Monte Pindo

De Desgalipedia
O Monte Pindo no seu esplendor.

O Monte Pindo é a montaña sagrada dos galaicos e a mais alta da Costa da Morte (666 metros).

O Monte Pindo mitolóxico[editar]

Pra mitoloxía castrexa o Pindo era o lugar de reunión ou corte dos deuses castrexos, presididos por Lugh. Os castrexos crían que anel existían castelos de cristal onde pasaban as vacacións cando se xuntaban todos.

Como ocorre con outros aspectos e elementos da mitoloxía, o número e identidade dos deuses que habitaban ese Pindo (o chamado «Concilio dos Deuses») é impreciso de acordo coa tradición. Orixinalmente, parece que seu número era de 12, sendo este un listado posible:

A tradición aumentou este elenco, añadíndose ós anteriores deuses como Matres, Coventina, Edovio, etc que foron reemplazando a algúns deuses para que o número de deuses Píndicos quedara estable en 12. Bandua, Cosso, Lugh, Navia, Deva e Reve foron sempre considerados deuses Píndicos.

Historia e lenda[editar]

Os megaliteiros colonizaron as súas faldas, séculos depoois o pobo petroglifense deixou alí as súas pegadas, os castrexos nin se cahegaron e fixeron caer varios tabús sobre a montaña ao ser un lugar sagrado. Mais na Idade Media este carácter só sobreviviu a través dunha pequena capela, a montaña sería logo colonizada por varios castelos que vixiaban as chegadas de piratas turcos e lordomanis. A finais da época medieval os irmandiños destruíron os castelos e non voltou ser habitada nunca mais.

A mitoloxía castrexa dinos que esta montaña foi elexida como lugar de reunión e Corte dos deuses debido á era unha excelente atalaia do Fin do Mundo e así atoparse cerca dun lugar de poder. Debido ós problemas herdados polos oestrymnios os deuses galaicos uníronse a través da política matrimonial de casar aos vinculeiros de cada familia de deuses, polos Aesir foi Lugh e polos vanar Navia. Este matrimonio divino uniu aos deuses baixo o mesmo teito da casa de asembleas e xuntos organizaron o cosmos e mataron a centos de monstrons fillos do caos.

Os deuses castrexos no Monte Pindo liándoaa parda.

As tensións do grupo eran tratadas con terapia de grupo e si non en combates singulais de herois a ostia limpa, pero as mais da veces estaban a ben e só s etiraban trastos á cabeza por deporte (excepto Cosso que sempre andaba á gresca), deste punto de reunión e convivencia asembearia xurdiron varios ciclos mitolóxicos ou aparecen neles:

  • Ciclo mitolóxico compostelán: a Raíña Lupa ten aquí un telescopio e refuta a existencia apotropaica dun "camiño das estrelas" paralelo ao camiño do apóstolo Santiago.
  • Ciclo mitolóxico de Camalo de Coeliobriga: cando éste fuxe de Lugo ante as tropas romanas e se dirixe cara Fisterra pra poder cachar mais poder facendo peticións ao deuses do Pindo.
  • Ciclo do Barbanza: unha pelexa metafórica entre diversos ríos por alimentar as faldas do Pindo evoluciona cara unha xusta poética e logo un combate que gaña o Xallas.

Debido a ser asento do matrimonio divino de Lugh con Navia este lugar foi considerado sagrado (Manuel Murguía chamoulle "Olimpo celta" porque tiña cerca unha casa rural e así aumentaba o número de turistas) e dador de riquezas, razón pola cal ían moitas mulleres a facer orxías pra preñar canto antes.

60px-Bouncywikilogo.gif
Para os usuarios sen sentido do humor, os nerds de Galipedia (a nosa sátira autorizada) ten un artigo pouco fiable sobre: Monte Pindo.