Nacionalismo

De Desgalipedia

Nacionalismo é unha idea que pon a unha nación como identidade dentro dunha comunidade humana, polo que un pobo debe ter un Estado.

Historia[editar]

Dita idea foi inventada durante o Romanticismo polo Imperio Británico co fin de que Napoleón Bonaparte lle saísen enemigos por todas partes e non quixeran estar subxugados por un imperio; mais a aidea fóiselles das mans e saltou a Portugal e España (que estaban en plena guerra contra o francés) e así os paisanos botáronse con mais ardor ós gabachos pra axudarlle ó exército inglés a derrotar a Naboleón.

A finais do XIX o nacionalismo callara tan forte nos países europeos que se lles foi a pinza e inventaron o Imperialismo, o racismo, o esclavismo (bueno, esto xa viña de atrás) o "destino manifesto" e demais parvadas que só serviron pra enviar a pobre proletarios a invadir terras afastadas pra que algún terratenente tivesen unhas cantas fincas máis nalgún lugar exótico do planeta Terra onde enviar ó fillo segundo (e así aforráronse moitas guerras civís entre fillos segundos e vinculeiros). Estes virreis e demais funcionarios da Coroa learaon canda eles o nacionalismo e llo pasaron a certas persoas ao ter relacións sexuais con elas, así xurdiu Ghandi, Arafat, Herzl, Vicente Risco, Sabino Arana, De Valera, Sun Yat Sen...

Por si fora pouco en Europa declarárase as guerras civís europeas do século XX (Primeira Guerra Mundial e Segunda Guerra Mundial) que feriron de morte ós imperios occidentais e moitas nacións puideron ser ceibes e ter o seu porpio estado (Galicia entre elas).

Tipos de nacionalismos[editar]

  • Nazionalismo: Persoas que se cren o millor do mundo mundial, que a teñen mais grande, que son mais listos, que son mais nazis que ninguén... evidentemente esta idea sírvelles pra disfrazar o seu complexo de inferioridade (como os gabachos cando se xactan das súas cousas).
  • Patriotismo: nacionalismo san.
  • Nacionalismo centrípeto: quere a "unificación nacional" (ou sexa que os do medio manden sobre os demais) das población con características comúns (gustos, relixión, sexualidade) que habitan en distintos estados e pretende este nacionalismo ir con ínfulas imperiais e ver enemigos por todas partes pra lograr que todos calen a boca e obedezana unha soa voz (caso de España, Francia, Italia, Marrocos, Portugal, Alemaña, etc)
  • Nacionalismo centrífugo: as nacións oprimidas por Estados plurinacionais con ínfulas imperialistas tentan voltar a ser gobernadas por elas mesmas e non ser títeres (Bretaña, Galicia, Silesia, País Vasco, Lorena,Aragón, Frisia, Andalucía, Córcega, Padania, Alsacia, Occitania, Escocia, Gales,Chechenia, Daguestán, Kosovo, Pueblo Mapuche, República Riograndense, República Saharaui, Zulia, Alberta, Alaska, California, Cabilia, Gambela, Biafra, Osetia, Tíbet etc).
  • Nacionalismo económico: pénsase que sectores básicos dun país (telefonía, electricidade, correos, sanidade, educación...) deben estar controlados polos Estado e a empresa privada só pode entrar como axudante.
  • Nacionalismo étnico: o dos nazis. Unha etnia un estado no que se deb vixiar a "pureza" da raza pra que así esa raza remate por autodestruirse a base de non traer sangue nova de fóra.
  • Nacionalismo popular: nacionalismo basado na xustiza social e a soberanía popular.
  • Nacionalismo relixioso: como o do Imperio Español que enviaba exércitos a Flandes pra que os de por alá arriba seguisen crendo no Catolicismo e abandoaran o Protestantismo. Actualmente moi forte en certos taifas de Musulmania onde o movemento islamista ataca pra que os Estados sexan dictaduras teocráticas (onde manden os seus curas).

Véxase tamén[editar]

60px-Bouncywikilogo.gif
Para os usuarios sen sentido do humor, os nerds de Galipedia (a nosa sátira autorizada) ten un artigo pouco fiable sobre: Nacionalismo.

Outros nacionalismos[editar]