Nerón

De Desgalipedia
Cita1.pngBurn, baby, burn!Cita2.png
Nerón sobre o Gran Incendio de Roma.
Cita1.pngO maior incendiario da historia de Roma, queimou Roma e agora queima CDs e DVDs polo mundo enteiro!Cita2.png
Xosé Filgueira Valverde sobre Nerón

Nerón foi o director xeral do Imperio Romano durante 14 anos, famoso por poñer de moda o alumeado público de Roma a base de cristiáns indignados.

Traxectoria[editar]

Nerón naceu na familia Imperial de Cómodo da Dinastía Xulio-Claudia, súa nai era Agripina Pinas Escravos Hiulia, esta muller era algo rara e con 10 anos iniciou a Nerón no sexo incestuoso e na zoofilia cos súas mascotas o que conviritu a Nerón nun superhome, un übermenschen, grazas a iso reptou cedo cara arriba e conseguiu que seu pai putativo o puxera no trono imperial.

Tras morrer seu pai en condicións misteriosas, pero eso sí, revorcándose despois de beber viño con setas diante de Nerón, éste accedeu á púrpura imperial e reinou sobre o imperio dos romanos que tiñan sobre media Europa, norte de África e Oeste de Asia. O seu dominio veuse contestado polos fanáticos do cristianismo, uns anarcocomunistas que non querían queimar incenso ante as estatuas do emperador. Por esa minucia colleunos e xusto descubriu que eran uns perigosos xihadistas mesiánicos polo que os castigou por pertenza a banda armada, conspiración contra o Estado e por comer nenos nas súas misas nas catacumbas. Isto descubriuno moitas veces e Nerón viuse na obriga de facer xustiza contra eles, que eres uns populistas moi numerosos.

Logo Nerón reorganizou toda Roma, facendo novas rúas e edificos comunais modernos, así como subvencionar a cultura e as ciencias, elevando o nivel de vida romana en todo o imperio. Pero despois de morrer os cristiáns comezaron a falar mal del ata hoxe, e si o que inventou o sistema de grabación de CDs Nero para que todo o mundo compartise cultura e moitos cristiáns aproveitaron para gardar nos Cds fotos do Papa sen darlle royalties a nerón... os moi hipócritas!

Véxase tamén[editar]

Outros artigos[editar]

V  C  E h
Imperio Romano

Segue a:
Claudio
Nerón
(54-68)

Precede a:
Galba
Dinastía Xulio-Claudia