O Bierzo

De Desgalipedia
Fragagalicia.jpg Desgalego... rirse dunha maneira de ser, a nosa!
Este artigo ten un alto contido de humor galego.
Se non é desta rexión sacra, é probable que non descubre da misa a metade
non entenda algunhas cousas.

Modelo:Llionés

O Bierzo
Bandeira do Bierzo.png
Provincia León
Capital Ponferrada
Área km²
Poboación Moooitos lleonistas hab.
Densidade {{{densidade}}} hab./km²
Concellos 38
Cita1.pngTódolos seres humanos ñacen llibres y iguales en dignidá y dreitos y, dotaos cumo están de razón y concéncia, han portase fraternalmente los unos pa coños outros.Cita2.png
Llionés citando o artigo 1º, da Declaración Universal dos Dereitos Humanos para xustificar o Leonesismo e eliminar os galegos no País Leonés.
Cita1.pngSe dice El Bierzo...Cita2.png
Galicia Bilingüe sobre O Bierzo.
Cita1.pngNo parvo... El Bierzu!Cita2.png
Nacionalista leonés sobre o Bierzo.

O Bierzo é a Ostmark do IV Reich galego dividida entre 38 concellos. A súa capital é Ponferrada. A comarca é parcialmente galegofalante e polo tanto con representación na Real Academia Galega e de coñecidos terroristas como Adrián Brandán, estudante e revolucionario loitan ploa liberdade desa terra. Xunto coas rexións separatistas progalegas coma Terra Eo-Navia en Asturias e As Portelas na provincia de Zamora considerase á zona occidental deste territorio como parte da Galicia irredenta (andrómena na que só cre teu pai).

Historia[editar]

Idade Antiga[editar]

Ao principio, cando Panxea, o Bierzo e a Galicia oriental era o úncio que abollaba no mar, debido a un peido da nai dos Titáns, Godzillamun, e algún que outro proceso alquímico sen importancia, pregouse a terra e xurdiu a Galicia occidental, que se esnafrou contra Lugo e Ourense, producindo un efecto colateral de movidón cara o este e ao colisionar coa Asturias de Don Paio creouse o picos europeos onde Víctor Frankenstein creo ao ser humano (o seu primo evolutivo inferior, o monstro de Frankenstein tivo que emigrar a Madrid) e poboou estas beiras do Sil.

O Sil era un vello elfo cabrón que comezou a escravizar humanos para remover terra e así excavou enormes vales e sacou á luz o carbón formado durante o Carbonífero (época da infancia de Manuel Fraga) e con él comezou a Idade do Ferro, Breogán instalou aquí unha granxe ecolóxica pero viñeron os celtas e lle mercaron isto por catro patacóns e comezaron a extraer ferro pero en vez de envialo aos altos fornos de Bilbao como facía o Imperio Españolista, pois traballábao aquí e deulle traballo á xcente do lugar e así non tiveron que emigrar, o malo foi que o Imperio Celta bateu contra da república Romana e case a destrúe, ésta enviou a Xulio Caesar Berlusconi e comezoua conquistar o mundo coñecido (ou ecúmene), logo conquistou Italia e fixo o Imperio Romano roubando desta zona ouro e músicos de rap gangsta.

As explotacións minerais ían vento en popa, pero como os que soplaban desde popa cansaron de ser escravos botaron ao partido Podemos e debido á xustiza social o Imperio Romano caeu e puideron entrar nel por fin os inmigrantes ilegais de Alemaña (agora é ó revés, que faríamos mal?) a buscar aquí industrias onde traballar. Gracias á hospitalidade das xentes do lugar remataron por facer orxías xuntos en honor a Wotan e Bandua e así formouse o Reino Suevo, pero como a súa felicidade e independencia atentaba contra o honor orgulloso e nazi dos restos do Imperio romano, éste enviou aos visigordos a destruílos na Batalla do Río Órbigo e os visiobesos aproveitaron para invadir a Península Ibérica e fundar España pero debido á súa incompetencia deixáronse conquistar en só tres anos polos moros.

Idade Media[editar]

Afortunadamente non contaban con Don Pelayo, o tataravó non ionqui de Melendi, que comezou a conquistar a lo loco toda a cornixa cantábrica, e casar as súas fillas (mais feas que as de Zapatero) cos terratenentes de Lugo, Iria Flavia, A Gudiña e Trabadelo cos cales iniciou a Reconquista de Celtiberia e fundou Gitaña, conseguindo destruir sete séculos mais tarde (os moros tardaron tres anos en conquistar a península e os cristiáns setecentos anos, De qué parte estaría Deus!?!?!?!?!?!?!) a Al-Andalus. Tras poñer capital do Reino de España na corte de Castela o resto de comarcas convertíronse en colonias interiores do Imperio Español e O Bierzo convertiuse nunha fornecedora de man de obra barata, minas e mazás, afortunadamente ata aquí chegan o sinal da TVG e pódese ver a Superpiñeiro en acción.

Idade Contemporánea[editar]

A rexión conta cun forte chamamento separatista soñando polo Anschluss coa Galicia.

O Bierzo conformou a provincia do Vierzo, no proxecto liberal de división territorial de 1822, durante o Trienio Liberal. Porén, na definitiva división territorial de 1833 polos españolistas de Fernando VII foi integrada na provincia de León e xerando desde ese periodo os movementos de independencia desa rexión así como polo Anschluss polo resto da Galicia estremeira.

Xeografía[editar]

O Bierzo atópase no cuadrante SS34-69bl2ck1ss da Meseta centralista, entre o País Llionés e Galicia (debido a iso hai concello onde falan galego e noutros onde falan llionés).

Política[editar]

Movimentos galeguistas e leonesistas no Bierzo[editar]

Artigos principais: Leonesismo e País Leonés.
O Bierzo
Bandeira do Bierzo.png Escudo de Ponferrada.png
Bandeira Escudo
Localización
El Bierzo - Mapa municipal.png
Datos
Capital Ponferrada
Comunidade Autónoma Castela e León Castela e León
Superficie km²
Poboación (2018) hab.
Densidade de poboación hab./km²


Aínda que o Bierzo sexa parcialmente galegofalante e polo tanto con representación na Real Academia Galega, segundo os rexionalistas, nacionalistas e independentistas leoneses, o territorio formado polas provincias españolas de León, Zamora e Salamanca onde se estenden a lingua e cultura leonesas.

Desgalería dos movimentos galeguistas no Bierzo[editar]

Economía[editar]

A economía biercense está baseada no que se extrae do planeta Terra, situado na galaxía coñecida como Vía Láctea, entre os produtos tradicionais do Bierzo atópase o carbón (restos fosilizados das cagadas do Fragasauro), petróleo, mazás, alcol etílico de mazás, monxes que debuxan Biblias psicodélicas, Luis del Olmo, ouro (ai non, o ouro xa nolo roubaron todo os romanos), cantautores choromicas fans de Rosalía de Castro, botillo, chopos para os cetmes, José Manuel Parada, zombies (que van parar ó Camiño de Santiago amablemente guiados polos naturais de molinaseca), frikis (desde frikis nazis amantes das armas ata frikis obsesionados pola MTV e Jackass, coa súa versión intitulada "AY" e "Ay 2") gochos inflados con drogaína, etc.

Cultura[editar]

Monumentos do Bierzo[editar]

Dilles que falamos galego no Bierzo.jpg
  • As Médulas: restos do xigante Ymir, deixados aquí como sobras para os voitres que van pola A6.
  • Entróido: época do ano na cal se travisten [email protected] para invocar ao Demo e así faga xirar a roda do clima e veña o verán dunha puta vez.
  • Vilafranca: casco vello por onda aínda cabalgan Carlomagno e Napoleón Bonaparte camiño da sauna gay.
  • Pinturas pornoruprestres de San Pietr Mallo.
  • Filandón: orxía noturna que se facía nas aldeas, entre coito e coito contábanse contos e mesmo se facía calceta con liño.
  • Castro Bergidum: capital castrexa do lugar e logo civitate galaicoromana onde se rodou o Satirirón de Petronio.
  • Sant Iago de Penalba, ou de Pene de Alba: feita polos cristiáns fuxidos de Musulmania, que trouxeron seues pecados nefandos.
  • Magosto: ritual pangalaico para afastar aos pantasmas dos antergos a seu mundo.
  • Santo Tomás das Pollas.
  • Castelo de Rocky Balboa.
  • Castelo templado de Ponfirrada.
  • Compostilla: onde está a central nuclear do libro Galiza mutante poder nuclear.
  • Uva mencía: con esta uva fase viño tanto para imperialistas manchegos como para os frikis galegos cos seus gustos raros raros raros...

Bercianos famosos[editar]

Notas[editar]


Véxase tamén[editar]

60px-Bouncywikilogo.gif
Para os usuarios sen sentido do humor, os nerds de Galipedia (a nosa sátira autorizada) ten un artigo pouco fiable sobre: O Bierzo.

Outros artigos[editar]

V  C  E h
Concellos galegofalantes | provincia de León : O Bierzo

Barxas | Borrés | Cacabelos | Candín | Carucedo | Carracedelo | Corullón | Oencia | Ponte de Domingos Flórez | Sobrado | Toural dos Vados | Trabadelo | Valboa | A Veiga de Valcarce | Vilafranca do Bierzo

Concellos parcialmente galegofalantes
Arganza | Benuza | Camponaraia | Fabeiro | Peranzais | Ponferrada | Priaranza | A Veiga de Espiñareda
V  C  E h
Territorios de fala galega
Lingua galega.jpg
Lingua galega-02.jpg

Galicia · Terra Eo-Navia · O Bierzo · As Portelas · Val de Xálima
V  C  E h
Concellos da comarca do Bierzo Bandeira do Bierzo.png
Nacionalismo galego no Bierzo.jpg
Arganza - Barxas - Bembibre - Berlanga del Bierzo - Borrés - Cabañas Raras - Cacabelos - Camponaraia - Candín - Carracedelo - Carucedo - Castropodame - Congosto - Corullón - Cubillos del Sil - Fabeiro - Folgoso de la Ribera - Igüeña - Molinaseca - Noceda del Bierzo - Oencia - Páramo del Sil - Peranzais - Ponferrada - A Ponte de Domingos Flórez - Priaranza - Sancedo - Sobrado - Toreno - Torre del Bierzo - Toural dos Vados - Trabadelo - Valboa - A Veiga de Espiñareda - A Veiga de Valcarce - Vilafranca do Bierzo