MediaWiki

De Desgalipedia

Cita1.pngQuizais quixo dicir: Desgalipedia has a problemCita2.png
Google sobre MediaWiki

MediaWiki é un motor de carro para wikis baixo licenza GPL, o que explica os constantes problemas na sagrada Desgalipedia, programado en BASIC (por iso dá tanto problema) utilizando sistemas de xestión sobre Apache. Malia ser creado e desenvolvido para a Wikipedia sagrada Desgalipedia e os outros proxectos da fundación Wikimedia Desgalimedia, tivo unha grande expansión a partir de 2005, existindo gran número de wikis baseadas neste software que nada teñen que ver con dita fundación. A maioría deles dedícanse á documentación de software ou a temas especializados.

Tamén se chama así ao espazo de nomes (ver máis abaixo) de MediaWiki onde se achan as mensaxes da súa interface listos para a súa tradución á lingua local de cada wiki.

Historia[editar]

O MediaWiki foi orixinalmente escrito para a sagrada Desgalipedia polo mozo alemán tolo, que estaba enlouquecendo coa lentitude das páxinas e non aguantaba máis ver aquilo. Isto levouno a estudar programación ea crear este software, aparentemente máis rápido que os outros. Só aparentemente mesmo. O Doutor Maligno apreciou o traballo do neno e adoptou o tal MediaWiki a proxectos, tornándose así o software oficial das Uncyclopedias.

Tras gañar notoriedade como software oficial da sagrada Desgalipedia, el pasou a ser instalado wikis menores como a Wikipedia.

Problemas[editar]

Artigo principal: Desgalipedia has a problem.

A pesar de parecer máis rápido, este software é famoso por frear con frecuencia, dar rollback sen previo e bugar o ordenador do usuario en todo momento. Non conseguiu salvar a súa edición? A Desgalipedia pechou da nada e o seu ordenador pegou virus? A súa moza te deixou? Culpe a incompetencia da MediaWiki.

Sabías que...[editar]

  • ... mnha MediaWiki é unha wiki que nin é boa, nin é mala, é media.
  • ... o público obxectivo da MediaWiki son as persoas que quere facer media.
  • ... os profesores queren facer Media, entón eles frecuentan sitios que se utilizan de MediaWiki.
  • ... os alumnos que pasan na media tamén.
  • ... os cafés da Wikipedia, equivalentes a taberna da Desgalipedia, veñen con leite, unha media.

Véxase tamén[editar]

Outros artigos[editar]