Napoleón Bonaparte

De Desgalipedia
Este é un dos 1000 artigos que toda Wikipedia debería ter.
Napoleón Bonaparte,
Naboleón
Naboleon.png
{{{descrición}}}
Información
Data de nacemento 20 de abril de 1769
Lugar de nacemento Córcega Imperio francés
Data de falecemento 30 de abril de 1821
Lugar de falecemento Illa de Santa Helena
Nacionalidade Corso (aínda que a porpaganda francesa o quer facer francés.
Profesión Político, ditador sanguinario e escritor
Cónxuxe {{{cónxuxe}}}
Cita1.pngNapoleón foi un gran guerreiroCita2.png
Nicolas Sarkozy sobre Napoleón
Cita1.pngQue envexa me dá NapoelónCita2.png
O rei inglés Jorge III sobre Napoleón
Cita1.pngQue pena que non trouxera a revolución a EspañaCita2.png
Arturo Pérez-Reverte sobre Napoleón
Cita1.pngEste fillo de puta quere roubarme Polonia... e agora quere roubarme Rusia!!Cita2.png
O tsar Alexandre I de Rusia sobre Napoleón
Cita1.pngMon cheri... non te duches que gorento do cheiro da túa vaxinaCita2.png
Napoleón Bonaparte á súa muller

Napoleón Bonaparte foi un dictador francés.

Vida e guerras[editar]

Infancia[editar]

Naceu en Córcega no seo dunha familia da fidalguía, seu pai era avogado e andaba viaxando entre París e Córcega todo o ano e cada vez que chegaba á casa atopaba á sñua muller cun fillo novo, isto suscitou certas sospeitas pero como era de leis e non de números non facía as contas e acabou por darlle de comer a tódolos fillos putativos... excepto a Napoleón, xa que non lle vía ningún parecido consigo mesmo, por isto a penas comía en casa e ficou tan pequeno.

Así foi como se convirtiu nun friki ademais faltáballe a figura paterna, o que fixo que tivera os pés chantado na terra e estivera todo o día facendo cálculos matemáticos e lendo ensaios de filosofía (a ver que neno fai iso..) facendo a EGB meteuse a reintegrata e despois en Córcega Nova (as xuventudes do partido nacionalista de Córcega) isto último asustou á súa nai que vía como seu fillo non botaba tanto tempo con ela asi que chivouse ó pai e éste meteuno nunha academia militar nunha aldeucha francesa.

Adolescencia[editar]

Alí illado tivo que aprender a ser gabacho e suspendeu os primeiros cursos de bico con lingua, seducción femenina por carta e persecución de mozas (aínda que historiadores afirman que foi suspendido polos seus mestres ao ver a tremenda pirola que posuía e os podía desbancar a eles).

No segundo curso fixo mais amigos, sabía de mates mais que o profe e comezou a fumar os primeiros porros traídos de China; isto abriulle mais a mente e comezou a ler ás agachadas ós filósofos da Ilustración ao tempo que conseguía ascender e era enviado a París á ècole militaire (si, alí frente á Torre Eiffel) onde foi desvirgado por unha puta de Montmartre, fíxose amigo de Edgar Alan Poe (que seus pais trasladaran alí despois de fracasar en Oxford) pero en vez de darse á boa vida seguiu estudando matemáticas e tentou entrar na arma de Mariña pra poder saír do país e ver mundo e foder con mulleres de outras razas, pero como non tiña padriño nos exames só puido entrar en artillería e foi destinado a varias garnicións a pudrirse de aburrimento en provincias ao mesmo tempo que entraba no "club Jacobino" pra aprender a xogar o mus e matar o tempo nas fortalezas.

Napoleón na grande festa europea da Monarquía[editar]

NapoleonBike.jpg

Estando de permiso en Córcega sumouse ós milicianos jacobinos do seu país (corsos unionistas) durante a Revolución francesa e pelexaron contra dos monárquicos e dos nacionalistas corsos, Napoleón colleu ós seus familiares e os instalou en Gabacholandia; consegue ascender e casa coa amante do presidente, Xosefina e tras iso subíuselle cargo á cabeza e comezou a dar mas guerra:

Guerras revolucionarias
  • Sitio de Tolón: nesta cidade de tolos os militares seguian sendo monárquicos e estaban illados, para conquistar a cidade Napoleón conseguiu o posto de xefazo tras facer propaganda negativa do anterior xefe de asedio e unha vez no posto que quería comezou unha guerra atmosférica contra os monárquicos con miles de soldados que comeran fabada e apuntaran seu cú contra a cidade, tiveron que ir Inglaterra e España a salvalos e Napoleón recuperou pa Francia o porto internacional de Tolón.
  • A revolta de París: estando en París tivo a gran idea de montar un grupo terrorista, ó cal chamou resistencia galega e deulles armas e a idea de sumarse a unha manifestación monárquica pra tomar o poder, así despois Napoleón apareceu nos xornais como o salvador da nación tras disparar o seu canón sobre os manifestantes armados e con asasina sintencións.
  • Conquista de Italia: como o Papa andaba todo farruco orquestrando conspiracións masónicas contra a revolución coa xuda de Austria enviaron a Napoleón con varios mortos de fame, aos que prometeu sexo e banquetes se conquistaban Italia, así venceron a tódolos exércitos que foron contra eles e invadiu a república de Venecia porqe lle prometera a Xosefina ir a un sitio romántico de verdade e non París, ao memso tempo que coñecía a Cosimo Piovasco di Rondò do cal se namorou.
  • Golpe de estado dos frutis: Debido a que os seus contactos estaban perdendo as eleccións en París Napoleón enviou a un colega a facer un golpe de estado no seu nome, unha vez conseguido o presidente era na práctia unha marioneta súa.
  • Expedición a Exipto: estando en Italia aparecéuselle Aleister Crowley e lle ordeou que fora conquistar Exipto antes de que os islamistas destruisen tódalas esculturas faraónicas por non seguir as ordes de Mahoma respecto das artes; Napoleón consegiu un bo orzamento do goberno, que así vía de desfacerse del, e de paso fodía ó Imperio otomano (a quen pertencía Exipto) e ao Imperio británico (xa que por alí pasaban centos de rutas comerciais coa India) foi alá e conquistou medio Exipto, consegiu coller moitas pedras raras e bonitas e tendo medo de que os ingleses o illasen naquel deserto pirouse pra casa e encheu o Louvre con antiguüidades exipcias.
  • Golpe de estado de Brumario: ó chegar achegáronsele varios altos funcionarios que lle dixeron de dar un golpe de estado e formar unha dictadura constitucional, meu dito meu feito, pero a constitución foi escrita por Napoleón que se fixo Cónsul e centralizou Francia e fixo un porrón de leis, as cales seguiron a ser usadas séculos mais tarde e incluso as leis de educación sexual fixeron ó país o que é.

Madurez[editar]

Pero Xosefina non lle daba xa o que quería, ademais engordara demais, asi que se trouxo varias amantes e así ,desfogado, puido levaradiante unha garnde obra lexislativa mentres invadía reinos e fundaba o Imperio.

Guerras Napoleónicas[editar]

Pra que seus fillos non pasasen a mesma fame que pasou el e tivesen unha vida mellor meteuse a facerle aguerra a tódolos reinos veciños e así o día de mañán seus fillos terían moitas terras:

  • Guerra anglofrancesa: debido á competencia entre ambos pobos comezaron a pelexarse entre sí por quen compraba mais e vendía a mellor prezo, esta guerra de prezos seguíu a unha guerra marítima, como Napoleón era mais de andar con canóns impuxo un bloqueo comercial en toda Europa, asi que comezou a invadir reinos (España, Portugal, Polonia, Rusia, Austria...) pra que Inglaterra non tivese mercados, ao mesmo tempo Inglaterra inventaba o Romanticismo e con él o nacionalismo e así pagaba a guerilleiros que fixeran o traballo suxo de matar gabachos en territorio ocupado.
  • Guerras xermanoeslavas: debido á formación dunha alianza entre alemáns e eslavos (Prusia, Saxonia, Austria, Rusia, checos...) Napoelón enviou a varios miles de gabachos e seus aliados españois a correr polas estepas adiante, pero chegaron a Siberia e alí morreron todos co frío que facía.

As Guerras napoleónicas en Galicia[editar]

Napoleón che observando.jpg

O conflito na Península Ibérica comezou cando Portugal continuou comerciando con Inglaterra a pesar das restricións francesas. Polo que Napoleón firmou alianzas co rei de España e invadir Portugal e logo repartilo, o rei español deixou pasar polo seu reino ós franceses e así as tropas francesas ocuparon España, Inglaterra veu pra liberala pero os gabachos eran mellores e finalmente o exército inglés comezou a retirada cara o norte.

Decidiron fuxir da península a través do porto de A Coruña ou Vigo ao mando de Moore fuxindo do gabacho Soult. Entraron ambos polo Courel, alí Napoelón deu media volta pra ir solucionar uns asuntiños en Austria deixando o encargo a Soult, este segiu tras de Sir John Moore, que mentres estab gañando tempo fuxindo mais ao norte ata chegar á Coruña onde o agardaban os seus barcos, pra poder facer unha retirada tomaron posicións defensivas e finalmente morreu John Moore na batalla de Elviña e o exército inglés fuxiu.

Como Soult xa estaba tan arriba decidiu a baixar cara Portugal e así de paso que invadía Galicia comezaba a invadir Portugal. Baixou cara Santiago de Compostela, onde os restos do apóstolo seguían sen aparecer, e logo Vigo e Tui, onde tentaron pasar o Miño pero como os de Salvaterra de Miño botaran río abaixo pirañas non puideron cruzar, asi que subiron cara Ourense para pasar pola súa ponte(tendo varias batallas no camiño, como as de Ponte de As Achas, A Cañiza, Melón, Ribadavia, Barbantes), logo pasaron a ponte de Ourense e de paso botáronse enriba do exército regular do marqués de la Romana que estaba en Monterrei (Verín).

Decaemento e exilio[editar]

Napoleón Bonaparte de vacacións en Santa Helena.

Pero tantas guerras e ocupar territorios inmigos desgastaron a Francia e Napoleón foi derrotado en Leipzig, tivo que retirarse a unha illa mediterránea. Mais estando alí seguiu a conspirar pra voltar ao poder, grazas ós seus espías sabía que o pobo non quería de volta a Monarquía Borbónica asi que voltou a Francia e tras facerlle sexo oral ós soldados que o ían arrestar chegou a París onde foi aclamado e consegiu o poder sen dar tiros grazas ós veteranos que foron arrouparo, pero non foron suficientes e Napoelón foi derrotado finalmente en Waterloo polo xeneral sueco Abba.

Despois os ingleses o meteron preso nunha illa lonxana e fóronlle botando arsénico no café de tódolos días ate que morreu tras escribir as súas memorias, que foron uns best-seller durante 500 anos, os seus restos mortais descansan actualmente en París nunha enorme tumba que pra vela ou tes que abaixar a testa ou erguela tal como él quería despois de morto "inclinen a cabeza incluso despois de que eu morra".

Legado[editar]

Non todos nos dictadores é malo asi que Napoleón:

  • Trouxo as liberdades da Revolución francesa a tódolos reinos conquistados.
  • O seu Código de leis sirve de base a moitas leis en diferentes países do mundo.
  • Moitos frikis poden recrear as sás batallas nos sitios polos que pasou.
  • Os artistas teñen argumentos pra dar e tomar.
  • Pódense facer miles de novelas, ensaios, cine, etc sobre él.

Véxase tamén[editar]

60px-Bouncywikilogo.gif
Para os usuarios sen sentido do humor, os nerds de Galipedia (a nosa sátira autorizada) ten un artigo pouco fiable sobre: Napoleón I de Francia.

Outros artigos[editar]

V  C  E h
Dictadores e Tiranos
Infancia de Hitler.jpg
Adm. maligno da Desgalipedia - Adolf Hitler - Bashar al-Assad - Benito Mussolini - Chairman Mao - Feijóo - Fidel Castro - Francisco Franco - Hosni Mubarak - Imelda Marcos - Stalin - Kim Il-Sung - Kim Jong-il - Kim Jong-un - Mahmoud Ahmadinejad - Primo de Rivera - Muammar Gaddafi - Napoleón Bonaparte - Osama Bin Laden - Lee Kuan Yew - Robert Mugabe - Saddam Hussein - Salazar - Slobodan Milošević - Vladimir Putin