Montevideo

De Desgalipedia
Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: Montevideo (homónimos).

Montevídeo é a capital de Urukhai (en castelán Uruguai, non confundir con Paraguai) case enfronte de Bos Aires.

Orixe do nome[editar]

Existen múltiples explicacións acerca do nome friqui desta cidade:

  • Monte videu: un pailán que estaba no alto do mastro dunha nave marítima española viu un monte e así llo berrou ao capitán, que estaba de resaca e lle puxo directamente ese nome porque non podía pensar noutra cousa mellor.
  • Monte Vidi: o contramaestre na nave Star Trek afirma ver no seu diario de bitácora esteral que viron por aquí un monte en forma de sombreiro... ou sería un Ovni!!?!?!?!?!?!
  • Monte Ovidio: xa que no seu alto o Imperio Portugués puxo un templo na honra a San Video, o santo varón que case mata ao cine.

Historia[editar]

O Imperio Portugués puxo aquí unha fortaleza pero o Imperio Español tiña enfronte unha colonia polo que estes comezaron a lanzar crucifixos ata que conseguiron espantar aos portugas. Logo repoboouse esta zona con guanches e logo meteron seus criados (indios guaranís) e escravos (negros do Kongo) e viñeron as típicas guerras do XIX entre caciques seguidas da paz e dos negocios e unha ditadura de milicos e agora e monos.

Véxase tamén[editar]

60px-Bouncywikilogo.gif
Para os usuarios sen sentido do humor, os nerds de Galipedia (a nosa sátira autorizada) ten un artigo pouco fiable sobre: Montevideo.

Outros artigos[editar]