterrado) e tras conseguilo tendo sexo anal con varios altos funcionarios viaxou cara Portugal. Alí foi recibido pola comitiva do rei suevo Carriarico, bailándolle a auga ao primoxénito do rei, Teodomiro e facéndose mozo del pra conseguir favores fiscais pra súa cruzada.
Entre os seus milagres atópanse:
- Tentou convencer ós labregos que abandoaran o paganismo (a relixión dos seus pais) polo cristianismo, ao final como non puido convecelos inventou o culto ós santos e así si que os convenceu.
- Erradicou o culto ó Irminsul que os suevos tiñan en Santiago de Compostela (a pelegrinaxe xermánica sería mudada polo culto a Santiago apóstolo mezclado coa tumba de Prisciliano) erguendo o Mosteiro de San Martiño Pinario.
- Mandou ó inferno ós dragóns que infestaban os vales galaicos.
- Tentou destruir o culto e peregrinación á tumba de Prisciliano en Martores (Valga, Pontevedra) pra salvala os priscilianistas agocharon o corpo no cemiterio romano de Santiago de Compostela.
- Encheu de mosteiros os vales galegos, creando coas subvencións do goberno suevo a Ribeira Sacra.
- Expulsou ós priscilianistas do mosteiro de San Pedro de Rocas.
- Ergeu varias catedrais, Mondoñedo, Santa Comba de Bande, Francelos Ribadavia, San Xoán de Panxón, etc
- Domesticou ós gusanos de Dune, e por iso lle quedou o nome de Dumiense.