Norton I

De Desgalipedia
Fragagalicia.jpg Desgalego... rirse dunha maneira de ser, a nosa!
Este artigo ten un alto contido de humor galego.
Se non é desta rexión sacra, é probable que non descubre da misa a metade
non entenda algunhas cousas.


Norton I
NortonI.jpg
Información
Nacemento Probablemente no séc. XIX A. de C.
Quintela de Leirado. Bandeira de Galicia.jpg Galicia
Falecemento Problablemente nos Bandeira Usa.png Estados Unidos
Nacionalidade galega
Ocupación Emperador.

Cita1.pngQuizais quixo dicir: NapoleónCita2.png
Google sobre Norton I

Norton I, foi o primeiro, único e último emperador dos Estados Unidos de América.

Autobiografía[editar]

Nacido en Quintela de Leirado, seus pais tiveron que emigrar ás Indias con él pra poder pagar os foros abusivos ao mosteiro de Celanova, indo o pai como capataz nun enxeño azucreiro, alí adeprendeu miles de cousas, como facer negocios, vudú, camdonblé e política imperialista, con toda esa bagaxe intelectual marchou pros Estados Unidos de América, instalándose en San Francisco, onde comezou a especular cos alimentos da xente a base de mercar grandes cantidades de arroz para que faltasen no mercado e así subir o seu prezo e el podería vendelo a un prezo moi superior ao que o mercara.

Pero a sorte torcéuselle cando arribou ao porto de San Francisco un barco con mais arroz e el non o puido pagar e o prezo do arroz baixou e tivo que desfacerse das súas existencias a prezo de risa, polo que se veu na miseria.

Tivo sorte, xa que deu en rezar ao deus Reve, que lle fixo ter unha grande idea, ser emperador dos Estados Unidos aproveitando a inminencia da Guerra Civil Estadounidense, así no momento en que os ianquis invadiron o Sur autoproclamouse neutral e emperador, facéndose apóstolo da non violencia conseguiu que miles de cidadáns estadounidenses se uniran a él abandonando os exércitos en masa e pasándose ao bando do emperador Norton I.

Este, para que os seus compatriotas deixaran de pelexarse entre sí tivo a gran idea de invadir e coupar outros países para que así deixaran de matarse entre sí e comezou a política expansionista dos Estados Unidos; grazas a un libro do grande autor de best-sellers Hitler, deu en manexar grandes conceptos, como o dos "espacio vital", así o país anxeionouse desertos enteiros, provincias do Imperio Español, lagos que non querían os gabachos,etc.

Gracias trás isto os Estados Unidos convirtíronse nunha potencia emerxente a finais do século XIX.