Megaliteiros

De Desgalipedia
Megaliteiros construido Dombate.

Megaliteiros son unha etnia que habitou media Europa trala caída da Atlántida.

Extensión[editar]

(Case)todo o mundo:

Eurasia[editar]

África[editar]

América[editar]

Historia da civilización megaliteira[editar]

Durante o Neolítico os habitantes de Corea do Sur en torno ao ano 10500 A. de Xesús de Nazareth comezaron a usar os penedos pra facerlle casas dignas aos seus mortos; grazas á súa tecnoloxía e a nova economía baseada na agricultura extenderona sua civilicazión por todo o planeta, erguendo alí onde se facían mais fortes os seus megalitos e logo enterrándoos baixo un montón de esterco, facendo un túmulo, esta moda copiárona en Exipto e así inventaron as pirámides(unha montaña que contén dentro unha tumba).

Imperio Megaliteiro Antigo[editar]

Da península de Corea saltaron ás illas veciñas de Xapón e Taiwán, este período (s. XV-XII A. de C.) coñécese como Imperio Megaliteiro Antigo, e remata coa invasión Ligur. Estos 300 anos divídense tradicionalmente de acordo coas dinastías reinantes, as dinastías agrúpanse en "períodos":

  • Período Mumun Inicial, ou predinástico: na que a etnia megaliteira comeza unha política bélica contra os pastores pra así ter mais terras que cultivar e aumentar os excedentes e a riqueza das elites, permitíndose crear unha nova caste, a casta dos "poucos" ou dos guerreiros, que serven coa forza dos seus brazos pra ameazar e matar ás sociedades de pastores nómadas preneolíticas e facerse cos seus territorios. As elites locais conforman novas ideoloxías de explotación humana e casan entre sí pra unificar o capital na mans duns poucos mais poderosos aínda, ata que conforman unha familia real coa súa corte de príncipes-soldado. Esta sociedade comeza a ter grandes vicios e como cada vez necesitan mais e mais formas exércitos para conquistar as terras de arredor en China, Xapón e Taiwán, onde establecen factorías agrícolas, a familia real consegue que o sistema de elcción sexa de pai a fillo e sucédense os reis continuamnete sen apenas conflictos entre os nobres durante as dinastías I, II, III e IV.
  • Período Mumun medio: debido ás grandes riquezas acumuladas na metrópole os nobres alonxados da corte e que non gozan do favor das dinastías rebélanse en Taiwán e Xapón deixando de enviar excedentes de producción e formar a Liga de Liaoning, pero debido a discusións internas e a súa inferior forza de ataque son derrotados na batalla de Pirolagao. deste período datan as sepulturas en pozo cuberto con grandes lousas apenas desbastadas e con axuar consistentes en cerámicas vermellas bruñidas, contas de colar e coitelos de sílex.
  • Mumun final: o imperio megaliteiro na IV dinastía comeza a fundar guarnicións de guerreiros, xa soldados profesionais, nos dominios mais alonxados pra suxeitar aos señores indispostos coa corte, pero como alí se aburren moito os soldados comezan a invadir por diversión illas veciñas, extendéndose a Indonesia e descrubrindo por carambola a India. Debido ás noticias que acuden dalí dunha terra enorme e con grandes vales aptos pra agricultura intensiva desplázanse grandes continxentes de soldados, fillos segundeiros da nobreza con fame de mais terras pra acadar mais poder e labregos que emigran coa promesa da monarquía de dar terras propias a aqueles campesiños que vaian lá a colonizar pola súa conta aquilo. Os primeiros colonos chegan no XIII A de C e toman as terras do delta do río Indo, debido a este forte movemento emigracional a metrópole fica semiindefensa e os reinos pastores de Mongolia atácana destruindoa por completo no século XII tras longas campañas de razzias ano tras ano e provocar incendios nas plantacións que marchan incontrolables por todo o país deforestando todo ó seu paso.

Primeiro período intermedio (XII-XI)[editar]

Co debilitamento do poder central entrouse nunha época turbulenta que Manuel Murguía caracteriza dicindo que en setenta días chegou a haber setenta reis. Os funcionarios foran creando os seus propios reinos, que sostiñan con exércitos privados. A ausencia dun poder unificador é observábel na arte deste período, no que se detectan variacións locais. As tentativas de recuperar a monarquía unificada na costa de China mediante alianzas dos reinos meridionais frustrouse ao formar Chanhu Daro unha monarquía independente no Sur da India.

Imperio Megaliteiro Medio (S X-V)[editar]

Con Chacho Daro como capital iníase unha forte expansión por todo o val do Indo, descubrindo o Ganges, que tamén colonizan, debido ó esparexamento pasado do imperio en Canchu Daro as dinastías reinantes reforman a administración pra crear un estasdo mais cohesionado,asi que reparten terras gratuitas entre a casta dos numerosos, os labregos, ao tempo que fundan escolas de navegación pra casta dos poucos, e envialos en tempos de paz a que rapiñenou comercien e exploren as terras veciñas pra seguir coa expansión megaliteira.

Desta forma chegan a Irán, suben por Irak; outros toman camiño cara o sur atopando Etiopía e o seu gran clima templado, alí descobren o sistema da escravitude, pero non o copian porque é maís caro mercar un escravo e logo que non se enferme e mantelo con vida que pagarlle a alguén pra que traballe, en todo o territorio megaliteiro non haberá nin un só escravo, pero non polo tema dos Dereitos Humanos, senón polo tema económico, iso si facían sacrificios humanos de igual forma.A XII dinastía trasladou a capital a Nubia e aumentou a burocracia.

Alí inflúen no Exipto Antigo, mentres na India florece a Cultura do Val do Indo, debido á feble presión que o imperio deixaba notar nesta parte debido ós seus intereses de pesca e agricultura no novo continente atopado; pero o cambio climático e a evolución (que fai que volten os plesiosaurios de novo no mar e destrúan á frota megaliteira) fan que o imperio se desmenbre en varias rexións autónomas.

Segundo período intermedio megaliteiro (V-IV)[editar]

Debido a que as comunicacións e o comercio caen a niveis do paleolítico final as rexións do imperio sen conexión entre sí caen na autarquía e só as que teñen terras veciñas mais accesibles conseguen manter a súa identidade nacional e non conseguen ser barridas polas invasións dos arios e a chegada dos pobos con armas de metal, finalmente conseguen a tecnoloxía do metal e asoballados pola desertización de África atravésana toda, ficando por décadas en vales diferentes onde van deixando ós seus mortos en pequenos túmulos e pequenos calendarios astronómicos, ao tempo que constrúen conxuntos de túmulos, auténticas necrópoles (cidades dos mortos) que semellan cadeas montañosas de lonxe.

Imperio Novo megaliteiro[editar]

Finalmente chegan ás costas do Mediterráneo, establecéndose na costa van ocupando pequenas badías onde fundan pequenas factorías de salgadura e se internan cara adentro na procura de vales gorentosos, subindo e subindo chegan ata Suecia e enchen media Europa de Megalitos. A capital deste novo imperio megaliteiro alónxas en Carnac (Bretaña) alí instálase a corte imperial e pra aumentar as produccións e invadir o mercado levantan enormes observatorios astronómicos en Carcnac e Stonehenge (Inglaterra) pra así saber cando mellor arar, sementar, eclipses, etc.

As dinastías deste período logran conformar unha nova mitoloxía das armas e os coñecemtnos egredos sobre s fundición de metais e a súa explotación fai que os sistema de castas se faga mais monolítico. Instalan en Turquía laboratorios de I+D relixiosos co fin de tecer unha relixión que lexitime a dominación dunhas clases sobre as outras.

Grazas ós mitos tecidos (o heroísmo, a individualidade ben entendida como servizo á comunidade,as aventuras, os viaxes de ultratumba etc) algúns pescadores bótasen á caza de baleas e outros monstros como o Kraken, obtendo pingües beneficios no mercado do luxo e así un barco baleeiro descobre América e a enchen de actorías baleeiras, onde fabrican en masa esferas pequenas e grandes que serven como áncoras(Algunhas serán elevadas a formas de culto e grabadas con esceas pornográficas). O rei Tongoenabiaco levou a cabo unha reforma relixiosa radical. Impulsou o culto do touro e enfrontouse ao clero ao cerrar os seus templos e facer do boi a divindade oficial. Tomou o nome de Akhemacomes e creou unha capital de nova planta en Dombate, co fin de estar "cerca" dos seus novos dominios americanos.

Esta torna das relacións de poder provocou unha guerra civil, que se saldou coa derrota do rei e a súa dannatio memoriae, o imperio megaliteiro ficou dividido en varias rexións desconectadas entre sí e que seguían a súa porpia dinámica histórica interna, dando algúns a outras civilizacións (como os San Agustín, os esferoideos de Costa Rica, Maias, Agar, Talaiots e Nugaras).

Economía[editar]

A economía megaliteira estaba baseada en novas tecnoloxías como a agricultura, cerámica, metalurxia, minería e navegación; grazas ó seu sistema imperialista construiron enormes plantacións e hortas inmensas que serviron pra aumentar a demografía. Por outra banda a copia da tecnoloxía metalúrxica e a súa aplicación en distintos niveis (cotiá, relixioso, guerra) permitiu que non fosen asoballados por etnias veciñas.

A navegación fixo que cando o seu número de habitantes excedese o da producción de alimentos se produciran colonizacións noutras latitudes, o que salvou da guerra civil e de tensións sociais a este imperio durante milenios. Navegaban pegados á costa pra non perderse no mar e onde vían desaugar un río internábanse por alí adentro e acampaban nas beiras mais chairas e comezaban a deforestar pra acondicionar o terreo ás plantacións ó mesmo tempo que se fortificaban nas alturas pra defenderse contra de tribos rivais ou botar fora dalí ós indíxenas e roubarlles as terras.

Cultura[editar]

Relixión megaliteira[editar]

A cosmovisión deste imperio estaba baseada na existencia de varios deuses, e a súa importancia radicaba segundo a relación que tiveran coa morte, descubriron ós deuses da creación-destrucción (ou renovadores como Shiva) e as deusas da fecundidade, aínda que co paso do tempo e os descubrimentos astronómicos realizados en Carnac, Stonhenge e New Grange os deuses astrais (sol, lúa, pléiades, Venus) obtiveron mais valor conforme se vía o sue poder sobre os campos e a influencia sobre as colleitas, ata que finalmente os deuses solais se ergueron co poder máximo (como o deus "Diaus Pitar" un deus celeste védico).

Os sacerdotes "brahmans" realizaban rituais moi solemnes pros guerreiros chatría e os ricos vaishia (comerciantes e donos de terras). A xente oraba pola abundancia de fillos (así podían polos a traballara a eles e xubilarse), choiva, gando (riqueza), unha vida longa e unha vida eterna no Alén dos ancestros.

Arte megaliteira[editar]

O interior dos megalitos estaban pintados, como reflexo das forzas sobrenaturais que debían protexer e guiar ó morto ó Alén, aparecen pinturas abstractas (raias, puntos, zig-zags, ondas) feitas polo chamán en estado ebrio pra mellor "comunicarse" cos deuses guías. Ao lado os defuntos deixábase cazolas con comida e bebida, que unha vez bendecidas polo sacerdote se transformaban en máxicas e darían ao morto comida e bebida eterna no Outro Mundo; estas cerámicas ían pintadas ou grabadas con motivos pornográficose liñas sinuosas.

Sociedade[editar]

En forma xeral, casta refírese a calquera forma de estratificación que pon énfase en factores herdados ou de nacemento do individuo para clasificalo socialmente. As catro grandes castas son:

  • Os brāhmáns (sacerdotes, mestres, chamáns) son a casta máis alta, que — segundo eles acreditan — saíron do lume das estrelas.
  • Os chatrías (clase política-militar), que saíron das nubes.
  • Os vaishias (comerciantes, artesáns e agrogandeiros), que se formaron nos montes entre as prantas e os animais.
  • Os shudrás (servos e obreiros), que proveñen de dentro da terra(pero non os confundas cos Mouros).


Dios1.png Importante! Nosa Señora de Desgalipedia quere a súa atención:
Deus quiere que este artigo sexa ampliado
Falta información sobre:
Rematar o artigo