Moraña

De Desgalipedia
Moraña
Escudo de Moraña
Cultistasmoraña.jpg
Adoradores de Cthulhu enchendo de billetes a lapa de gargantáns e ofrecendo sacrificios de cordeiros ao espeto.
Situación
Situacion Moraña.PNG
Xentilicio[1]
Xeografía
Provincia Provincia de Pontevedra
Comarca Comarca de Caldas
Poboación hab. (2019)
Área km²
Densidade hab./km²
Entidades de poboación
Capital do concello
Política ()
Alcalde ()
Concelleiros BNG:
PPdeG:
PSdeG-PSOE:
Outros:
Uso do galego[2] ()
Galegofalantes 80 %
Páxina web oficial
  1. Véxase no Desgalizionario.
  2. Datos dos tempos de Manuel Fraga publicados en 2019, ou non.

Moraña é un concello da provincia de Vigo. Atópase na taiga pontevedresa antre o mar e a Dorsal galega, aquí pacen cabras, ovellas, gamusinos e vacas o malo é que todavía existen Fragasauros e son moi depredarores e aínda por riba os da ICONA non deixan cazalo.

A tan mentada lapa de Gargantáns en realidade é un marco antre os dominios de San Martiño e San Pedro, para que non se pelexen cando van "visitar" a Santa María (logo si pasa algo bótanlle a culpa ao espírito santo).

Historia[editar]

Moraña foi fundada por Pepe Eiras, que lle puxo este nome pra que turistas despistados viñeran por aquí en vez de iren a Moaña, seu invento tivo éxito e moitos viñeron a ver a Lapa de Gargantáns (con vana ver a Torre Eiffel ou Stonehenge) sendo sacrificados algúns ao deus do Capitalismo pra que viñeran mais.

Na Antigüidade os Galaicos de por aquí vivían do que daba a terra sen roubar a ninguén ata que viñeron os Romanos, que colleron á xente e á levaron ás súas minas de ouro mentres traían para aquí a outros poboadores, o coidado dos cabalos abandonouse (enviáronse todos a correr ao Coliseo e para zoofilias do empreador Caprón) e durante séculos os romanos encheron esta zona de estradas e pontes para poder levarse todo o de valor para Roma.

Na Idade Media os suevos independizaron estas terras dos hipócritas romanos e as puxerona producir, introducindo inventos varios(arado cadrado e a matanza do porco) que aumentou o PIB local e creou novos alicientes para a poboación, ata que fomos invadidos polos Visigodos e despois os Moros, que se levaban de aquí o Peito burdelo ata que comezou a mal chamada Reconquista (cando debería ser chamada guerra civil española medival entre españoles cristiáns e españoles musulmáns).

Os distintos reises regalaron estas terras a varios monxes franceses, que puxeron a traballar nas súas terras aos labregos, polo que éstes perderon as súas terras e ao final os mosteiros foron os terratenentes galegos ata que no século XIX a revolución industrial liberou ao campesiñado e á burguesía, creándose o Capitalismo e os monxes perdendo as terras, ata que os labregos puideron mercalas cos cartos traídos da emigracón a Cuba e Arxentina, de onde tamén se trouxo a democracia a Españistán pero ao final entre militares e curas impuxeron un sistema de dominación a través do Opus Dei e a Garda civil durante o reinado de Franco.

Xeografía[editar]

Moraña atópase en... isto, eh... en... si xusto AHÍ!!!

Flora e fauna[editar]

Grazas á despoboación rural o número e variedade de flora e fauna multiplicouse nos últimos anos, chegando especies novas como o cancadrilo que fan da selva morañesa un agradable safari.

Economía[editar]

Moraña vive dos turistas/peregrinos que veñen á casa de Sta Xusta de Moraña ex-bruxa metida a exorcista e botadora de mal de ollo, tamén adorada polos wiccanos que a ben como unha meiga das boas que loitou por un mundo mellor.

Actualmente Madrid entregou a economía galega aos piratas da Unión Europea, coa Cuota láctea e a baixada de prezos deixouse de viri ben no campo e houbo que emigrar a Coruvigo.

Parroquias[editar]

V  C  E h
Galicia Galicia | Provincia de Pontevedra | Parroquias de Moraña
Amil (San Mamede) | Cosoirado (Santa María) | Gargantáns (San Martiño) | Lamas (Santa Cruz) | Laxe (San Martiño) | Rebón (San Pedro) | Saiáns (San Salvador) | San Lourenzo de Moraña (San Lourenzo) | Santa Xusta de Moraña (Santa Xusta)

Lugares de Moraña[editar]

Patrimonio de Moraña[editar]

  • Menhir en Gargantáns: pedra de case dous metros que serve para conectar co Outro Mundo, abrir portas interdimensionais, buracos de gusano e outras menudencias. Na súa coberta ten debuxos pornográficos e varios penes.
  • Os Miragres de Amil: onde hai unha importante romería, con templo de estilo falso clasicismo e altar maior estilo soviético metaloplástico, así con murais de estilo psicotrópico pintados polos The Beatles.
  • Torre de Amil: pegada á casa reitoral e igrexa barrocaca, antes era un casteloonde se gardaban tesouros virxinais.
  • Penedo grande do Outeiro: onde van as parellas foder no coche mentres ven postas de sol sobre a paisaxe estilo ianqui.
  • Rectoral de Cosoirado: onde viña facer conxuros Aleister Crowley.
  • Pazo de Buzaca: agora convertido en discoteca e lugar de orxías de sociedades segredas tipo eyes wide shut.
  • Carballeira de Santa Xusta: onde se reúnen os druidas facer ofrendas nas árbores e ver o futuro previo sacrificio humano, así como orxías escandalosas e akelarres de meigas.
  • Festa do carneiro ao espeto: orxía papatoria na carballeira (outra vez?) de Sta Luzía.
  • Festa do porquiño á brasa: tamén en Amil, outra papatoria con orxía na carballeira de Amil (a mil por hora).
  • Rapa das bestas de Amil: acósase sexualmente aos cabalos e se levana un fanum, un recinto pechado sagrado onde se ofrendan cabeleiras de cabalos ao deus Cosso.

Véxase tamén[editar]

60px-Bouncywikilogo.gif
Para os usuarios sen sentido do humor, os nerds de Galipedia (a nosa sátira autorizada) ten un artigo pouco fiable sobre: Moraña.

Outros artigos[editar]


V  C  E h
Galicia Concellos da Comarca de Caldas
Comarca de Caldas
Caldas de Reis
Caldas de Reis
Catoira
Catoira
Cuntis
Cuntis
Moraña
Moraña
Pontecesures
Pontecesures
Portas
Portas
Valga
Valga
V  C  E h
Galicia Galicia | Provincia de Pontevedra
Situacion Provincia de Pontevedra.PNG
Agolada - Arbo - Baiona - Barro - Bueu - Caldas de Reis - Cambados - Campo Lameiro - Cangas - A Cañiza - Catoira - Cerdedo-Cotobade - Covelo - Crecente - Cuntis - Dozón - A Estrada - Forcarei - Fornelos de Montes - Gondomar - O Grove - A Guarda - A Illa de Arousa - Lalín - A Lama - Marín - Meaño - Meis - Moaña - Mondariz - Mondariz-Balneario - Moraña - Mos - As Neves - Nigrán - Oia - Pazos de Borbén - Poio - Ponte Caldelas - Ponteareas - Pontecesures - Pontevedra - O Porriño - Portas - Redondela - Ribadumia - Rodeiro - O Rosal - Salceda de Caselas - Salvaterra de Miño - Sanxenxo - Silleda - Soutomaior - Tomiño - Tui - Valga - Vigo - Vila de Cruces - Vilaboa - Vilagarcía de Arousa - Vilanova de Arousa