Mouros

De Desgalipedia


Mouros
Mouro.jpg
Información
Nacemento Non se sabe.
Agudiña Bandeira de Galicia.jpg Galicia
Ocupación Andar de troula nas feiras de jeito invisíbel, as súas mulleres gostan de ligar con cristiáns pra logo comelos.
Cónxuxe Pedras máxicas que falan.

Cita1.pngQuizais quixo dicir: ElfosCita2.png
Google sobre Mouros

Cita1.pngEu falo todos os días con eles e danme consellos para o meu lookCita2.png
Lady Gaga sobre os Mouros
Cita1.png¿Queres unha subvención? Agarda que subo ao castro a falar cos mouros...Cita2.png
Baltar sobre os Mouros
Cita1.pngOs Mouros son unha civilización intraterrestre que vixía pra que nós non estragemos o universo.Cita2.png
Rafael Quintiá sobre os Mouros
Cita1.pngSon uns moinantes de moito carallo, o outro día roubáronme o meu gorrocóptero e a cambio déronme un torques de ouro!Cita2.png
Manuel Gago sobre os Mouros

Os Mouros son unha civilización de humanos que viven baixo terra e a veces soben arriba pra sodomizar facer intercambios culturais con moito talante cos humáns de arriba.

Orixe

Os Mouros foron creados por Breogán como forza de choque contra do Imperio Romano, ao seren vencidos refuxiáronse nos pozos-alxibe dos castros e comezaron a furar cara abaixo, onde deron con Buda, que lles ensinou artes marciais e como controlar o poder da mente.

Grazas á tecnoloxía oriental comezaron a facer maxia potaxia, creando grandes inventos pra humanidade:

  • Caralho francés: ou consolador, pra poder foder mellor nos romanos.
  • Grúas: pra lever os coches que os turistas deixan mal aparcados onda as antas.
  • Arqueoloxía: ciencia que serve pra andar entre os cascallos e que te vexan como un cintífico o resto de primates.
  • Hentai: pra que os da Xunta os deixen en paz censurándolles videos.

Grazas os seus poderes ultramáxicos suplantaron aos Xigantes e subían á superficie da terra pra falaren de cousas sen importancia cos nosos antergos, aos cales facían encargos frikis (como levarlles gando, auga...) e a cambio lles pagaban en ouro aos humanos coa perversa intención de facelos ricos e voltaren tolos, sobre todo cando as mulleres dos humanos deran en perguntar todo o tempo de onde sacaba o home os cartos ocasionando miles de divorcios, ou senón que cando as mulleres obtiñan resposta dos seus maridos da orixe do ouro, este se transformaran en Goma e explosionara dentro da aldea.

Hábitat

Típica moura agardando que pase un mozo pra facer que pase ao Lado azul da forza.

Soen vivir baixo terra onde teñen casas (ás que os labregos soen destellar se afunden moito o arado), gando, mulleres liberais e moito moito ouro (tanto que cho dan a cambio de calquera cousa, menos mal que o Imperio Español non os detectou); a veces as ruínas das súas casas e bases militares asoman cara afora, como os castros, e os seus fornos, as antas. É precisamente neses monumentos megalíticos, as antas, onde as mouras soen posar ao estilo Cristina Aguilera baillando con moita pouca roupa pra encandilar a mozos guaperas (non importa o seu estado civil).

Habilidades

Entres os mouros dase moita importancia a facerlles a bulra aos humanos superficiais, regalándolle ouro ou paseando baixo forma invisíbel entre eles e sodomizar ao can delagún deles. Tamén gostan de facer cousas en ouro dado que se aburren moito dentro da terra, e incluso deixan pezas de ouro en varios lugares do planeta pra confundiren aos historiadores, arqueólogos e piramidiotas.

As mouras polo cambio especialízanse en estar tudo o tempo a peinarse enriba dalgúnha anta ou dun dolmen agradando que veña algún mozo empalmado excitado polo brillo do seu tetas peine, ao cal liga con él e lle di que volte ao día seguinte, ao facelo o rapás atópase en vez dunha moura coa súa sogra que remata por ciscarlle os dentes polo chan do sartenazo que lle manda ao rapaz por puto.

Mouros na ciencia

Actualmente conceptualízase ós mouros usando diferentes perspectivas:

  • Como un fenómeno do que non se ten evidencia, pero que se pode manexar de manera rigurosa usando o método científico (terrabiologxía e «mouroloxía procientífica»).
  • Como un feito que se acepta como real e do que simplemente se debe acumular evidencias pra convencer a todos os non crentes (mouroloxía «popular» ou «comercial», chamada «mouroloxía acientífica»).
  • Como un fenómeno paranormal dentro do ocultismo (teoría menos aceptada por la ciencia ortodoxa e a maioría dos mourológos, xa que carece de obxetividade científica).

A opinión científica

Habitualmente os científicos non acreditan na existencia destes seres (sobre todo porque as testemuñas de ditas aparicións eran analfabetos), ademais os enfoques da mouroloxía son tan variados e carentes de humor que os científicos non lles fan nin caso, sobre todo porque non lles dan subvencións pra investigar iso, pero sí para saber si o lobishome de Allariz era un home ou unha muller.

A descripción das testemuñas

Reacción dunha persoa ao ver un mouro.

Normalmente son descritos como "mouros" os mouros, polo que varios filólogos da USC pensan (tras unha grande inxesta de peiote) que se trataba de seres pandimensionais, que a pesar de estaren mortos o seu Ka seguía manifestándose en forma de xel en lugares previamente habitados por primates semicivilizados, por outra banda os telecos do CUVI teorizan con que sexan ondas hertzianas mescladas con raios raios globulais en atmósferas ricas en radom, que xunto co Ba dos antergos habitantes dos castros e dos efluvios dos súas basuras materialízanse ante diversas persoas cun gen predeterminado.

Nembaragantes os labregos soen dicir que as mouras son mozas ultraguapas, e os mouros, pois oe, en canto ves un "sabes" que estás diante dun, algo así como cxando ves diante túa un bébedo, non lle preguntas se bebeu de mais, sabes positivamente que está bébedo (non é así Sue Ellen!??)

Tipoloxías clásicas

Humanoides

Un día velos en forma humana... ao día seguinte aparecen en forma de animal e danche unha couce no cú por chegares tarde.

Mouros

Soen vestir á antiga (E ése século cal é? o XIX, o XVIII, o II A. de C.?) son mais ricos que Emilio Botín, teñen poderes máxicos (por iso non usan telemóvel), gostan de pagar de forma sobre dimensionada calquera favor, pero nunca lles mentes a Ciberxesús, ao Papa, a Deus, ou a Facenda...

Mouras

Soen ser todas pelirroxas e ligar aos mozos pra bulrarse deles, outras veces fan encargos a algún humano pero como están tan pampos pola súa belezan fan mal o encargo, a moura non protesta pola falta de atención que lles prestan pero fai un agasallo envelenado, normalmente un consolador (que o paisano leva á súa muller sen saber moi ben o que é, e cando ela o proba o paisano queda sen foder o resto da súa vida coa dona.

Os mouros na cultura popular

Como te metas dentro dunha mámoa aparéceche un mouro!!!

Na mitoloxía popular os mouros soen aparecer como arquetipos do primeiro home, a primeira humanidade, que ergueron os megalitos, viven en castros, explican os nomes de certs sitios,etc, entre os mais famosos están:

  • Zas (heroe): que coas súas batallas dá lugar ó nome de Xurenzás(Boborás).
  • Birnarén: un mouro musulmán que remata sendo un dos mouros, xa que tiña preso a un galego en Madrid nunha arca e cando o galeguinho rogou á Virxe da Franqueira socoro, a virxe o teletransportou e Birnarén ficou él preso e encantado nun coto de penedos na Franqueira como se fose un mouro.

Os mouros son protagonistas de moitas historias de manga, cómic europeo, e videoxogos, onde cumplen un grande espectro de roles. Na literatura destacan:

  • A Táboa esmeraldina: de Méndez Ferrín, onde un mouro axuda ao protagonista a que a súa noiva se desenganche do abuso do consolador a base de conxuros de maxia moi sanguiñentos contra das súas inimigas, as Xáns do Arnoia...
  • Fodas Novas: de Rosalía de Castro, onde unha moura ao ver como o seu home vai á sega a Castela comeza a experimentar con cultivos tranxénicos na súa horta, pero o crego do lugar ao ver a lixeireza creadora da muller conspira xunto cos petrucios da aldea pra que mallen nela, ela fuxe a un castro onde Breogán a pon a mandar sobre o seu exército ao mesmo tempo que a convirte na súa "amiga íntima".

Nos videoxogos:

  • A lenda de Zelda: onde se da a coñecer a raza dos Hylianos, unha raza basada nos mouros, os cales son seres que viven no reino de Hyrule, un reino rico en maxia. Seu protagonista Link pertence a esta raza.
  • Final Fantasy: En diferentes xogos da saga los mouros tiveron algunha presenza (a demás de numerosos objetos como a capa de invisibiliade). No xogo orixinal, os heroes da historia viaxan ata Moureim, un reino poblado de mouros cuxo príncipe foi emmeigado por un crego chamado Astos. En Final Fantasy IV volve a aparecer un mouro, quen doou o cristal da terra do reino de Troia, polo que os protagonistas deben saber en qué língoa están as instruccións pra poñelo a funcionar. Mentres que en Final Fantasy XI hai una raza chamada Elvaan, que están visiblemente basados nos mouros, mentres que en Final Fantasy XIV o están nos Elezen. Tamén en Final Fantasy X existe unha raza chamada Guado, que vive en Celanova e ten rasgos e costumbres móuricos.
  • Lineage II: recoge la idea xaponesa por excelencia dos mouros. No caso do segundo existen duas razas xogables de mouros, los mouros celtas, asociados ás artes belas, e los mouros castrexos, relacionados coas maxias negras.
  • Gran Thef Auto, San Andreas: no cal o xogador a veces debe implorar ao smouros pra que éstes lle den ouro a cambio de atropelar algún humano, recibindo mais ouro se este humano está embarazado.