Monxa

De Desgalipedia
Monxas xemelgas.jpg

Monxas son seres da raza vaticanvs que loitan por impoñernos o ben. Viven de vender bebés de prostitutas a familias ricas, asi como de subvencións do goberno lle dá por coidar a persoas (cando en realidade as teñen escravizadas limpándolle a residencia).

Historia[editar]

A finais da Antigüidade uns xudeus cosmopolitas inventaron o cristianismo e cando chegaron á capital do Imperio Romano viron que os paganos tiñan sacerdotisas e eles non, asi que inventaron o concepto de monxa, copiando o sistema de mulleres virxes que se adican a coidar os templos e ían subindo na xerarquía de sacerdotisas, mais os apóstolos organizaron o cotarro de tal forma que unha muller entraba como monxa e ahí quedaba xa que non lles deixaban dar misa porque podían atraer ó demo cos seus corpos.

Na Idade Media os conventos de monxas colleron moita faa porque eran os únicos hospitais e porque eran lugares seguros pra meter neles ás fillas antes de casalas e que tiveran o virgo intacto, e mesmo usalos como prisións de mulleres que non querían facer o que quixeran os homes. Excepto en Italia onde as monxas mesmo tiñan serventes sexuais e facían o que querían. Durante a Idade Moderna xurdiron moitas subespecies que fixeron amplikar o negocio e especializáronse en diferentes sectores (coidado de enfermos, ongs, misioneiras, floreiros no Vaticano, médiums da Virxe, espiritistas, limpaigrexas, limpacatedrais, educadoras, ect) pero nunca no de dar misas e moito menos ser bispo... ou papisa!!

Morfoloxía[editar]

Trátase dun mamífero de tamaño medio e amorfismo sexual, as súas extremidades inferiores contan cunha membrana interpernal que as fai practicamente inviolábeis, excepto pro vikingos, aínda que algúns as confundían con pingüíns.

O seu corpo vése recuberto dunha pel de cor variada según a especie según sexa dominicas, fraciscanas, marijuanas...) o colo e cabeza atópase cuberto cunha toca a maior das veces branca.

Distribución e hábitat[editar]

En Europa e América soen vivir en reservas especiais chamadas conventos (os mosteiros foron abandoados ó ver que xa non tiñan de onde chuchar) mais en Asia, África e Oceanía atópanse en liberdade e cada ano aumentan os casos de persoas atacadas por elas.

En tempos recentes, Idade Media e Idade Moderna, o seu número era moi alto debido a que as inversións ían destinadas a elas en vez de a I+D, razón polo que os reinos ficaban no Terceiro Mundo e non progresaban e así podían seguir vivindo da superstición da xente e decindo que Deus falaba con elas todos os días.

Bioloxía e comportamento[editar]

Alumnas lesbianas coa madre na ferrovía.jpg

As monxas pasan gran parte do seu tempo rañando a cona (só Deus sabe onde a agochan) e están inactivas durante 20 horas ó día (por iso no século XIX se produciu a Desamortización de Mendizábal pra que as súas terras incultas fosen de proveito pra outros qe si traballan). A súa actividade álxida soe darse os domingos pola mañá, cando o bispo fai un chamamento á Guerra Santa contra o goberno socialista de turno e cando ven de visita o Papa á súa zona e hai que encher as prazas pra que se vexa na Televisión que todo o mundo é católico.

Organización de grupos[editar]

As monxas son predadores carnívoros dun só tipo de organización social, todas son monxas pero seguen ó pé da letra unha xeraquía interna basada na contactoloxía (ou sexa aquele que ten mais contactos co bispo ou confamilias pudientes é a que chega mais alto) aínda que de portas afora din que rexe unha democracia interna:

  • Nai superiora: a gobernanta do convento, antes soia ser a muller que creaba e doaba ó convento varios millóns de maravedíes (como a nai de San Rosendo).
  • Nai: monxa que xa leva uns anos no convento e sabe os trucos pra poder acceder ás celas das novicias e violalas facéndolles crer que están vendo á virxe, son as que ostentan graos de poder no mosteiro.
  • Sor: ou cabo chusqueira, encárgase de fabricar sen ton nin son miles de pasteis de marihuana pra ir de porta en porta drojando infieis e así bautizalos á forza e crear miles de católicos.
  • Irmá: aquí é cando a muller se convirte en monxa e lle cambian de nome pra que a Xustiza non lle faga pagar as sáuas responsabilidades penais, convirtíndos en muller de Xesús de Nazareth (curiosamete este caso de necrofilia non está penado en ningures).
  • Novicia: persoa que entra no convento e se dispón ser monxa tras un sutil lavado cerebral (escoitar demasiado a COPE ou ler panfletos haxiográficos da sanería).

Caza e dieta[editar]

Soen cazar a pobres incautos como bebés (pra vendelos a familias de burgueses ricachóns con incompatibilidade xenética debido á endogamia) políticos do PP e PSOE que lles dan subvencións, almorzan a bloqueiros e rojos e algún orfo que lles sobra das súas sacas ds hospitais e residencias que rexentan.

Ciclo vital e reproducción[editar]

Sóense reproducir por mitose, unha monxa crea a súa propia copia e a envia a outro convento da súa orde.

Comunicación[editar]

Subespecies[editar]

Antigas
  • Carmelitas:
  • Concepcionistas:
  • Benedictinas: seguen as regras de San Bieito de rezar e non traballar (Ora et non labora).
  • Franciscanas: fillas do jipi ácrata San Francisco.
  • Clarisas: adícanse ó negocio do Ocultismo grazas á súa clarividencia.
  • Mercenarias: que a cambio duns euriños vanlle pegar unha malleira ó veciño.
Recentes
  • De Belén: creadas polos Estado de Israel pra secuestrar nenos palestinianos e facelos pasar por xudeos.
  • Da Asunción da Virxe: cando a Virxe María foi secuestrada por Deus deixou varias copias dela soltas polo mundo pra que ninguén denunciase a Jehová.
  • Cartuxas: saidas dunha mala lectura da Cartuxa de Palma de Stendhal.

Na cultura[editar]

Películas sobre Monxas[editar]

O cinema e as monxas sempre tiveron moito aquel, así a mediados do século XX producíronse moitos filmes con monxas:

  • Satánico Pandemonium de de Gilberto Martínez Solares:unha monxa entrega a súa lama a Deus e seu corpo ao Demo.
  • Alucarda, de Juan López Moctezuma.
  • Os Demos, de Ken Russell.
  • Nai xoana dos anxos, de Jan Kawarelowicz.
  • As poseídas polo demo, ou a Monxas de Clichy, de Jess Franco.
  • Entre monxas anda o demo.
  • A bela Antonia, primeiro monxa logo dema
Dios1.png Importante! Nosa Señora de Desgalipedia quere a súa atención:
Deus quiere que este artigo sexa ampliado
Falta información sobre:
Rematar o artigo

Desgalería de monxas[editar]