Melón, Melón

De Desgalipedia
Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: Melón.
{{#if: |
Melón
Iglesia de Melón.jpg
Igrexa do Mosteiro de Melón
Concello Melón
Área km²
Poboación 666 hab. (2012)
Densidade {{{densidade}}} hab./km²
Entidades de poboación 14

O lugar de Melón (Santa María de Melón) é capital do concello de Melón (O Ribeiro, Ourense).

Historia[editar]

O monstro Jocántaro nas pozas de Melón.

Melón foi fundado polo Imperio dos Megaliteiros, que trouxo grandes adiantos á zona como a propiedade privada, o monte comunal, as guerras polo control do pasto, o roubo de gando, a enerxía atómica, a relixión e as mulleres, este lugar non pertenceu ó Imperio Romano xa que tiñan medo a meterse entre os montes bravos por riba do río Avia.

Como desde fora metía moito medo os que chegaron foron uns monxes miles de anos despois, que buscaban un sitio seguro pras súas misas negras e adorar a satán no medio do monte e elexiron esta aldea pra ficar aquí lonxe de todo poder secular, e trouxeron con eles o cultivo do viño, o botellón, os monaguillos, o alambique pra fabricar alcohol ilegal, o contrabando de sustancias estupefacientes (xunto cos monxes de Oseira gobernaban estas bisbarras). Estiveron por aquí moitos séculos (desde a Idade Media ata a Idade Contemporánea) e logo fuxiron pra capital a xerar dividendos pro Vaticano, o mosteiro foi ficado en ruínas, e así foi habitado por varios pantasmas e o seu vampiro (O Conde Orlok) que chuchaba nos nenos e rapazas cachondas.

Debido a que tiña un mosteiro en ruínas moi bonito pero nada visitable debido ó perigo de que che caeran enriba as últimas pedras ou che chuchase o sangue o vampiro que vivía dentro (fuxiu ó ver ós da TVG) seu alcalde tentou durane anos que lles desen unha subvencións ou algo pra erguerlo de novo e atraer turismo, facer un hotel (como o de San Clodio, Leiro) como nos despachos de Madrid non lle facían caso decidiu chamar a súa atención de mellor forma, erguendo un pavillón polideportivo ao lado mesmo das ruínas e así conseguiu que lle paralizaran a obra e o condeasen a deixar a alcadía (no problem, meteu como alcalde á súa muller) e construir o pavillón mais lonxe (tanto que o levou ó medio do monte).

Xeografía[editar]

Melón atópase na antesala da serra do Paradanta, entre varias montañas, é unha chaira extensa enriba das estibacións que dominan o Miño e o Avia; esta especie de chaira montañesa permítelle estar con pouca néboa no inverno e estar fresquiña en verán, ademais pasan por aquí varios regatos e ríos de pequeno calibre (aínda así non se salvan dun miniembalse que estragou un castro...). As ladeiras que baixan ao Ribeiro son de pouca graduación polo que os pastos son enormes e se extenden ata onde alcanza a vista, aló lonxe lonxe, por onde vai John Wayne tralos caballistas.

Debido a certas características físicas semellantes, esta localidade está irmandada con Abkhazia, de onde traen persoal pastoril e envían persoal madereiro.

As pozas de Melón[editar]

Trátase de varias pozas de pouca profundidade formadas polo río Cerves no seu leito granítico, rodeadas de espesa fraga noutro tempo foron lugares habitados por monstros como esfinxes, sereas, jocántaro (antes de pirarse pra Torremolinos), lobishomes, alicornios, etc ata que veu o cambio climático posglacial e desapareceron trala limpeza étnica feita polos celtas galaicos contra dos monstros.

Coa chegada do Imperio Romano por aquí comezouse a usalas pra sacrificios humanos, sacrificando homes a Hades, mulleres a Minerva, cativos a Marte e vellos á Fundación San Rosendo. Menos mal que chegou a Idade Media e chegaron centos de inmigrantes ilegais, os suevos, que modernizaron este cu do mundo cristianizando ós galegos e poñendo a estrada nacional que psa por aquí, conectando asi Melón con A Cañiza e Ribadavia por vez primeira.

Por este camiño real chegaron os monxes e puxeron seu templo satánico entre os pastores de Melón sacándolles a fea costume de bañarse todos os días espidos nas pozas e que os nenos deixaran de xogar a ser o Rei Artur sacando espadas de lingua de carpa da auga. Mudaron estes costumes polo de ir a misa e limparse o corpo soamente dúas veces ao ano, e por parroquias.

Lugares e parroquias[editar]

Lugares de Melón[editar]

Lugares da parroquia de Melón no concello ourensán de Melón

Cima de Vila | A Cortella | O Coruxal | A Costa do Cuco | A Fonte Santa | A Hedreira | Melón | As Mestas | Penavaqueira | A Ponte | O Retiro | Seoane | Tourón | Valmourisco

Parroquias de Melón[editar]

V  C  E h
Bandeira de Galicia.jpg Galicia | Provincia de Ourense | Parroquias de Melón
Melón (Santa María) | Quins (Santa María)


Véxase tamén[editar]

60px-Bouncywikilogo.gif
Para os usuarios sen sentido do humor, os nerds de Galipedia (a nosa sátira autorizada) ten un artigo pouco fiable sobre: Melón, Melón.

Outros artigos[editar]