Motoko Kusanagi

De Desgalipedia
Maior Kusanagi
Motoko Kusanagi cosplay.jpg
Perfil
Serie: Personaxe de Ghost in the Shell
Primeira aparición:
Última aparición:
Creado por:
Dobrado por:
Alcumes:
Pseudónimos:
Idade: 20
Sexo: Feminino.
Especie: Humano
Data e lugar de nacemento: 6 de novembro de 1998 en Toquío, Bandeira do Xapón.png Xapón
Data e lugar de morte:
Nacionalidade:
Clase:
Ocupación: policia cibertrónica.
Título:
Parentes coñecidos:

Motoko Kusanagi é unha muller cyborg policía, aparece no filme Ghost in the Shell.

Vida e cables[editar]

A maior Kusanagi pensando en entrar dentro túa.

Motoko Kusanagi naceu en Frieira (Xapón) no 2008, meteuse na policía porque habia moita flexibilidade laboral e os contratos normais eran unha merda escravizadora, asi que meteuse a funcionaria, meténdose na policía local pra poder multar ós políticos e peixes gordos da industria que foderan á sociedade.

Estando multando o audi con Ai (Intelixencia Artificial) de Alberto Núñez Feijóo foi atropellada brutalmente pola máquina, o seu corpo ficou tan desfeito que o presidente vendo que aquel acto do seu audi último modelo o podía perxudicar nas vindeiras eleccións mandou que ciborcizasen á axente de policía Kusanagi; foi así como o seu sistema nervioso central foi incluido nun corpo prostético.

Pra quedar ben ante a opinión pública deulle un bo oficio e de paso aproveitou pra metela na sección 9 formando parte do Ministerio de Interior (departamento de seguridade nacional) onde comezou a estudar a nova psicoloxía nacente ciborg humana e vestir coma unha puta, debido a isto último foi ameazada con infectala cun virus que lle fundise o cerebro e que vestise con maior rectitude moral; razón pola cal a partir daquel entón a maior Kusanagi comezou a facer o que lle viña en gana, fundindo a súa conciencia con delincuentes (o home que rie e Hideo Kuze) e despois coa mesmísma Rede, de tal forma que se convirte nunha especie de Deus postmoderno (tomando distintas persoalidades, corpos, máquinas, etc).

Desgalería de imaxes inxenuas da maior Kusanagi[editar]