Monarquía

De Desgalipedia

Monarquía (do grego: monos = primata; + archeien = que pode ser o rei, kaiser, tsar, sheik,... conforme o país) é un Rei/Raíña con carácter persoal (só manda ela), vitalicia (ata que o tipiño morra non hai tu tía) e vai por designación hereditaria (por iso non é unha Democracia).

Historia[editar]

Típica raíña.

Este sistema foi encetado polos primeiros seres vivos pra poder mandar e facer canto quixeran, primeiro foi o león e mandaba sobre todas as súas concubinas e só era expulsado do trono cando outro león novo podía con él. Logo foron os humanos, sendo o primeiro rei aquel que podía bater en todos e tiña privilexios sexuais sobre os demais, durante o Neolítico e aproveitando o excedente da producción afiánzase o seu poderío e comeza a invadir aos reinos veciños, creando grandes imperios (como Exipto, Mesopotamia, Persia, Tartessos, etc) onde as desigualdades sociais son tratadas a base de látigo e ter a Relixión da súa parte.

Durante a Idade Media os reis vénse na obriga de compartir o seu poder coas elites guerreiras (duques, marqueses, fidalgos, etc) ou a nobreza, ata que centralizan as súas posesións no Renacemento e inventan a ideoloxía do Absolutismo para poderen reinar sen ter que compartir nada e mellor subxugar ao pobo, que finalmente remata por erguerse contra os reis durante a crise do Antigo Réxime e se volta á Democracia. A veces os monárquicos dan un contragolpe anos mais tarde e vóltase ao sistema da monarquía, como en España coa Restauración Borbónica.

Actualmente susbisten os reinos de Antigua e Barbuda, Antillas Holandesas, Bahmas, Bahrein, Barbados, Bélxica, Brunei, Bután, Camboia, Dinamarca, Emiratos Árabes Unidos, España, Inglaterra, Arabia Saudí, Kuwait, Lesotho, Malasia, Marrocos, Noruega, Omán, Países Baixos, Qatar, Samoa Occidental, Suecia, Suazilandia, Tailandia, Tonga, Xapón, Xordania...

Tipos de Monarquía[editar]

  • Monarquía absolutista: na cal o rei fai e desfai ao seu antollo sen respeitar Dereitos Humanos, tradicións, privilexios, costumes, etc.
  • Monarquía golpista: aquela que se obtén tra sdar un golpe de estado ao rei anterior pa encumbrar a outra familia distinta.
  • Monarquía parlamentaria: tralas revolucións do século XIX finalmente os reis europeos víronse na obriga de compartir o poder e mesmo ser inferiores a un parlamneto democráticamente elexido polo seu pobo,senón pasaría o mesmo que en Irán.

Características da Monarquía[editar]

  • A Raíña/rei non é elexida democráticamnete, asi que si sae un rei tonto ou unha raíña zoofílica hai que aguatarse e apandar.
  • Corrupción xerarquizada: a transparencia dos fondos econímicos brilla pola súa ausencia.
  • Censura: as publicacións (xornais, televisión, fanzines) non deben falar de cousas que ao rei non lle gostan (que si ten amantes, que si lle saiu unha filla con defectos, que si hai masificación nas cárceres, que hai loita de clases, etc).
  • Sistema de castas sociais: debido á estrutura socioeconómica na que prima onde de que familia ves antes que o mérito, polo que os reinos son pouco competitivos e entran en crises cíclicas. Por outra banda existen privilexios de clase sendo os fondos destinados sen seguir un método xusto ou racional primando aos amigos, Igrexa católica, bancos, etc.

Monarcas famosos[editar]

Véxase tamén[editar]

60px-Bouncywikilogo.gif
Para os usuarios sen sentido do humor, os nerds de Galipedia (a nosa sátira autorizada) ten un artigo pouco fiable sobre: Monarquía.

Outros artigos[editar]