Mesopotamia

De Desgalipedia
NapoleonBike.jpg Esta páxina contén referencias a importantes eventos históricos
da evolución da humanidade desde a prehistoria ata os tempos actuais
Peleas por quen é o mais guai no botellón de Iraq.

Mesopotamia é onde naceu a civilización, aquí a humanidade deixou de andar a gatas e comer preas e dar de pé e seren todos metrosexuais vivindo unha vida sexual enoooorme ata que viñeron os semitas e outros bárbaros a fodelo todo.

Xeografía[editar]

A localización ecxata da Mesopotamia.

Mesopotamia atópase no que hoxe é Iraq, entre Europa e Asia, entre Exipto e a Civilización do val do Indo, entre a barbarie e a semibarbarie, entre Star Trek e Star Wars, entre Narnia e Terra Media, entre heteros e gays, entre zoofilia e necrofilia, entre PP e BNG, etc, etc, etc.

Historia[editar]

Ao principio o sur dos vales dos ríos Eufrutas e Tigre era unha lamaceira, centos de labregos fuxidos de Siria chegaron aquí e organizaron un pifostio monumental.

Antigüidade[editar]

Aquí inventouse os piares da civilización, a cervexa e a pornografía.
Dinástico arcaico

Tras digievolucionar a ravés de varios estados alterados de conciencia (Obeid, Samarra, Uruk) os sumerios tomaron o control mediante o uso da cervexa, así cada vez que querían que unha poboación se sumase á súa civilización organizaban ás portas de cada aldea un botellón con orxía. Lograron unificar culturalmente toda Mesopotamia, aínda que non de forma política quedando cada quen na súa casa adorando a seu santo patrón.

Imperio Acadio

Mesopotamia atopábase dividida en Acá e Sumer, estes eran os mais educados eos de Acá eran un pouco mais bárbaros, polo que un xardineiro, Sargón de Aka, organizou aos acadios e invadiu Sumer, unificou toda mesopotamia baixo seu reinado, logo seus descendentes expandiron a finca privada ata Palestina e Arabia.

Debido a que era moi extensa e facía un calor do carallo o exército acadio estaba case todo o día durmindo a mona, polo que as tribos de Hemorritas e o futbolista Guti comezaron a comerlles terras por todas partes, mentres o que quedaba dos sumerios se rebotaban contra dos acadios por mesturalos cos fanáticos xudeos e outras semitas que só sabían facer a postura do misioneiro e outra non querían, aparte de seren só heteros. O imperio Acadio rematou desfeito e o control fopi tomado polo futbolista Guti, que oimplantou a moda de levar guedellas atadas cunha cinta de ouro na cabeza, isto permitiu que houbese aínda mais comercio e así pijos como Gudea de Lagash puidera vestir de Zara.

Renacemento Sumerio
Meskalamdung tentando solucionar o tráfico en Ur.

Pero os sumerios estaban ata as pelotas de seren os que comezaron a molar e agora non molaban nada polo que contraatacaron, fundaron unha coalición de cidades e gañaron a Liga das Cidades e o Teresa Herrera o cal lles permitiu desfacerse de Guti e optar á Champions League. Debido a que a cidade de Ur mercou logo a tódolos árbitros quedou co goberno do novo Estado, así UR III iniciou o Renacemento sumerio e para indicar que molaban mais que ninguén copiaron a última moda de Exipto, sacrificar humanos cada vez que morría un rei e soterralos canda el.

Pero a caída deste imperio neosumerio non veu de aí, unha tribo de árabes, os hemorroiditas, viñeron a esta zona a roubar un pouco e secuestarr belas mulleres louras (xa que pensaban que estaban en Al-Andalus) pero quedáronse co imperio neosumerio mentres cada cidade deste imperio en decadencia comezaban a lanzarse Opas hostís, e así Larsa atacaou a Leite Rio polo que Clesa tentou sacar partido atacando a Larsa ao tempo que a Feiraco.

Imperio babilónico 1.0

A cidade de Babilonia aproveitou este desbaraxuste e Hammurabi organzizou un exército de putas coas cales tomou toda Mesopotamia baixo o poder de Babilonia. Non contento con quedarse con Larsa, Rio e Feiraco foi a por Pascual, Nestlé, Leche Celta e Assús, quedándose con todo e implantando a lei do talión, polo que os avogados e picapreitos morreron todos de fame.

Este imperio caeu xeracións mais tarde, xa que se enfrontou ao poder dos nómadas casiñas, xa que pensaban que con ese nome tan inocente serían facilmente vencibles pero estes temibles casitas eran o que hoxe coñecemos como Xitanos e acabaron por tomar o poder en Mesopotamia.

Imperio Asirio

Os nazis do norte viron con malso ollos isto e acabaron co dominio dos casiñas, grazas a seus carros de combate con coitelos nos eixos (estilo Ben Hur) tomando toda Mesopotamia. O seu dominio foi moi querido por todos xa que eran militaristas e si te rebelabas che facían sexo anal cunha estaca, isto non acababa de gustar moito aos semitas, que organziaron la resistánce e tras gañar o apoio das putas de Babilonia (que quedaran sen clientes xa que lles gustaba moito o de seren empalados) e dos Medos. Os semitas lanzaron un ataque psicótico de medos e paranoia que rematou pro destruir ao Imperio Asirio. Logo trala destrucción de Nínive os xudeos deixaron escrito na Biblia que en realidade fora seu deus quen a destruira.

Imperio babilónico 2.0

Babilonia quedou como xefa de Mesopotamia outra vez de rexión, grazas a seu coñecementos dos astros, os caldeos co seu xefe Rappel o astrólogo consiguiron controlar Mesopotamia uns seculiños antes de seren barridos polos Persas.

Imperio Persa

O emperador Cirillote o Grande baixou cos seus dez mil inmortais e tomou Mesopotamia, este imperio non fixo nada aquí, só tomou impostos e se levou para a súa capital, Pasanasganas, aos arquitectos e intelectuais mesopotámicos, o cal non impediu que este imperio caese ao enfrontarse aos 300 espartanos de Leónidas.

Imperio Helenístico
Alexandre e o seu cabalo preferido fodendo os persas.

Alexandre Magno viña fuxindo da súa incestuosa naidrasta e correuse cara Asia, derrotando ao imperio presa na batalla de Fodenela, tras destruir a capital baixou cara Mesopotamia liberándoa do xugo persa. Aquí atopou que a anterior rica Mesopotamia xa estaba un pouco decaída debido a tanto astrólogo e poucos labregos, polo que a producción de trigo e demais herbas máxicas estaba nun nivel intolerable para un imperio, por outra banda como non había machotes asirios cazadores de leóns estos campaban ás súas anchas entre os tells debido a que aquí non lle dixeron a Alexandre que era fillo dun deus non parou moito tempo, só a encuar algúns nenos e seguiu cara Persépolis.

Tralo atentado terrorista por parte dun mosquito a Alexandre, seus xenerais repartíronse o seu corpo e seu imperio, Seleuco quedou co tronco, polo que se quedou coa mellor parte do imperio, reinando na zona de Mesopotamia e arredores, grazas a seus astrólogos conseguiu ver o futuro mentres rezaba ao deus Xúpiter desde o alto dos zigurats. Debido a que os seléucidas estaban demasiado atentos aos horóscopos os pobos fóronse independizándoselles, ata que a República Romana enviou aquí a Bombeio e plantoulle lume ao que quedaba deste imperio.

Imperios Romano e Parto

Así Mesopotamia quedou dividido en dous, dun lado o Imperio Romano e do outro o Imperio Parto, abríndose por aquí a ruta de seda grazas á homosexualidade dos reis Mitrídates II e o emperador chinés Liu Che Guevara. Mentres o Imperio parto tentaba sobrevivir aos nómades que mataban e roubaban a súa nobreza opúñase en moitas veces ao seu rei, por outra parte Mesopotamia estivo correteada entre os partos e os romanos, un dous tres un pasiño pa diante Caio un dous tres un pasiño pa trás Caio... esta canción sempre soou durante estes séculos na zona, entre estes movementos de soldados e a progresiva salinización do chan Mesopotamia ficou desetabilizada e pobre. As cidades fóronse deshabitando e os zigurats abandonados debido a que non tiñan ningunha tumba debaixo delas ás que ir roubalas.

A Mesopotamia do lado romano tamén lle pasou o mesmo, seus impostos ían para engrandecer o Vaticano e Constantinopla, e que Nerón puidese cambiar o sistema de alumeado público, esta zona estaba baixo o mando do gobernador en Siria. Debido a que a rexión estivo pragada de lexionarios ladróns os labregos deixaron de producir tanto e pasáronse á gandeiría, cuxas riquezas podían levar canda sí ás montañas ou agocharse nos tells. Ante os lexionarios ladróns ou bandas de árabes ladróns do veciño deserto. Cerca da Idade Media o Imperio Romano tivo varias crises e dividiuse en dous, Mesopotamia foi para o Imperio Romano de Oriente pero ao pouco perdeuna ante os persas versión 2.0

Idade Media[editar]

Os sumerios si que sabían vivir ben non coma os chupacirios de Exipto.
Imperio sasánida

O segundo imperio persa, ou imperio sasánida, chamoulle a isto Maishan e só tivo nesta zona unha cidade, total as plantacións foran abandoandas ante a salinización e peixe había menos debido á contaminación deixada pola industria do Imperio Romano. Estos persas de Irán aproveitaron que o Imperio Parto estaba inmerso en guerra civil entre os reises Aratban IV e Vologases VI para sacarlles terra e así quedar de veciño cos romanos en Mesopotamia. No século VI Mesopotamia pasaría a mans dos sasánidas, pero estas terras xa estaban demodé e ninguén se lembraba xa das putas de Babilonia, só o Papa. No século VII o xeneral bizantino Heraclio Fournier pasou por aquí destruindo lugares pa foder aos sasánidas e de paso levarse as instrucción do xogo de cartas así como o Tarot.

Imperio árabe

O Imperio sasánida finalmente caeu baixo os miles de inmigrantes xihadistas enviados polos árabes, ademais de lanzar ataques a base de xenios embotellados e alfombras voadoras, tomaron estas terras de Mesopotamia (e mais alá) e deixaron aos pastores mais ou menos en paz, excepto que lle prohibiron a cervexa, aqueles que non estaban de acordo marcharon ao delta pantanoso dos ríos Tigre i Eufrutas, onde viviron en relativa paz pelexándose entre eles por iso de manter os costumes da súa civilización no século VII. O Califato Omeia tomou de auí a arquitectura para facer minaretes e arcos. Este latrocinio foi grazas a que a capital Omeia estaba nas fontes dos ríos Tigris i Eúfrates, aló en Damasco, aproveitando que era a cidade romana de Siria menos violada por todos. Ata que un Imán de iridios dixo que os Omeias eran uns herexes (pero sí só eran parcticantes do Sunismo e da ouija por influencia caldea vamos)) e desatou unha guerra civil na que os Omeias perderon o control sobre a frota de alfombras voadoras e foron masacrados nun botellón (do cal conseguiu fuxir Abderramán I e fundar España).

O poder pasou aos Abbsitas, practicantes do Xiísmo, e puxeron capital na Mesopotamia, en Paibolsa (en árabe Bagdad) no norte de Mesopotamia (hoxe Iraq), anos mais tarde Harum Al-Rashid atopou unha botella da que saíu un xina e lle contou chistes machistas durante mil e unha noites polo que ao cabo delas resultou que o califato perdera todo o conquistado e só lle quedaba o norte de Mesopotamia e logo só algún barrio da capital. Durante estas tempadas o Islam viviu a súa idade de ouro, con adiantos técnicos como intranet, cirurxía plástica (para sacarse os narigóns e poñerse beizos mais grosos) e moitos libros de parvosofía de Platón, Cucharón, Aristóteles (Onassis) e outros grecoromanos aos lles copiaron tamén a pedofilia xa que das mulleres non querían saber nada e así lles foi por iso.

Imperio Mongol

No 1258 os Mongolos toman Bagdad (Pai bolsa en árabe) e remata con Estado Islámico ou ISIS (grazas Kublai Kahn!!).

Trala desfeita entre sí do Imperio mongol Mesopotamia pasou a ser do Ilkanato, da casa de Hulagu, mentres pelexaba contra Os mamalóns ou mamelucos.

Dende onte até hoxe[editar]

Imperio Otomano

Mehmeth O Pirolas toma o poder, así domia esta zona durante a Idade Moderna ata que na Idade Contemporánea un antergo de Bush de Inglaterra descobre que aquí hai petróleo i envía a James Bond de Arabia a excitar os ánimos desta rexión para que se rebelen e independicen dos turcos, tras conseguir isto o Imperio Británico queda con esta zona, Winston Churchill reina aquí e mentres fuma seus farias e vendo que xa non hai putas en Babilonia decide revender estas terras as nativos, pero para que non formen un país poderoso que compita con eles divide a zona entre os países de Irán, Iraq, Siria e Xordania.

Cultura[editar]

Os mesopotámicos soian vestir cunha falda de lá de ovella e ala xa está, si incluso as mulleres ían así. Inventaron as putas sagradas así como o sexo extramarital, asi que aquí non había razóns para divorciarse e non se rompían familias. Os gays estaban ben vistos porque lle daban moito colorido ás festas de deusa Ishtar, parte de que a maioría da xente practicaba o sexo anal para non ter fillos. A cervexa bebíase con palliña e tiñan coche e internet.

Relixión[editar]

A súa relixión era moi festeira, un deus e unha deusa arrexúntanse e crean o Universo e aos demais deuses, cada un repártese o mundo e de vez en cando reúnense no parlamento para facer sesións de control ao goberno, mocións de censura, comisións de investigación, etc

Debido a que cada cidade mesopotámica tiña seu santo patrón ao final tiñan todos estes deuses:

Imaxe Nome Xerarca Cargo
DeusAnu.jpg An Pai dos desuses e seu soberano. Deus do ceo superior..
DeusEnlil.jpg Enlil Secretario xeral dos deuses. Señor da terra.
DeusEnki.jpg Enki Deus do ceo inferior Andaba xudiando por aí.
DeusaInanna.jpg Inanna Deusa do amor e a guerra. Andar montando guerras por placer.
DeusSin.jpg Sin
Deus da lúa. Alumear a eira do trigo.
DeusShamash.jpg Samash Deus do sol.

Inventos[editar]

Unha sumeria bebendo cervexa co seu kaunakés á última moda.

Personalidades históricas da Mesopotamia[editar]

Cidades e Rexións históricas da Mesopotamia[editar]

Babilonia é a súa cidade mais famosa.

Véxase tamén[editar]

60px-Bouncywikilogo.gif
Para os usuarios sen sentido do humor, os nerds de Galipedia (a nosa sátira autorizada) ten un artigo pouco fiable sobre: Mesopotamia.

Outros artigos[editar]

Mesopotamia
ÉufratesTigris
Cidades / Imperios
Sumeria: UrukUrEridu
KishLagashNippur
Imperio Acadio: Agadé
BabiloniaIsínLarsaSusa
Asiria: AsurNínive
NuziNimrud
Imperio BabilónicoCaldea
ElamAmorreos
MitanniCasitas
Cronoloxía
Reis sumerios
Reis de Asiria
Reis de Babilonia
Lingua
Escritura cuneiforme
Lingua sumeriaAcadio
Elamita
Mitoloxía
GilgameshMarduk