Miguel Primo de Rivera

De Desgalipedia
Ditadores rindo.jpg Este artigo trata de represión e ditadura
Entón, debes aceptar o que está escrito aquí sen dubidar de nada,
ou corre o risco desaparecer misteriosamente pola policía.


Miguel Primo de Rivera
Primoderivera.jpg
Ditador prohibindo o galego.
Información
Nacemento 8 de xaneiro de 1870
Xerez da Fronteira Cádiz Asspain, Banderaespaña.png España
Falecemento 16 de marzo de 1930.
Política en Madrid, Banderaespaña.png España/De facto en París, Francia d.JPG Francia
Nacionalidade España españolista
Ocupación Cacique bonachón pero duro.

Miguel Primo de Rivera foi un ditador español, ao revés que Franco, xa que éste militar tivo permiso do rei para facer unha ditadura.

Vida, guerras e obras púdicas[editar]

Miguel naceu nunha familia aristocrática, que cedo o meteu nos boy scouts, un corpo paramilitar infantil que ofrecía seus servizos en despedidas de solteira e no circo, logo como lle gustou o mundo da farándula e o de levar uniforme meteuse no exército, pero nas academias militares, onde coñeceu a Edgar Allan Poe, alí foi subindo postos abase de pagalos (xa que o Reino de ESpaña estaba en crise e quería conseguir cash como fose) e conseguiu ser axudante do xeneral Hitler na guerra de independencia de Cuba.

Tras ver que perderon de forma desastrosa a guerra, o moi pimpín pensaba que a ían gañar de tanto ler El Mundo, ABC, La Razón... estivo a piques de suicidarse, pero como era bo católico pensou que así iría ao inferno e deixouse estar, total nin fora ferido e aínda conservaba todos os seus membros do seu corpo, sobre todo o cerebro. Voltou a Madrid onde o destinaron a Marrocos, onde o rei de España tentou lavar o orgullo de perder as colonias con outra guerra imperialista, pero desta vez contra os moros, que el pensaba que andaban todos en camelo e con espingardas dos tempos de Maricastaña, o que lle fixo estar a punto de perder outra vez a guerra e os españois de a pé se lle botasen á iugular, polo que Primo de Riviére aproveitou para dar un golpe de Estado co permiso de zumajestá e así comezou a ditadura.

Ao principio todo o mundo o quería, incluso os socialistas, viña cun discurso populista e en Ourense incluso o recibiron con bandeiras vermellas (debían pensar que era Trostki) e coa promesa de rematar cos caciques, pero o único que fixo foi aliarse cos gabachos e así calquera gaña a guerra de África (onde case a palma Ben-Cho-Shei). Cando voltou para casa Miguelito Dime Tú viu que o querían moito e construiu a ditablanda, para así durar mais no poder, os rojos comezaron a velo torcido, os católicos temeron un Mussolini español que lles sacase protagonismo, algúns militares créronse mellores ca él, os neocons querían un estado feixista xa! e os obreiros pan e traballo. Según a propaganda de Calvo Sotelo, todo ía vento en popa e en breves España voltaría ser un imperio pero o desempleo e os produtos caros desmentíanlle iso polo que so cargaron no 36, e fixéronlle manifestacións cada dous por tres ao seu patrón ata conseguir que dimitira, non sen antes firmar leis para a selvatización de Galicia plantando miles de piñeiros por todas partes.

Véxase tamén[editar]

60px-Bouncywikilogo.gif
Para os usuarios sen sentido do humor, os nerds de Galipedia (a nosa sátira autorizada) ten un artigo pouco fiable sobre: Miguel Primo de Rivera.

Outros artigos falanxistas[editar]

Predecesor:
Manuel García Prieto
40px
Presidente do Consello de Ministros de España

19231930
Sucesor:
Dámaso Berenguer y Fuster