Miro Pereira

De Desgalipedia
Fragagalicia.jpg Desgalego... rirse dunha maneira de ser, a nosa!
Este artigo ten un alto contido de humor galego.
Se non é desta rexión sacra, é probable que non descubre da misa a metade
non entenda algunhas cousas.


Miro Pereira.
Miro.jpg
Información
Nacemento Probablemente no séc. XX D. de C.
Ribadavia Bandeira de Galicia.jpg Galicia
Nacionalidade galega
Ocupación barman.

Cita1.pngQuizais quixo dicir: Leslie NielsenCita2.png
Google sobre Miro Pereira
Miro Pereira, fillo de Groucho Marx e Marcelo gaynard é un dos grandes grandísimos jichos da TVG.

Autobiografía[editar]

Nado en Ribadavia tras unha inxesta masiva de viño da casa por parte de Groucho Marx, Ramiro Pereira nasceu no interior da sinagoga segreda e foi levado a Francelos pra ser bautizado na súa catedral suévica; alí deuse á boa vida cos viños e as anguías do Miño, pero debido ó nazismo do réxime de Franco tívose que exiliar en Suíza.

Pasou toda a súa adolescencia rebelde en Suiza, alí coñeceu a varios intelectuais que tamén fuxiran da miseria de Galicia, e reuníanse coa bohemia local no cabaret Voltaire, onde pasou a formar parte do movemento Dadá. Creando happenings, exposicións, Arte,cadros,ouxectos atopados e meténdose cos cregos e os militares.Debido ó seu gran éxito viaxou a París(Francia)onde fixo mais amigos asurdos, tanto que fundou con eles o Surrealismo, ao lado de André bretón e Jean Paul Sartre escomenzou a escreber libros que fixeron voar á literatura contemporánea.

Trala caída do muro de Berlín(Alemaña) Miro pasou ao outro lado pra ver que tal lle fora ós seus antigos camaradas na alemaña democrática, alí descubriu que moitos fixéranse da Stassi e vivían moi ben, asi que él meteuse na Operación Gladio, foi formado por ex-nazis da rede Stay-Behind e enviado a España pra que ésta seguise escravizada.

Xa de volta en España déuselle financiación e armas, casou coa axente Balbina Santos(cuxo nome en clave era "Tsarina")e montaron un bar,o Bar Suízo, como tapadeira das súas actividades contrademocráticas. desde o seu negocio familiar orquestaron varios atentados terroristas, secuestros de membros do BNG e PSOE, así como coaccións e ameazas a menbros do PP considerados como demasiados "brandos" según a terminoloxía fraguista. estiveron involucrados na explosión de varias torretas eléctricas de alta tensión, creación e manipulación do Exército guerrilheiro do Povo Galego, e de axitacións públicas organizando boicots a Beiras. Según Santiago pemán(gran teórico da conspiración) son os autores na sombra de asasinatos pra sementar a histeria colectiva, castelanizar tódolos nomes de poboacións galegas na Wikipedia e ser membros da cúpula directiva da banda terrorista Galicia Bilingüe.

Todas estas acusacións, que seus fillos din ser falsas, explicarían porqué Miro Pereira non sabe servir un café con café e trta tan mal aos clientes, así como a súa promiscuidade sexual co seu "cuñado" Antón Santos(coñecido axente segredo de Lehmans Brothers). Por outra banda a súa adicción a comer o envoltorio de tódalas lambetadas fai que se concreten contra él cargos debido ó coñecemento segredo que ten este axente da Contra pra autofacerse a súa armadura(estilo Spawn), debido ás súas actividades segredas Miro non ten tempo pra organizar ben o seu bar-tapadeira, mete os calcetíns no microondas.

Frases de Miro Pereira[editar]

  • Me cago no mundo.
  • Cala Laverca!
  • Me cago no butano.
  • Eu amo a Manuel Fraga.
  • Cuñado, ímonos facer de ouro!
  • Non o digas como se fora un defecto(cando lle din que é parvo).
  • Vivan as subvencións! que é iso de que a cambio non podemos facer tanto leite? Quen quere leite,boh!
  • Son un empresario coupado e non coma ti un chanfonetas que pasa o día nos bares.
  • Me cago no mundo!
  • Superman é famoso porque ten a man grande.
  • Voute matar mecrobio verde.
  • Ui que carallo! Me cago no mundo!