Miro

De Desgalipedia
Fragagalicia.jpg Desgalego... rirse dunha maneira de ser, a nosa!
Este artigo ten un alto contido de humor galego.
Se non é desta rexión sacra, é probable que non descubre da misa a metade
non entenda algunhas cousas.


Miro.
Mirvs.jpg
Información
Nacemento 535
Bandeira de Galicia.jpg Galicia
Falecemento no 583.
Bandeira de Galicia.jpg Galicia
Nacionalidade galaicosueva.
Ocupación Fortalecer o reino e tentar invadir toda a península ibérica.

Miro foio rei dos suevos que tentou galeguizar a toda Hispania, envelenado polo CNI pra que os visigordos dominasen todo.

Vida e reinado[editar]

Nado no ano 535 en Creixomil (Braga,Galicia do Sur) na familia real sueva, seu pai era o rei suevo Teodomiro, o cal non lle fixo moito caso ao principio e enviouno a estudar con Martiño de Dumio pra que non lle saíse malote nin cultureta,cando xa se estaba facendo un home(11 anos) enviouno a estudar a West Point pra ser un bo servidor do Estado suevogalaico, alí con varios estudantes fundou a UPG.

Como seu pai era rei e vivían nunha monarquía non visigoda, o posto de rei foi herdado por el e así se fixo rei..que fácil!

Unha vez no poder segiu os pasos de seu pai e mesmo fixo medrar o reino recuperando Astorgae Coímbra, e invadindo Lusitania mediante compra de bispos católicos(que daquela estaban tirados de prezo). Mudou a súa capital pra Ourense ou Waürensis(xa que nesa cidade tivera moitos ligues) e segiu a obra civilizadora de seu pai, como a ordenación da Ribeira Sacra como destino turístico pra miles de mujaidíns cristiáns como soldados da Fe. Mais estando durmindo tivo un soño, onde se lle aparecía Prisciliano nunha rica tumba dentro dunha igrexa enooooooOOOoooorme e ríndose del, cando Miro acordou chamou a seu vello mestre Dumiense e montou un Congreso de deputados pra Reforma Democrática e Popular do Reino pra sacar a Galicia do atraso e voltala unha potencia de primeiro orde.

Este Congreso pra Reforma Democrática e Comunista no ano 572, presidido por Martiño de Dumio e outros grandes mestres jedis acometeron a reforma e reorganización do reino, do cal sairon dez decretos:

  • Real decreto 007/572 do 29 de Febreiro: polo cal se regula o número de parroquias e súas atribucións, impostos e ordenamento paramilitar.
  • Real decreto 34198/572 do 1 de Abril: polo cal se elimina o nome pagán dos días da semana(Luns,Martes, Mércores, Xoves...) polos mais cristiáns e racionalistas de:primeira feira, segunda feira, terza feira,etc
  • Real decreto 12/572 do 2 de abril: polo cal se reforma o anterior decreto lei 345673947/561 polo que se regulaba o mundo das putas e a súa inherencia respeto do sistema, así como as bases para cambios de poboación súbditas dun señor feudal e coma éste podía ser un bispo e mesmo ter escravos.
  • Real decreto 45673987/572, do 1 de Marzo: polo cal se atribuén ás parroquias o sistema organizativo do reino e se privatiza a Igrexa católica mediante apoderamento das sés bispais por familias de nobres con base a real decreto lei 45/563 do 6 de abril, reorganizando varios bispados montañosos a xeito de paramilitares.
  • Real decreto 69/572 do 5 de maio:polo cal se ordea o cumprimento do asistencia obrigatoria á mili, facer exércitos populares, censo electoral e educación das masas populares por parte das escolas de mosteiros pra que os galaicoromanos deixen de rezar ós penedos, cruces de camiños, fontes, etc
  • Real decreto 573/572, do 3 de febreiro:polo cal entra en directa competencia os impostos do reino cos da Igrexa e como ambos de funden nun só pra unha maior organización sen manipulación, asi como novos protocolos e leis que rinxan no mundo financieiro pra que non haxa mais crakcs do 29 nin Crise económica de 2008.
  • Real decreto 679/572 do 6 de Abril:polo que se crean comisións de investigación parlamentar, así como límitres ós soldos de directivos de Bancos e Bispos, creando un código de conducta pros cregos(que andaban como os voitres onda ós moribundos ameazándoos co inferno se non donaban as súas terras á igrexa) xunto cunha comisión de Defensa do bo Cristián, oficina de Valedor do Pobo e educación pra soberanía.
  • Real decreto 345/572 do 8 de febreiro:polo cal se regulan gastos suntuarios, número de regalos extraoficiais e subornos que debe recibir un funcionario estatal,etc Creación dunha Banca Nacional e Democrática Popular que sirva pra que a adminsitración non se endebide, vixiancia de boa prácticas,de que non cobran soldos de xogador de fútbol, etc
  • Real decreto 854/572 do 9 de febreiro:polo que se regula o dereito a decidir dos pobos do reino, santificación dos matrimonios, creación de cemiterios estritamente católicos, nomeamento de bispos só polo rei pra que o papa non manipule o reino, etc
  • Real decreto 679969696969696/572 do 6 de Abril: polo que se garantiza un/unha profesional do sexo(puta ou puto) a cada habitante do reino ou que desexe ser súbdita/a do reino/a, outrosí tamén se regula a construcción de nova sigrexas mais modernas de uso polivalente(como discotecas, cortes do gando, almacén de drogas,local turístico,etc).

Estes decretos todo foron a envexa dos outros reinos e fixeron que os Visigordos(eternos enemigos dos suevos polo control da Hispania) se cabreasen todos por adiantárselles a eles á hora de inventar a Democracia medieval.

Política externa[editar]

Teodomundo vixiando que os visigordos non lle entren polo río Taxo.

Como so Visigodos se lle estaban metendo na Península ibérica aproveitando que os Romanos perderan o norte, tivo que comezar unha política externa de diplomacia, facendo pactos con potencias extranseiras antivisigodas("Os enemigos de meus inimigos son meus amigos") facéndose amigos dos Francos e dos Imperio Bizantino(o único Imperio dos Romanos que ficara en pé). Como o rei francés Gontrán andaba a ver si acababa dunha vez por todas cos bárbaros visigordos fixeron unha alianza e Miro casou coa sobriña deste, Sisigunda, con quen tivo varios fillos, entre eles os eguinte rei suevo Eborico.

Tralo casamento e cópula real Miro preparou o seu exército e tras varios tratados internacionais prepararon o día D, no cal Miro invadiria novas terras por Asturias,Cantabria e País Vasco, facendo un pasillo co cal conectaría cos Francos e así entrarian tropas francas e xuntos os dous exércitos comezarian a invadir o reino Visigordo e liberaron de tanto peso. Mais a oefensiva do TET suevo fallou ó non teren bos mapas e ficaron empantanados en Pancorvo e tiveron que dar media volta ó non saber xa por onde ían.

Como os fillos ían medrando e xa habia demasiados parentes reais Miro tentou outro sistema, farías amigo do que quedaba do Imperio Romano, oImperio Bizantino, que aínda controlaba parte de Andalucía e dos Paisos Cataláns; tras varia sreunións e conciliábulos xuntou outro exército e lanzouse á conquista a través de Castela, no medio do camiño soubo que os Visigordos andaban outra vez en guerra civil e propúxose axudar a San Hermenexildo a derrotar ao rei visigodo Leovixildo(pai de Hermenexildo) e así que a Fe católica brillase intensamente en todas as Hispanias e crear dunha puta vez España. Pero o rei visigodo Leovixildo, arriano perdido e seguidor de Confucio xa daquela, venceu a seu fillo e tras asasinalo foi contra o exército suevo, o rei Miro vendo que nin lle chegaban axudas bizantinas e Hermenexildo estaba kaputt deu media volta, pensando atrincheirarse antes de que Leovixildo lle saltara á iugular, mais Miro morreu ó pouco de chegar das Españas e morreu por culpa da auga podre española(de tanta cal que ten).


Reino de Galiza/Bgalliciense.gif Reino Suevo de Galiza

Segue a:
Veremundo
O Locuaz.
Miro
Precede a:
Carriarico
Rei dos Suevos

Notas[editar]


Véxase tamén[editar]

60px-Bouncywikilogo.gif
Para os usuarios sen sentido do humor, os nerds de Galipedia (a nosa sátira autorizada) ten un artigo pouco fiable sobre: Miro.

Outros artigos[editar]