Mitoloxía

De Desgalipedia
Cita1.pngUnha morea de mentiras inventadas por mortais crédulos MUAHAHAH!!Cita2.png
Zeus
Cita1.pngUnha manchea de mentiras inventadas polos demos pra impedir a salvación da alma do home.Cita2.png
San Martiño de Dumio falando sobre mitoloxía grecorromana.
Cita1.pngSupersticións e supercherías de pobos atrasadosCita2.png
Un Imán islamista falando doutras relixiós.
Cita1.pngUnha ferramenta óptima pra coñecer e comprender relixións mortasCita2.png
Un antropólogo/historiador sobre a mitoloxía.
Cita1.pngMentiras que o demo nos conta pra confundirnos e así nos condeemos!! Vade Retro Satán!!Cita2.png
Un pastor protestante sobre a mitoloxía.

A mitoloxía é unha forma de pasar o tempo antes da invención de internet e da televisión, radio, etc xa que ante siñan demasiado tempo libre pasaban as horas contando e facendo versións de versións de historias ata algúns facer auténtica filosofía poética con persoaxes fabulosos e cool.

Os primeiros en inventar a mitoloxía foron os Neandertais, que comezaron a inventar historias pra contarlles a seus fillos sobre onde ían os mortos, esta idea foi copiada polo homo sapiens, que fixo versións e mellorou outras historias, e así tiña ocupados ós nenos e non lles daban a lata mentre stentaban cazar mamuts.

Mitoloxía e relixión[editar]

Típicos pantasmas toca collóns.

Pra poder ter lexitimidade a relixión serviuse da mitoloxía pra captar clientes, e así contratou a moitos poetas, artistas, arquitectos, pintores, escritores, etc pra facer mitoloxías mais complicadas e contadas de mellor xeito pra poder comer mais cabezas e os fregueses lles deran de comer gratis ós curas. Así a miaoría de mitoloxías coñecidas pertencen a algún sistema relixioso:

  • Mitoloxía sumeria: Unha das primeiras coñecidas, nela os deuses estaban ahí, asi que decidiron crear o universo, unha bola dividia en Ceo, Terra/Mar e Inframundo, despois decidiron crear ós humanos pra ter escravos, cando viron que chingaban e se multiplicaban coma coellos deixáronos libres e seguiron á súa bola. Estes deuses despois foron copiados por outros pobos mesopotámicos que escribiron a Biblia, entre os deuses mais coñecidos están: An (deus superemo do ceo), Enlil (deus do aire), Enki (señor da terra e creador da humanidade), Nunbarsegunu (deusa nai) e Inanna (deusa do amor e da guerra, WTF??)
  • Mitoloxía exipcia: Onde os deuses pais son descoñecidos, pero eran zoófilos e así saíron os deuses con cabezas de animais, crearon o ceo, o mais alá e a terra, por riba dela xiraba o sol e pouco mais. Entre os deuses mais coñecidos están: Ra (deus sol), Mamón (deus de moitas cousas diferentes pero polo menos ten pinta humana total), Isis (despois convertiuse na Virxe María), Osiris (deus dos mortos), Horus (deus gabian), Seth (deus bó pero como foi collido polos malos pasou a ser un deus malo).
  • Mitoloxía Fenicia: Este pobo tivo varia sinfluencias veciñas e fixo que os gregos se modernizasen; entre seus deuses mais molóns están: Baal (deus da tormenta), Melkart (heroe divinizado), Eshmún (deus médico), Moloch (deus comenenos).
  • Mitoloxía chinesa: Ao principio só existía o caos amorfo (materia e antimateria) e del surxiu un ovo do que naceu o deus Pangu, que se puxo a moldear o caos pra crear o cosmos, seperando o ying do yang (un formou o ceo e outro a terra), darespiración de Pangu saiu o vento, do seu ollo esquerdo o sol, do seu ollo dereito a lúa e do seu oxete os volcáns; as pulgas e outros parásitos do seu corpo saíu a humanidade, que tivo que asulagarse nun diluvio, ata que un emperador conseguiu encauzar as augas e así crear a ciencia da agricultura. Entre os deuses coñecidos están: Nüwa (deusa creadora e celeste), Fuxi (irmán-esposo da anterior, deus técnico), Shen Nong (deus da agriacultura), Zhu Rong (deus do lume), Chi You (deus da guerra)
  • Mitoloxía celta: os celtas andiveron mais á súa bola sen precuparse por construir un imperio, e así vivían libres e felices con deuses parecidos pero con distinto nome en varios lugares de Europa, sendo o mais internacional Lugh. Non se sabe cando comezou todo, pero mais tarde houbo unha batala entre varios deuses (Tuatha de Danan e os Fomorianos) e cada un foise facendo sitio según as súas habilidades. Entre os deuses celtas mais coñecidos están:Lugh (deus pancéltico e cun gran currículo), Sulis (outra deusa celta internacional), Dagda (deus tan bonachón como terrible), Ogmios/Bandua (deus guerreiro e mago), Endovélico (deus médico), Tutatis (deus do Estado e da tribo), Esus (deus da vexetación e da orde cósmica), Taranis/Reve/Thor (deus da tormenta e señor do Ceo), Crom Dubh (deus da fertilidade, aparece como un menhir).
  • Mitoloxía Hindú: Unha das mitiloxías mais antigas, á altura da mitoloxía celta. Krishna crea e destrúe o universo e logo varios deuses de distinta xerarquía lle axudan ou lle minan a moral, soen ser coma os celtas e teren distintas batallas pra ver quen carallo manda (que os gregos copiaron entre seus deuses e os titáns) soen ser característicos polos seus nomes rajoynianos e teren moitos brazos, aínda así hai que diferenciar enre dous períodos (como os romanos vaia)primeiro foi a relixión védica e logo a hinduísta. Entre os deuses indios antigos están: Diaus Pitar (o pai dos deuses), Indra (deus guerreiro peneque de Soma), Agní (deus do lume, mensaxeiro e protector/destrutor de homes). Os deuses hindúes son mais coñecidos e entre eles están: Shiva (deus supremo), Brahma (deus creador), Visnú (deus conservador), Satí (deusa da felicidade), Ganesha (deus da sabiduría, multiempregado) Kama (deus do sexo, escritor do Kamasutra) Kali (deusa destructora da maldade e asasina dos demos, Deusa Nai).
  • Mitoloxía grega: na Grecia antiga os parásitos sociais que decían estar posuídos polas musas compuxeron unha historia mitolóxica na cal ao principio só existía o Caos veu un deus descoñecido e creou todo, incluso a outros deuses, despois desapareceu pero deixando certo desorde que os deuses olímpicos trataron de destruir, primeiro enfrontándose ós Titáns e logo escravizando ós humanos ou meténdose entre eles pra que montaran guerras, isto fixo que perdesen popularidade e comezasen a ser atacados polos filósofos, afortunadamente viñeron os cristiáns e mataron ós filósofos. Entre os deuses mais famosos están Zeus (o follador), Hera (a cornuda muller do anterior), Hades (deus do Alén), Poseidón (deus do mar, pai das sereas como Ariel), Afrodita (a deusa da beleza e o sexo).
  • Mitoloxía xudea: os xudeus eran sumerios que facía trashumancia e foron dar á beira doutro mar, onde sufriron influencias de relixións de Palestina (fenicios, amorreos, exipcios) ata que o faraón Akenatón conseguiu fuxir de Exipto e os convirtiu ó monoteísmo. Así inventouse a mitoloxía hebrea na que un só Deus(tetragramaton, aton, HVH, Iavé, o Innombrable en van, señor dos exércitos...) inventou o universo en 6 días e o sétimo dscansou, montou un parque de infancia pra humanidade ata que lle desobedeceron nun detalle sen importancia e os botou pro mundo, onde tiveron que traballar pra poder vivir, outra vez que Deus se ofendeu todo por mordos humanos destruíunos cun Diluvio e permitiu que sobrevivisen uns poucos pra seguir co mundo igual que antes, ata que
  • Mitoloxía inuit: diversos espíritus crean o universo e as deixan ahí, os humanos saen do xeo ou chegan ao Polo norte perseguindo mandas de caribús durante a última glaciación e logo fican a vivir alí. Entre seus deuses están: Sedna (deusa do mar e sías riquezas e tamén reina do alén e xulgadora de mortos), Ijirak (un monstro raptor de nenos), Sila (deusa da vida que conserva o cosmos), Pinga (deusa da fertilidade, caza, amor), Nuna (deusa da terra), Saranik (deusa do sol), Aunra (deusa do aire), Tukik (deus da lúa), Tekkeitsertok (deus do caribú).
  • Mitoloxía Ioruba: parte da relixión ioruba, que grazas ó comercio de escravos e a imposición relixiosa europea deu lugar á santería e Candomblé en América. Seus deuses eran persoas normais que alcanzaron o status de deus tralas súas aventuras e feitos heroicos (ou iso din os antropólogos e historiadores da relixión os moi herexes!!) Existen mais de 400 deuses (ou Orishas) entre os cales o mais coñecido é Shangó (deus do trebón), Elegua (deus dos camiños), Eshu (deus do comercio), Olokun (deus do mar tormentoso).
  • Mitoloxía romana: a orixinal mitoloxía romana perdeuse cando invadiron Grecia e viron como molaban os deuses gregos, colléndoos prestados e poñéndoos como deuses estatais, logo seguiron conquistando outras civilizacións e sumando mais deuses extranseiros, ata que viñeron os cristiáns e montaron a Inquisición española. Hai que distinguir entre a mitoloxía romana antiga e a clásica (onde copiaron con distinto nome ós deuses gregos), entre os deuses auténticamente romanos están: Flora (deusa da natureza), Fauno (deus da agricultura e do gando), Cardea (deusa da saúde e das portas), Vesta (deusa da casa), Xano (deus do comezo e do final), Quirino (deus de Roma), Lares (deuses protectores), Manes (familares mortos divinizados como protectores da casa e da familia), Tellumo (deusa da terra), Laverna (deusa dos ladróns), Xúpiter (deus rei). Todos estes deuses foron orientalizados primeiro asimilados a deuses gregos e despois viñeron deuses frixios, sirios, irakianos, etc.
  • Mitoloxía Budista: veu Buda e fixo un merengue con variados deuses locais, logo un pouco de Sanara e Nirvana, blablablabla
  • Mitoloxía escandinava: a dos suevos e lordomani, onde o mundo foi creado tras unha batalla(debse ser algo típico dos indoeuropeos iso de crear o mundo despois dunha batalla) entre os Aesir e os Vanir que rematou nunha tregua intercambiando reféns e logo reinando todos cada zona de influencia soportando so xigantes ata que se enfrentan os deuses contra os xigantes e monstros (ragnarok) e ao final só quedarán un par de deuses e humanos e a terra será mais xusta e bonita. Entre os deuse xermánicos mais coñecidos están: Odín/Wotan/Bodan (rei de deuses, sabio señor do trono), Freia (Súa muller, deusa da fertilidade/amor), Thor (deus/heroe), Fricco (deus da fartura), Walkirias (deusas menores da morte).
  • Mitoloxía cristiá: mitoloxía copiada da mitoloxía xudea helenística. Hai un só deus que é considerado como o único Deus, polo que a súa mitoloxía é das mais aburridas. Nela Deus/Xehová/Deus PAi señor crea o universo en 7 días e crea a humanidade á que ten nun xardín pero os humanos desobedecen unha orde das mais simples e deus cabréase por esa menudencia fai que teña á humanidade cruzada, ata que seu fillo se autosacrifica pra limpar ós humanos do pecado, pero non se sabe porqué non funcinona ao 100% e os humanos teñen que crer en Xesús de Nazareth se queren seguir vivos despois de morrer(WTF??) e pra estaren libres de pecado obedecer á Igrexa católica ou o pastor protestante de turno. Entre seus persoaxes mais coñecidos están: Deus, Cristo, Espírito Santo (só sae unha vez e está sobrevalorado), Virxe María e moitos secundarios, despois hai moreas de santos e santas (entre os mais famoso San Teleco, Santa Catabirra, San Ero, Santa Potenciana, etc)
  • Mitoloxía islámica: Son reminiscencias de crenzas politeístas anteriores a Mahoma, que conseguiron sobrevivir ós períodos rigoristas na Musulmania profunda; na mitoloxía arábica existen varios deuses locais con poderes e tiñan ós xenios das lámparas pra atender ós desexos dos seus fieis. Tiñan seu santuario plural e xeral na Kaaba da Meca, ata que veu Mahoma e seus mozos e pecharon todo dentro dunha pedra negra á que honran miles de peregrinos islamistas sen decatarse de que dentro están os deuses dos seus tataratataratataratataratataratatarataravós. Entre os deuses que chegaron a nós están: Allah-Taara (deus creador), Alat (deusa filla do anterior, deusa do sol), Amm (deus da lúa, do raio e o clima), Manat (deusa da morte e o destino), Wadd (deus do amor).
  • Mitoloxía azteca: Mitoloxía da Idade Media, pero en América. Ometeotl cre o universo a varios desues e humanos, como éstes non lle gustan fai varios experimentos destruindo o mundo cada vez que os novos humanos non lle gorentan e da destrución saen outros deuses e monstruos, cos cales se enforntan outros deuses e así vai variando a balanza do poder. Entre os mais famosos están: Tláloc (deus da choiva), Quetzalcoát (deus da creación, dos ventos, etc), Tezcatiploca (deus do poder, vicios drojaína, oscuridade, riqueza, etc), Xipe Tótec (deus da guerra), Xiuhtecuhtli (deus de vai saber qué), Mixcoátl (deus da estratosfera), Coatlicue (deusa dos mortos)

Mitoloxía en Galicia[editar]

Artigo principal: Mitoloxía galega.

Desafortunadamnete non conservamos a mitoloxía da Idade do Bronce (só sa fan conxeturas a partir dos petroglifos) da Cultura Castrexa (só se fan hipóteses a partires de inscripcións romanas e paralelismo medievais) nin de suevos e galaicorromanos.

O único que se conserva é a mitoloxía galega da Idade Media e Idade Moderna en diante, o que se lle chamou mitoloxía popular galega, que foi inventada polos labregos, mariñeiros e pastores e despois recollida polos científicos do Rexurdimento e da Xeración Nós, a finais do XIX e principios do XX. Nesta mitoloxía hai animais fabulosos (alicornio, urco) pantasmas (xáns, santa compaña) heroes (San Ero, Raíña Lupa, María Pita, Maricastaña) lugares misteriosos (Covas do Rei Cintolo, castros, mámoas).

Entre os seus ciclos mitolóxicos atopamos:

  • O ciclo de Almanzor: Aparecen tres lendas relacionadas con este fendetestas, en Compostela seu cabalo bebe dunha pía de auga e estoupa e cando Almansur vai onda a tumba do apóstolo está alí un vello que lle fai coller medo e saír pitando; en Maianca, Oleiros seu cabalo fixera antes o mesmo o seu cabalo eéste afundira e onde quedaran as ferraduras abrollou unha fonte de augas miragreiras. Pasando por Lugo cercou a ésta e un conde saiu e enganouno decíndolle xa pasados uns meses, que eles seguían tendo comida e cedo virían os cirstiáns a darle polo cu e era mellor que fuxira, como mostra de que aínda tiñan provisións tiroulle o última cesta de pan e un año, Almansur ó ver que ata lles regalaban comida fuxiu de lugo. En Ponteareas enviou un destacamento antes ca el, entraron no castelo e mataron a un xograr que estab dentro tocando a citola, cando Almansor se puxo no castelo a durmir escoitaba á pantasma do músico asasinado e tivo que marchar de Sobroso cedo porque a música da aparición non o deixaba durmir.
  • O ciclo Compostelán: Santiago apóstolo evanxeliza Hispania e logo volta a palestina, alí é martirizado polo rei Herodes Jr. e seus discípulos rouban o corpo e nunha lancha atravesan o mediterráneo nunha soa noite indo a parar a Padrón onde desembarca e sú barca transfórmase en pedra, alí a Raíña Lupa envíaos ao Rei Duio pra que lles entregue unhas terras pra soterrar o friame, mais téñense que pelexar con el e o vencen coa xuda das FAES, despois diso regresan onda Lupa, que lles fai ir buscar uns bois ao Pico Sacro, sáelles un dragón ó que matan ensinándolle o falo, os bois sob ravos pero ensínallelo falo e viran mansos, cos que levan o corpo ata Compsotela, onde o enterran mentres Lua se convirte ó cristianismo(non se sabe se ó arianismo...)
  • O Ciclo do Rei Artur ou Materia de Bretaña: o Rei Artur e seu exército atópanse encantados na Lagoa Antela en forma de mosquitos á vez que protexen un corredor submarino entre a torre de Pena e Sandiás, ateigado de ouro do que cagou o mouros.
  • O ciclo de Roldán ou Rolán: Rolán andivo pola Galicia a partir penedos e rochas coa súa espada Durandarte e pouco mais, como en A Pena de Roldán, Os Vilares, Guitiriz e na ladeira do Monte Pedroso en A Cañiza.
  • Mouros: persoaxes que teñen o arquetipo do primeiro home e o das invasións como explicación dos cambios de costumes no mesmo territorio.

Arquetipos mitolóxicos[editar]

Típica aparición nunha aldea que xera unha mitoloxía en torno súa.
  • Deuses astrais: onde entran os [email protected] do sol, da lúa, planetas, etc.
  • O Heroe: ese humano que fai cousas sobrehumanas.
  • Mundo subterráneo:
  • Mentiroso/ladrón:
  • Nai terra e Pai Ceo:
  • Primeiro home:
  • Mana: enerxía que rixe o cosmos.

Véxase tamén[editar]

60px-Bouncywikilogo.gif
Para os usuarios sen sentido do humor, os nerds de Galipedia (a nosa sátira autorizada) ten un artigo pouco fiable sobre: Mitoloxía.

Outros artigos[editar]