O Ciprianillo

De Desgalipedia


O Ciprianillo
Saluzzo-Castello della Manta-mago.jpg
Merlin consultando o Ciprinillo
Título orixinal:
Tradutor:
Autor:
Ilustrador: {{{ilustrador}}}
País: Bandeira de Galicia.jpg Galicia
Lingua: Galego
Tema:
Xénero:
Editorial:
Data publicación:
Formato:
Páxinas: Moitas dabondo para un borracho non pode contar.


O Ciprianillo é o nome dun libro de máxia negra, publicado baixo diversos títulos. Best-seller escrito durante a Idade Media por San Cibrán (que antes de ser santo fora meigo) pra facer conxuros ,atopar tesouros dos Mouros sen picar na trabe de alcatrán, ou como ligar na discoteca tendo 60 anos e sen un coche ferrari.

Este libro foi prohibido pola Inquisición española e logo tamén durante o Franquismo.

Contidos do libro[editar]

  • Cap 1: Pactar con espíritos infernais (que non o demo) sen obter dano algún.
  • Cap 2: plan electoral de Alberto Núñez Feijóo pra ser presidente de España
  • Cap 3: como construir a vara fulminante, coa que se poden controlar a choiva, sequías, etc.
  • Cap 4: como facer que a túa dona se faga puta contigo na cama e unha ama de casa na cociña.
  • Cap 5: como ser presidente da Xunta de Galicia sen ter que ser do PP ou do PSOE.
  • Cap 6: como ser da masonería e que te queiran os da Igrexa católica.
  • Cap 7: onde se aborda como atopar tesouros nos castros,castelos,mámoas,etc sen que os mouros che salten á chepa ou unha moura che pase a sífile.

Efectos adversos[editar]

Entre so seus efectos advírtíronse a perda de cordura, perda do capital dos montes, ser político e que non te poñan a parir, non atopar a trabe de alcatrán e ficar pobre por non vender petróleo a BP.

Fórmulas máxicas do Ciprianillo[editar]

  • Conxuro de amor: obter varios pelos púbicos da [email protected] e queimalos pensando todo o tempo no obxecto [email protected] vaise onde ela e dáselle un bico no cú, a víctima caerá rendida de amor aos teus pés.
Pode ocorrer de se prefira, teña que dar un bico no cu dunha prostituta... e da súa nai.
  • Conxuro pra resucitar mortos e que vaian votar: afeitar ao morto e cos seus pelos faise un boneco e pónselle unha papeleta na man en noite de lúa chea ou medianoite de San Xoán.
  • Conxuro pra non pasar fame: achégese a un banco en día de San Xoán e córtase a testa do director da sucursal, ao día seguinte vaise ponse a mirar fixamente a tódolos empregados, resultado garantizado.

Lista de tesouros do Ciprianillo en Galicia ou tesouros de Galicia[editar]

Esta lista de tesouros galegos foi extraído dun pergamiño do século XIII, atopado nos alicerces do castelo de Altamira (Brión) no ano de 1065 no reinado do rei Don García de Galicia. Todo os tesouros de Galicia áchanse depositados polos mouros e romanos en agochos subterráneos, a maior parte deles fican a pequena distancia dos nacentes de auga.

  • Na encrucillada de Lobios, a 33 pasos ao nacente.
  • A 32 homes de Ribadelouro (Tui), dentro dunha rocha a 22 mans de fondo.
  • En Louredo (Cortegada) fican barras de prata das fundicións de Vimara.
  • Na revolta dos tres cóbados na estrada de Sabaxáns (Mondariz) están as xoias da familia Numa Caspio e o corpo degolado dun suevo.
  • Na levada do río ao poñente en Padrosos (Crecente) quedan un haber de setecentos faquires de ouro.
  • En Padrán (Ponteareas) na tapada do conde Mora, preto de Padrán sul, dentro dun penedo envorco están dous tesouros a profundidade de dous homes.
  • Na Portela (Vilasobroso, Mondariz) no couto de Outeiriño hai un montón de prata e ouro.
  • En Padreda (Vilar de Barrio) no limiar da cruz ficaron láminas de ouro entre dous piñeiros.
  • Pola banda da sombra en Oroso dorme escondido grandes diñeiros.
  • En Lougares (Mondariz) debaixo da ponte entre os pasadoiros de pedra.
  • No alto de Ribadavia batendo na cuberta escoitaredes son de material e quebrando a pedra o veredes.
  • A 46 pasos de San Benito do Rabiño (Cortegada) ao pé do portelo do Inso, un cabalo de prata roto no lado dereito cheo de moedas vellas.
  • Na cova da Fontefría (A Cañiza) un pote cheo de ouro sen formas.
  • En Bouzas detrás da igrexa, no cénit do sol deixamos un haber de pezas de ouro.
  • En Melón, dentro da vea do nacente norte, a 2 homes, encontraredes un cortizo de sobreira con haberes fidalgos.
  • Na costa de Quintela de Leirado, preto das augas, acharedes unha garde de gradar a terra, feita de ouro.
  • No camiño subterráneo do castelo de Sobroso, a 20 pasos para o nacente, a dous homes de fondo un balde de cobre cheo de medallas do tempo dos celtas.
  • No Monte Galiñeiro fronte da Lusa hai dúa smoreas de ouro sen lume, debaixo da cruz que fica na estrada en fronte do sol nacente.
  • En Angudes (Crecente) no soar dos nobres ao pé do tornelo fica unha cuba de ouro destapada.
  • No camiño do monte, ao saír de Barbantiño (Punxín) para o leste, a 13 pasos do canto do paredón deixamos enterrados os aneis de Don Ramiro.
  • Despois de Milmanda (Acevedo do Río) 28 homes para o lado so sol deixamos unha hucha de gran prezo ao pé da pontella baixa, a 13 mans de terra.
  • Sobre o pico de Portela (Vilasobroso, Mondariz) está nun foxo estreito 243 bagatelas de ouro labrado de Toledo.
  • Na fontiña de Allariz están 25 achados da Lusitania nunha cama de barro, amosado con aceite de oliva verde.
  • Debaixo da igrexa pía de Seixalbo (Ourense) enterramos as custodias feitas de ouro e diamantes a tres homes de profundidade (7 metros actuais).
  • No souto de Vilar de Paio Muñiz (A Merca), á raxeira de arriba no escuro do solpor gardamos unha cheda de carro de Sertorius feita de ouro da Bética por Alvares Torga.
  • No cancelo de Bentraces (Barbadás) ao pé do Rendo Perdillo , están dúas lanzas de ouro con perdiz sen ás.
  • Cerca do nacemento do río de Montederramo fica un escondedorio con 17 piñas de prata lascadas, que lle foron quitadas ao rico Verino Guiterre de Pinar.
  • No foxo do Santo Nicolás de Prado (Ponteareas) entre catro penedos redondos deixamos 900 besteiros de Santiago, feitos de prata.
  • Na serra de San Mamede na pontiña do norte ao descender está unha herdanza dos fidalgos do Chrisus.
  • No castelo de Sabuguido (Vilariño de Conso) nas devesas da sombra está un cántaro de chumbo cheo de ouro en barras.
  • Na valga alta de Mañufe (Gondomar) debaixo do descanso da fonte, abandoamos o haber do rei mouro Muley Sejano.
  • En Forcadela (Tomiño) a 22 homes para o sur da fonte hai 107 dobróns de ouro de Granada.
  • Xunto a Quintáns, Ríofrío (Moondaritz) na fraga terceira xace un haber de mil bagatelas de ouro.
  • Na quella esquerda de Barcia (Melón) cara o leste, ao pé dun comezo da aldea queda un depósito de ouro do rico home Abduazil de Córdoba.
  • Na estrada de Sobroso a Covelo deixamos á flor de terra un vulto de prata labrada en León.
  • Na testa da mesquita de Confurco (San Cristovo de Cea) enterramos unha almofía do noso rei, de ouro cocido en barro negro.
  • No miradoiro da fonte de Camos (Nigrán) puxemos un pote de ferro con moedas romanas sen conta certa na fuxida.
  • No cruceiro de Castromarigo (A Veiga) á dereita ao poñenete, debaixo do chan entre pedra branca deitamos unha armadura de ouro con 12 mallas.
  • No nacemento do Laroá (Xinzo de Limia) temos unha esteira de ouro en pranchas de 1 home de longo.
  • Flariz (Monterrei) depositamos un brazado de ouro a 12 homes do coto.
  • Piñoi (Covelo) no chan da súa igrexa a 71 pasos cara o sol debaixo da oliveira quedan dúas espadas de ouro con engaste de diamantes.
  • No lugar de Orilla (Verea) na encrucillada de tres camiños metemos un altar de ouro e un ídolo de prata dos reis mouros de Granada.
  • Na saída estreita de Podentes (A Bola) pola banda do sol na raíz do chan estramos a cova con 25 pas de ouro en láminas.
  • Na canle curta de Meá (Mugardos) depositamos as alfaias do bispo negro.
  • Na coutada de Amorín (Tomiño) queda a prata de Ataúlfo cerdo, ciscada na raíz dun érbedo.
  • Na Fonte arcada (Vila de Cruces ou Os Blancos ou Salvaterra de Miño) entre aparede a 5 lanzadas gardamos un haber de brillantes da sacerdotisa negra.
  • No socalco da torre de Vilaza (Monterrei ou Gondomar) temos un saco de moedas de ouro acuñadas en Logroño.
  • No pé do alcipreste pequeno de Niñodaguia (Baltar ou Xunqueira de Ambía) a 2 homes de profundidade enterramos unha cancela de ouro que servía na porta de Pelaxio.
  • En Vilanova dos Infantes, Celanova no leito de augas negras queda un tamboril de latón con bolboretas de prata.
  • No centro de Abavides (Trasmiras) descansa un haber de tres concello mouros.
  • En Mormentelos (Vilariño de Conso) a 21 pasos dun penedo fica un xiente con cadeira e freos de ouro e ferraduras ateigadas de diamantes.
  • Na punta aguda de Vila de Rei (Trasmiras) ao pé do pozo redondo enchemos unha cova de figuras de prata sen puír.
  • No nacente de Tebra (Tomiño) queda encantado un mourentín dun guerreiro e 7 pares de dagas de ouro.
  • Na fraga de Entreviñas (Ramirás) ao pé do oliveiral de Sotocabo fican as dotes da moura Zulana.
  • Nos dous penedos de Rairiz de Veiga ao baixar para a ribada a 104 pasos do castiñeiro enterramos un berce de prata incrustado en ouro con fume de corticeira.
  • En Campobecerros (Castrelo de Val) ao suroeste a 22 homes de longo cara o monte áchase un valioso encanto de ouro e homes de guerra con armaduras ricas dos tempos de Crudencio.
  • Na costa de San Torquato (Allariz) baixo a ponte pequena fica o ídolo Calmar, feito de ouro de Rigo, con aplicacións de diamantes.
  • Na levada de Corzáns (Salvaterra de Miño) metemos debaixo dun arco de pedra branca un dote fidalgo e gravamos un brazo de home.
  • Ao saír de Monterrei polo nacente na revolta dun regato deixamos unha sriquezas do temible Calatrava, dentro dun becerro de pedra oco coa pedra sinistra quebrada.
  • En Trasestrada (Riós) por debaixo da ponte do cabezo alto, onde está unha mina de auga, queda unha gran riqueza en ouro e prata.
  • No Río Bibei ao pé dun cachote de rocha negra deixamos unha caixa os diamantes do Selva, morto na saída de Soutomór para arenoso.
  • Na enseada de Rande preto da Illa de San Simón hai un gran haber entre dúas pedras.
  • No altiño de Entenza (Salceda de Caselas) xunto ao paredón sur en fronte dun cortello está o haber dun mouro.
  • Descendendo un carreiro da coutada para Martiñá (Vilamarín) áchase entre catro carballos a 62 pasos para o norte unha dobra de ferro que ten no interior unha cabeza de xinete de ouro e tres rabelas de prata, con eixo e as fendas abertas.
  • Entre parade do puso de Rebordono (Cualedro) de par dunha cruz aberta na pedra longa temos a flor de terra os valores móbiles de 114 veciños fuxidos para Asturias no 714.
  • Na Praza de Terroso (Vilardevós) a 276 pasos da ermida nova, para o nacente do sol, queda un feixe de ouro en fíos, dentro dunha pía de pedra sen vetas.
  • Ao cabo de Torneiros (Al-aharrizz) 30 pasos para o sol a mediodía temos unha bóveda de 12 brazos cadrados onde depositamos as pertenzas de toda a aldea fuxida.
  • No regueiro pequeno de Amorín (Tomiño) por enriba das presas de pedra negra queda un carro cheo de moedas de ouro cun home encantado nesta agocho e súa aguillada non o matedes se queredes saír coas riquezas, dicidelle: polo poder do ouro mourisco, rógoche que te vaias xuntar cos mouros os teus parentes e déixame feliz.
  • Na banda do sol de Ourega (Leiro) a 14 pasos do portal queda unha partida de ouro, pola parte da sombra foron enterrados os mortos de Carabelos (Montederramo).
  • Na carballeira baixa de Piñeira de Arcos (Sandiás) botamos 300 dobras de ouro.
  • Ao sur de A Franqueira, A Cañiza a 10 homes de longo no pico do altiño, está encantado nun soutiño o mouro Bisnarem deitado sobre ouro e con zapatos bordados de brillantes da coroa dun rei visigodo.
  • Na fontiña de Chamosiños (Trasmiras) dentro da area enterramos un barcal de prata labrada con valor de 3000 dobras.
  • A 110 pasos de Mixós (Monterrei) no atallo para Infesta, ficou soterrada cun marco enriba unha caixa de segravias romanas.
  • Ao fondo de Requias (Muíños) deixamos un cuberto mediado de bistalos de prata e ouro.
  • En Tosende (Baltar) no fondo do monte onde rebenta a auga en Decembro quedou a riqueza dun dómine de Compostela (Lobios)
  • Na cortada de montecelo (Boullosa, Baltar) no camiño de Xironda nunha parede tiramos cinco pedras e mtemos no fondo carpíns de mais valor que había no concello.
  • En Osoño (Vilardevós) debaixo da fonte amarela deixouse a dous homes debaixo das herbas o valor da moeda do Mirim de Lugo na cangtidade de 6000 dobras de ouro de gran prezo nunha caixa de tileiro.
  • No camiño da Freira en Abades (Baltar) a 12 homes de distancia da pedra cadrada deixamos un fuste con 2000 calvos de Lopo Brañas.
  • No cumio de Vilar de Vella (A Mezquita) no dereito da Canda, a 25 pasos fica o enxoval dos ricos de Lanhezes (Viana do Castelo) en prata fundida.
  • No foxo de Cádavos (a Mezquita) a 20 homes (80 metros) do val cara a serra, temos o legado de Zuppelino Castelan.
  • En Santigoso (a Mezquita) a tres barzos de fondo a caron da fontela están ouro e prata do rei Pampe Raby.
  • No Freixo (Lubián) a tres mans de luces temos un lasco de perañas con 104 saxas de ouro sen fogo.
  • En dereito a Pías (Ponteareas) cara o oeste quedou mal enterrada cunha pedra encima unha arca moura con habres de tres compañías con cruces na tapa.
  • Na ladeira de Chaguazoso (a Mezquita) á beira do río entre dous penediños quedou o haber de Lebrun IV, composto de ouro en forte co mentigas rupicas de bazano sen costas austaas, deixamos ademais centos de nonas aureas con blagas embaranzas do mosteiro con gran toxo e rumo.
  • No curro de Lobaces (Trasmiras) ao sur onde pasa un regueiriño a 3 mans de fondo queda unha porca de ouro con bacoriños.
  • En Fontes, Soutomel, A Bola, ao ir cara Braga, deixamos un legado do rei Joao IV, todo de ouro sen cuños e sen fábrica, está no cascalleiro onde bate o sol á hora sétima.
  • No lugar de Páramos (Tui) no cruce de mil fontes enterraron os nosos un gran haber de prata dentro dunha cuba arcada de loureiro.
  • En Parada (Nigrán) a 28 pasos despois da igrexa cara o sol, ficou o haber dun adiñeirado de Baiona.
  • En San Xulián, na seguida de Oia temos a facenda dun fidalgo que mandaba moito e que morreu afogado en Panxón.
  • No poriño de Navia (Vigo) no curruncho de pedra firme, metemos un haber a un home de fondo e botámoslle encima monllos de palla e terra.
  • No medio da cruz de Ganade (Ponteareas) está un azevam de ouro e dúas labaradas, debaixo dunha pedra dunha pedra que ten riscado un pé de cabalo (por culpa de supersticións coma esta moitos petróglifos rebentáronos pensando que había ouro baixo eles).
  • Debaixo do cruceiro de Curul (lugar non identificado) está unha sepultura de pedra chea de ouro e a coroa do rei Zolito VI.
  • Na baixada grande, 25 homes ao longo do muro de Soutomaior quedou unha gran deixa de ouro.
  • No remuíño de Caldelas (Tui) queda unha alcarraza con 260 azuares de ouro con dúas caras (Curiosamente nesa zona atopouse un casco céltico).
  • No Entrimo, ao apsar o souto, a 8 pasos da corrente forte, está encantado un mouro en pé, tendo aos pés o seu valor en ouro. Deixade vivo ao espírito para que poidades coller o encanto.
  • En Xunqueira de Ambía, no san Pedro mártir (santo da Inquisición) quedou unha ganancia de prata na facahada que olla pro nacente.
  • Na muralla de Gondomar, ao pé do penedo de dous bicos, enterramos o saqueo dos guerreiros celtas mortos en Antemoz
  • As portas de Teso (A Cañiza), a 8 homes da gran pedra, con letras célticas no rodapé de mármore, fica o haber dun rei e o libro árabe dos tesouros das navas de tolosa.
  • Nos baixos da Ramallosa (Nigrán e Gondomar) entre os limoeiros amarelos agochamos as riquezas de Senapio cinco dias despois de ser queimado este bárbaro.
  • Entre Rubiás (Calvos de Randín) e Manín (Verín), no terceiro muro ao pé dun arco de pedras queda o haber dun lusitano de Gerês, en ouro de cinza.
  • No oratorio da Xironda (Cualedro) a 15 homes para a devesa menor queda un pequeno valor.
  • En Tamaguelos (Verín) nos 3 penedos hai unha sella de barro escuro con louza de valor.
  • Na coutada de Riós entre dous marcos de pouco grandor deixamos un banco de ouro con catro pés de diamante.
  • En Tabagón (O Rosal) no rochedo da terceira escada a 3 homes de profundo queda unha hucha che de ouro dentro dun seixo de 7 brazadas.
  • No estreito dos Salcidos (A Garda) no esquinal de abaixo ollando cara o norte queda un barquiño enterrado co van cuberto de diñeiro.
  • No beicedoiro (lugar desde os curas botaban bendicións nas rogativas) de Sendelle (Crecente) no recanto do paredón baixo quedou un caixón de moedas cuberto de pedernais.
  • No adro de Celeiros (Chandrexa de Queixa) no cantadoiro da fonte ao pé do alcipreste do norte deixamos riquea numerosa.
  • No quinteiro de Pedornes (Oia) a 10 homes do nacente das areas está un meniño mouro encantado entre ramos de diamantes de Lérida.
  • Nos pazos nobres de Lira (Salvaterra de Miño) quedou o haber do almotacé Zeniga. Deixade quedar unha cruz que está enriba e levade o sobrante.
  • En Vide (As Neves) petade no medio do encalado e logo ouviredes son de ouro, está aí o haber dos nosos alén da serra.

Véxase tamén[editar]

60px-Bouncywikilogo.gif
Para os usuarios sen sentido do humor, os nerds de Galipedia (a nosa sátira autorizada) ten un artigo pouco fiable sobre: O Ciprianillo.

Outros artigos[editar]