Mondoñedo

De Desgalipedia
Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: Mondoñedo (homónimos).
Mondoñedo
Escudo de Mondoñedo
Mondoñedofriki.jpg
A catedral mindoniense é moi visitada polos Nispters.
Situación
Situacion Mondoñedo.PNG
Xentilicio[1]
Xeografía
Provincia Provincia de Lugo
Comarca Comarca da Mariña Central.
Poboación hab. (2018)
Área km²
Densidade hab./km²
Entidades de poboación
Capital do concello
Política ()
Alcalde ()
Concelleiros BNG:
PPdeG:
PSdeG-PSOE:
Outros:
Uso do galego[2] ()
Galegofalantes 100 %
Páxina web oficial
  1. Véxase no Desgalizionario.
  2. Datos dos tempos de Manuel Fraga publicados en 2018, ou non.

Mondoñedo é a capital da mariña lucense, algún día foi capital de Galicia, pero iso foi antes da Reconquista, aló cando Maricastaña e o Reino Suevo.

Historia

Prehistoria

Mondoñedo foi fundado polo fillo de San Rosendo pra ter a igrexa e seu tesouro lonxe da costa e dos piratas que dela viñan, foi medrando grazas ós pastores e os maragatos de Castela, comezou a ter algo de empuxe a finais do século X pero trala crise económica de 2008 veuse abaixo e despoboouse. Menos mal que veu o Rei Cintolo, un rei intraterrestre que dotou a Mondoñedo do seu pasado de esplendor again.

Esto é o que dicen os libros, mais o sentido común dícenos que Mondoñedo proven dos homes da idade de Adan e Eva. "Patrulla" que asi se chamaba o alfareiro, que modelou a Adan, que era de Mondoñedo. Despois un mariñeiro que estivo na arca de Noé,quen trouxo para aqui a parexa de cabalos e istos poblaron Europa e Asia. Mais adiante, na época de Matusalén veu un parente del, a facer o furado na cova para sacar pedra caliza. Moises (o dos doce mandamentos) andivo por aquí tamén, donde se inspirou para poñer o sexto mandamiento.

Os griegos tamen pasaron por estas terras deixando o Groña que groña nas montañas de Abadín dando nome o río Eume, os de San Simón da Costa fixeron queixo co sentido erótico do sexto mandamento de Moisés. Os Fenicios, que eran moi fenicios, plantaron os pinos (os eucaliptus trouxeronos outros no século pasado), xunto do celtico Breogán, que foron os que poboaron Ireland e fixeron nos altos os castros de Zoñan, Masma, Argomoso, Viloalle,... incluso o mais grande o Castro de Mondoñedo, onde os celtas taparon o río Valiñadares mais abaixo de San Lazaro,covirtindo o vale en un gran lago. Para zona de recreo. Os romanos que viñeron polo ouro, castigaron os castrexos e lle secaron o gran lago a sua piscina, Soio lle deixaron a piscina do Coto da Recadieira. Como recado colleron todo o ouro que por eiqui había (algún castrexo gardou o seu torques na leira). Tamén sacaron prata, cobre, tugsteno e nabos. ¡Sí!... ¡nabos! a semilla iba no mineral,concentraron todo o mineral en Lugo de donde tiraban a semilla en un horteiro... ali perdeu Mondoñedo a fama de ser a poblacion nabal mais importante do mundo romano.

A época romana

Aqui viñan de vacacións os romanos e crearon granxas, unha delas foi no lugar de Masma, ali mamábanse de viño os romanos (de ahí o nome). Era tanto os que se "mamaban" de viño que o final o emperador romano Xulio César, castigounos a beber soiamente auga, pasando o río do lado a chamarse así. Un cabroncete romano, antes do castigo, fixo bodega, moi cerquiña do río, bebían alí os que levaban gorra, "era a contraseña", aquel lugar chamouse a Torre dos Gorrete dos mamoncetes... Os barbaros Suevos, viñeron, traidos polos romanos, e aquí quedaron. Virón que esto era Jauja (aínda non descuberta) de tanto viño, rapazas boas, repolos de Mondoñedo (que despois levaron a semente para Betanzos) e patacas cazonas (que tamen levaron para Vilalba).

Idade Media

Os suevos tíñano todo (ademais dos huevos dos galos celtas, os nabos, repolos...), e decidiron montar o seu reino aquí en Mondoñedo. Unha vivenda con fonda e casa de comidas. Leovixildo veu a xugada e fíxose cristian por aquelo da acollida dar de comer o sedento e todo eso...

Os da zona aceptaron a relixión, e collerona con gañas (menudas festas se pegaban, as do marisco, empanada, mexillon, berberecho, callos... e todas esas inventadas hoxe, xa as facian estos suevos, unha festa por cada santo)... hasta que no ano quinientos e pico (mais menos) Mailoc, un bispo Bretón, escapando dos barbaros na Bretaña, deixaronlle vir vivir o territorio Mindoniense onde montaron o chiringuito aló enriba en Bretoña pero douscentos anos despois, os moros tiraron o Chiringuito, Mala sorte! Fóronse todos para Ovieu (ali tiñan sidra, cabrales e corbatas de casielles). Foronse todos, quedaron dous ou tres que non lles gustaba a sidra e viñeron outros do Dumio de aló embaixo de Braga (chamase así porque as mulleres andaban todas sen bragas).

Alí veu Sabarico o tio de San Rosendo. Foi para Foz, a unha aldea de Foz, San Martin de Mondoñedo... cando iban ós mexillóns os curas rompian os collóns... de ahí que as baixas eran moitas e decidiron volver o valle dos celtas, dos romanos o pé do masma a grande Mirum Mindoniensis. San Rosendo fixo a catedral, con un rosetón inspirado nas tartas do Rey das tartas (o famoso Carlos Folgueira). O sitio era perfecto, tiña auga, vides para facer viño (hoxe xogan o fútbol nese campo, "viñas da veiga") axudado polo seu tio que viaxou a Terra Santa o Conde Santo, montou a cidade a diocesis e a provincia. San Rosendo tiña un pouquiño de asma e para desfacerse del a curia, dixeronlle que tiña que ir vivir o sur mais alo de Ourense, e montou Celanova. A curia fixo o que quixo en Mondoñedo, hasta trouxeron o Rey Alfonsius uve palito palito que lle deu un escrito de cidade e deulle permiso para facer feira e festa cabalar no San Lucas. Os cabalos son fillos de aqueles Cabalos que trouxo o mariñeiro da arca de Noé...Hoxe en día o polbo (pulpo) tamen veñen cos ganadeiros e feirantes, onde se lle rinde un gran homenaxe.

Mondoñedo con Alfonsius uve palito palito comenzou a súa andadura como capital de Galicia. Estaban como querian, diocesis, capitalinos, provincia, viño, repolos, tartas, productos de lamer (en francés) y de la mar (en español) homes libres, mulleres non tanto, garañons, bestas, cabritos, salmons, troitas... non sigo porque chegarei os lupanares do bispo do Quixote e ainda non é tempo.

Alfonsius que era un Rey Colloúdo viña con unha pandilla de moito caraiou, para completar o instrumento fálico, Andrades, Castros, Osorios, Montenegros, Luaces... moitos machos cabrios para pouca población, diezmada na época polas grandes enchentas de cocido donde se lle rendía culto o cocho (tradición que ben desde aquela). Moito lio entre estas casas feudales, invito eu, non!... invitou eu... asi sempre... non se poñian de acordo para facer as enchentas... hasta que lle pediron permiso o Rey para facer o botellón... estos como eran moitos (chamaronse Irmandiños) fixeron tan grandes os botellóns que tiraron casas, castelos e todo o que se lles poñia por diante... foi unha época interesante hasta que un señor feudal non quixo botellón e mandou parar todo. Foi Pardo de Cela, dos de Cela de toda a Vida, do lado de Irixoa de Betanzos e non de Cela de Rábade. Este deu moito que falar, xa que non estaba a gusto co botellón, gustáballe a lambada, o baile de Georgi Dam e peleou cos que viñan de Castela, que introducian outros ritmos e outras formas de facer festa. O que se chamaria despois os guateques. Non a gusto con este pardo de Cela, cortaronlle a cabeza en plena praza da catedral, a muller non a deixaron pasar da ponte, que se chamou despois a ponte do pasatempo. A cabeza foi rodando cantando un rap... credo... credo... credo... os que ali estaban, os trovadores e xuglares escribiron poemas, cancions e leendas.

Do século XV ó XVIII

Despois todo foi distinto. Mondoñedo prosperou. Antes teño que decir que Pepe o da fonte vella que era fraile, (antes era monaguillo) foi con Cristobal Colón a descubrir América, e descubreuna... de ali trouxo o millo, as patacas, e a sífilis. Que morreu con ela. Non a soltou.

Tamén olvidamos o Rei Cintolo, Cintoula ou centolo. Gran home, queda dito porque lle chamaron así. Tiña unha filla que non se quixo casar co marido que lle preparou o seu pai o centolo, ela queria o rapaz que antes habia salido ca filla da Mariluz.

Pero Pardo de Cela a punto de ser executado polo enviado dos Reis Luteranos, Alberto Núñez Feijóo.

Mondoñedo cos católicos, logrou chegar a ter tres lupanares (un deles nas propiedades do obispado en alquiler), imprenta, grandes restaurantes, edificios, fontes de auga gratis... anos mais tarde un obispo intentou traer o mar, para ter as necoras, pescar lubinas e comer mejillons e percebes o lado do palacio de buen aire. Este palacio de buen aire mais tarde foi centro de desintoxicación de fumetas. Este bispo, tivo a enfermedade do mar e tamén da pedra...fixo grandes construcions de canteria...

O século XIX

Chegaron os franceses... falando francés, naturalmente. Instalaronse no seminario. Foronse rápido. Ningún se fixo seminarista. Mais tarde o Obispo Borricón, que era Carlista. É decir que lle gustaba o cognac Carlos III. quixo empezar unha guerra ca liberalizada Sabela segunda. A partir de aqui naceron os séculos mais grandes da literatura de Galicia, de España e de Europa... poidese decir tamén do mundo... viñeron de outra galaxia, Noriega Varela, Leiras Polbeiro, Lence Santar, Aquilino Iglesia, Spiderman, Manolito Montero, Tarzan en pelotas cas maos nos petos... e asi tantos como Pascualiño Veiga, ca sua alborada, ou da composicion da música do Himno de Galicia. O capitán e lider de todos estes extraterrestres era un tal Cunqueiro, chamaronlle asi porque gustáballe beber o viño do ribeiro en cuncas de madeira. Temos que decir tamén que aquí na catedral había nenos do coro. Un cativo de este coro sacáronlle os huevetes para que conservara a voz. De aquela non había as pastillas juanola nin os caramelos Prains.

A Historia de Mondoñedo non acaba eiquí. Seguro que cambia si toca a loteria de nadal ou a de Reyes (esta xa tocou pero a 10 veciños na mais). O número que xogan os Mindonienses é un número de unha matricula de un camión que tiña un tio de masma. Entre tanta espera, Mondoñedo seguira acampanado, digo acampanado porque é o sonido mais fermoso da cidade. A Paula a prima...e outras mais na catedral, a das monxiñas... a dos Remedios... campanas, campanitas campaneros. Sir Colastro y ahora Sir Valentin tin tin (no confundir con rin tin tin) que nos manteñen avisados de actos e da hora. En Mondoñedo naide leva reloj, para qué ?... si hay tres... o único que temos que facer é contar.

Merlín e Álvaro Cunqueiro de picos pardos en Mondoñedo city.

Xa está ben de contos, si en vez de leer esto, estivérades traballando ou contando cartos, ou collendo as patacas, ou sulfatando para a leva, ou simplemente rascando algo (non me refiro o rasca rasca da Once) pero bueno tedes que coñecer a historia verdadeira do mintireiro verdadeiro de Mondoñedo xa que algún día si vas a un programa de tv, saliran preguntas sobre Mondoñedo o igual que a un posto da Xunta ou simplemente para ser maestro, bombero ou simplemente desgalipédico. Ala a mamar viño como os romanos a Masma. Unha tartiña, un poquiño de pan e moito latin.

Patrimonio histórico e artístico local

Artigo principal: Catedral de Mondoñedo.
  • Catedral mindoniense: desde onde Gea Escolano domina toda a Galicia nororiental. Agora jubilado Gea en Peru. Esta Don Manuel que veu de Palencia, jefe supremo da diocesis, Don Pedro, Dean da catedral e Valentin, jefe do campanario. No órgano (especifico "musical" por si acaso) no organo esta o cura de Masma. No museo, a condesa italiana Simoneta a do relójio. Este equipo gañou a champión cando veu a dirixir a adoración nocturna Pepe Lagüela, amigo meu. A catedral ten un gran archivero, moitos títulos, Cal Pardo, con moitos libros enriba. Coñece ben a historia, incluso cando Camariñas era do Obispado de Mondoñedo. Moitos encaixes e curas deu Camariñas a Diocesis de Mondoñedo-Ferrol. Igoal que Melide e Arzúa, que sempre foron Mindonienses.
  • Hospital de San Paulo: hospital da Idade Media (ves? non estaban tan atrasados!) feito por un friki da Casa de Sarmiento obsesionado pola pedra (ou China, de haxix) que mesmo tentou traer o mar até aquí pero un día indo co coche por unha congoistra deuse un golpe contra dun golpe (raposo) que pasaba por alí.

Aquí viven as xentes mais encantadoras de Mondoñedo, mais simpáticas, mais buenas. E a casa donde vivía Prim.

Artigo principal: Mosteiro dos Picos.
  • Mosteiro dos Picos: onde os ionquis comezan o Camiño do Jacoveo (jaco quiero).Este Mosteiro fundado alo polos anos de 1348 por unhos cartos que deixou unha difunta señora da Terra Cha. Seguro que foi en pago de moitos pecados, lujurias e desamorios. Ten dous nomes Mosteiro dos Picos ou Mosteiro de San Martiño de Vilalourente. ë decir que ali estaba a vila de Lourenzo (eu coñezo un de Mondoñedo, pero é de esta época do seculo XXI, non ten nada que ver co século da construcción. Por alí andaba ou debeu de andar San Martiño, o santo varón que curou moita fame, O santo do que todos queremos, dende o rabo asta o fuciño.
  • A Alameda: do século XVI onde un fidalgo comezou a festa dos árbores (ves? a ecoloxía xa ven de antes). E tamén foi o prototipo dos campos das festas e feiras. Aquí fanse, promocionanse, ejecutanse as millores festas e feiras do mundo cristian. As quendas, Os Remedios, As San Lucas. Feirantes, amigos do pulpo, amigos e amigas enamoradas, músicos, bailadores, bebedores, folladores (recolledores de follas no outono), e outros tantos que veñen as festas e feiras.
  • Mosteiro de alcántarilla. Foi convento. Agora é a sede da orden terceira por un lado, o Xulgado polo outro e por outro unha iglesia que perdeuna o obispo en unha noite de xeada e ganouna o alcalde. Alí o alcalde fixo un centro de interpretacion. Fotos donde había santos, musicas donde estaba o coro,
  • Convento da concepción: onde ían parar as mulleres díscolas da nobreza a concebir ás agochadas trobadores seductores.
  • Santuario dos remedios: onde ían as persoas que crían na maxia e non na menciña.
  • Pazo de Luaces: onde se inventou o estilo de literatura gótica isabelina inglés, que é mais cool!
  • Consistorio vello: o antigo edificio do concello, onde facían misas negras cun san roque pra que a xente non enfermase do andazo en vez de invertir en I+D...
  • Fonte Vella de Álvaro Cunqueiro: aquí consérvase en salmuera ao escritor.
  • Ponte do pasatempo: onde o tempo transcorre mais rápido do que parece, foi descuberta ao mundo por Fox Mulder.
  • Museo do mago Merlín: onde se conservan as súas cuecas de seda dental coas que facía feitizos de gran poder.

Xeografía

Mondoñedo está asentado nun lugar telúrico, onde as forzas galácticas se asentaron xa fai séculos. Por enriba temos auga das nubes, por abaixo tamén temos auga das que nacen as fontes. Está no medio do val, donde converxen as montañas de Cesuras e Zoñan, de Maariz e Argomoso, de Lindin (nótese que esta parroquia foi fundada por un que veu con Marco Polo da China). Montañas sobran... o que queira chaira que suba aló enriba, despois do Fiouco, donde un cristo divisa o mar e todo o val e polo outro a Chaira. Alí no Fiouco hay un regato (menuda putada para él) desemboca no río Miño e vai camiñando hasta Portugal. Si por unhos metros caéra hacia argomoso, enseguida se pon no mar, non lle fai falla ir a Portugal.

Alfoz Foz Lourenzá
Alfoz e Abadín Rosa dos Ventos.svg.png Lourenzá
Abadín A Pastoriza Riotorto

Os camiños todos son de costa enrriba e de costa embaixo, algúns fron feitos polo Imperio Romano e outros polo Galaicos, outras son corredoiras dos petroglifenses... por ali as calzadas, corredoiras, camiños, pistas, autoroutes, routes e demais confluen na catedral como eixe do Mundo. O Camiño de Santiago de Compóntelas como puedas, pasa por Mondo, donde os perejrinos facian xornada espiritual, e outros (os mais) xornada cas amigas do obispo citado no Quixote (o Lupanar era propiedade de dito Obispo...)

Demografía

Mondoñedo esta situado en unha rede aerea de navegación. Miras para arriba e ves as estelas dos avions que veñen e van de Canarias para Anglaterra, Souecia, Nouruega... Moitos son os que pasan por enriba dos mindonienses que por certo teñen varios xentilicios:

  • Mondongueros: Dícese dos habitantes que habitan en tempos de foliada (con gaita) en estos paraxes do val de Brea. Van de misa en misa, de misa o traballo e do traballo a taberna e da taberna para a casa donde fan rock and roll ca parenta. Cando non é tempo de foliada chamanse así mesmos "Mindoñienses" e para outros "Mindonienses". Poiden ser masculinos e femeninos (algún poide haber do outro lado e do lado outro)xente lonxeva con principios. Principios que veñen do Rey (non sabemos cal era o Rey, queda millor o Rey Sabio, encaixa millor co semblante do Mindoniense os que nos referimos. Aínda que o Rey das tartas era muy salado e doce).
  • Mondoñeros: chamanse entre eles cando veñen e van da montaña.
  • MondoÑedos: son os que estan fora facendo patria.
  • Mingañedo: home plenipotenciado, debido ós productos da horta.

Tamén solen chamarlle: él de Mondoñedo, la de Mondoñedo, cando salen por esos mundos. Son propensos ás artes, literaturas, músicas (parece ser que eso era antes. Ahora son juergas, comilonas e de cánticos de taberna). Teñen moitos parentes estrados polo mundo.

Clima

Clima montañés tinguido de aire mareante. O Pemán, agora Xubilado, sempre tivo problemas para acertar o pronóstico do tempo. Moi, Moi dificil e o tempo, cinco minutos son dez. Tempo de Maricastaña. Tempo húmedo... aquí neste tempo húmedo e de donde O Clima confundese sempre nesta zona co Climax. O Climax chega sempre que pasas Abadin con Sol e chegas a Mondoñedo envolto como si fora un perservativo con esa nieblina mollada que te leva o Climax. Climax de desesperación de con este tempo non ter nada que facer e meterte na cama. Eso, pois eso... ¡non se poide falar mais!,de qué?, de eso... de meterse na cama (aconsellase con alguén) porque cada un é cada un. Unhos con paraguas, outros sin eles, unhos con pluma outros sin ela... outros en cinco , outros en vinte... así é o clima de Mondoñedo, húmedo e seco cando ven o vento.

O aire é mareante, mais ben eu diria afrodisiaco, como cando ven a nube da leva das patacas, que entra e impregnase nos habitantes e nos toristas que veñen.. alaaa... os leva o Climax (algún ten efectos secundarios de artrosis, reuma, pero ben vale a pena). Un bon negocio para os que viven do turismo, é o aproveitar as condicions climáticas afrodisíacas de Mondoñedo. Xa o decia sempre o Peman..." no norte de lugo gran chubasco do 93 que veñen da bodega rioxana, ventos floxos con suspiros de xamón, nieblas orballadas o licor café, e para a cama... e ata mañan".

Fauna e flora

Osos pardos e maruxiña. Polas noites andan lobisomes, cervizomes, páxaros nocturnos e escornabois. Tamén andan homes e mulleres rosados, abiduados e enroblecidos. Eso é o que dicen, mais si un anda por Mondo lirondo encontrará gran variedade faunística, homes e mulleres esbeltas, gorditas, maduritos, pequeniñas, altitos... con tez morena os que traballan a terra, blancos (aparte dos que teñen o apelido) algún que outro indio (indiano) que viñeron de Marrocos, que son a nota diferente.

Tamén poidense encontrar algún caiman, alacran, ainda que son excasos habelos hainos como as meigas que andan pola noite groña que groña intentando rezar un padrenuestro. Paxarós negros cada vez menos, no seminario dous ou tres... eso sí con moita fe.

Xudios poucos, moitas xudias nos campos e leiras de rama alta e baixa. Ramón o do fertimón amigo do cura anda nelas, gustanlle moito. De vez en cando veñen os pulgons a facerlles unha visita as xudias, pero o cura do fertimón dalles con padrenuestros e avemarias e marchan todos. Confesa con xestas e toxos,para facer as penitencias. Nade se escapa. Flora, xa non quedan, despois de morrer Florita, que eu sepa.

Agora en Mondoñedo ainda hay Rosas, Azucenas, Begonias, Silvias... xa non é a flora de antes agora todos son nomes raros. Sobre vegetales e herbas, temos polos campos moitas festucas (unha herba non unha festa) raigrases, entre delas temos labazas (moitas labazadas ten dado o cura do fertimon os seus ferigreses), dentes de León, e meruxa... moita meruxa que acaba cos conexos. Pobres coellos, en femenino sona millor conexas, que coellas.

Os que veñen daló enriba da zona de Vilalba teñen un dito. Vilalba curral de vacas, Mondoñedo de cabritos, Lourenzá de embusteros que tres pueblos tan bonitos... é así pasan os da fauna resumida entre lobisomes, escornabois, osos pardos, maruxiñas volvoretas, cervizomes e dende logo moitos páxaros nocturnos que veñen de troula. Polo día non hay esta fauna debido os páxaros negros que o impiden, son os que mandan na catedral Menos mal que quedan varias palomas pero estás están escorrentadas polas javiotas que viñeron de fin de semana e quedaronse para sempre. Mecajo no mundo como me poñen o coche, debian de ir cagar as leiras para abonalas.

Olvidábame da fruta da pasión, que ben se dan o limón limoeiro enteiro me gusta máis, os alquenquenjes e os nabos. As cebolas impresionantes no horteiro que ben se dan cos percebes. Os anxeles cando cortan o pelo deixan o seu cabelo na confiteria para facer as tartas. Fauna e flora, flora e fauna, poide que se queden animais, paxaros, arbres e arbustos no tinteiro pero da igoal, hay abondos.

Parroquias

V  C  E h
Galicia Galicia | Provincia de Lugo | Parroquias de Mondoñedo
Escudo de Mondoñedo.jpg
Argomoso (San Pedro) | O Carme (Nosa Señora do Carme) | A Couboeira (Santa María Madanela) | Figueiras (San Martiño) | Lindín (Santiago) | Masma (Santo André) | Mondoñedo (Nosa Señora do Carme) | Oirán (Santo Estevo) | Os Remedios (Nosa Señora dos Remedios) | San Vicente de Trigás (San Vicente) | Santa María Maior (Santa María) | Santiago de Mondoñedo (Santiago) | Sasdónigas (San Lourenzo) | Vilamor (Santa María) | Viloalle (Santa María)

Véxase tamén

60px-Bouncywikilogo.gif
Para os usuarios sen sentido do humor, os nerds de Galipedia (a nosa sátira autorizada) ten un artigo pouco fiable sobre: Mondoñedo.

Outros artigos


V  C  E h
Concellos da Comarca da Mariña Central
Mariña Central
Alfoz
Alfoz
Burela
Burela
Foz
Foz
Lourenzá
Lourenzá
Mondoñedo
Mondoñedo
Valadouro
O Valadouro
V  C  E h
Galicia Galicia | Provincia de Lugo Lugo (provincia).svg.png
Provincia de Lugo en debuxo.jpg
Abadín - Alfoz - Antas de Ulla - Baleira - Baralla - Barreiros - Becerreá - Begonte - Bóveda - Burela - Carballedo - Castro de Rei - Castroverde - Cervantes - Cervo - Chantada - O Corgo - Cospeito - Folgoso do Courel - A Fonsagrada - Foz - Friol - Guitiriz - Guntín - O Incio - Láncara - Lourenzá - Lugo - Meira - Mondoñedo - Monforte de Lemos - Monterroso - Muras - Navia de Suarna - Negueira de Muñiz - As Nogais - Ourol - Outeiro de Rei - Palas de Rei - Pantón - Paradela - O Páramo - A Pastoriza - Pedrafita do Cebreiro - A Pobra do Brollón - Pol - A Pontenova - Portomarín - Quiroga - Rábade - Ribadeo - Ribas de Sil - Ribeira de Piquín - Riotorto - Samos - Sarria - O Saviñao - Sober - Taboada - Trabada - Triacastela - O Valadouro - O Vicedo - Vilalba - Viveiro - Xermade - Xove