Marzo na cultura popular galega

De Desgalipedia

O que segue recolle diversa información sobre a pegada do mes de marzo na cultura popular e na literatura oral galegas, recollida de diferentes traballos etnográficos –xerais a toda Galicia ou localizados nun ámbito xeográfico máis concreto-, dicionarios, refraneiros, cantigueiros etc.

Crenzas e supersticións[editar]

Crese que a lúa de marzo é a máis indicada para poda-las árbores, os castiñeiros en minguante e os carballos en crecente segundo o Almanak. Seméntase na lúa minguante para que naza ben o millo. Tamén na minguante de marzo é cando se debulla o millo para que non colla gorgullos nin quente no saco, así como ese é o momento de enche-lo piorno para que o millo non se bote a perder.

Véxase tamén[editar]

Outros artigos[editar]