O Rosal

De Desgalipedia
O Rosal
Bandeira de O Rosal Escudo de O Rosal
Tabagon.jpg
Demasiada cultura extranseira entrou por aquí...
Situación
Situacion O Rosal.PNG
Xentilicio[1] rosaleira.
Xeografía
Provincia Pontevedra
Comarca Baixo Miño
Poboación centauros. hab. (2019)
Área km²
Densidade hab./km²
Entidades de poboación
Capital do concello
Política ()
Alcalde ()
Concelleiros BNG:
PPdeG:
PSdeG-PSOE:
Outros:
Uso do galego[2] ()
Galegofalantes 100 %
Páxina web oficial
  1. Véxase no Desgalizionario.
  2. Datos dos tempos de Manuel Fraga publicados en 2019, ou non.

Orrrosal é un concello da punta da provincia de Covipor, en breves invadirá o miniconcello de A Guarda gracias ao excedente de poboación que fuxe de Vigo e das néboas de O Porriño.

Limita ao Norte co Tíbet, ao leste con Tui, ao oeste con Xibraltar e ao sur con Galicia do Sur.

Historia[editar]

O Rosal foi fundada polos petroglifenses, que viron que por aquí non habia megaliteiros e aproveitaron pra implantar unha comuna autosuficiente, ata que entablaron comercio con Europa e se fixeron celtas por iso de seguir a moda e non ficar de marxinados.

Comerciando cos fenicios un día viu un barco romano atrás do cartaxinense e así esta bisbara caeu baixo as botas do Imperio Romano que modernizou a zona pra facela mais produtiva e levarse a produción pra Roma. Esta situación rematou grazas ós suevos que independizaron todo o Noroeste da Península Ibérica dos romanos, cousa que éstes non soportaron e pra tapar a vergonza non o deixaron escrito nos seus libros e enviaron ós bárbaros a que invadisen a rexión, formándose Españistán, que ó conquistar isto regaloulle as terras ós monxes de Oia, dos cales só se puido independizar cando estes marcharon invadir América.

Xeografía[editar]

O Rosal xurdiu do fondo do mar no Cretácico cando o volcán de Santa Tegra estourou e fixo xurdir estas ricas terras cara arriba facendo de puntal sustentador contra da Depresión meridiana, durante a Idade de Ferro os Grovios alzaron aquí súa civilización grazas a refuxiados da Atlántida e de Troia que contactaron con Colombia e comezou o comercio de fariña colombiana en ceda idade grazas ó daquela aínda non independente porto de A Guarda.

Debido ás grandes choivas as montañas fóronse desfarelando creando chairas desta zona.

Economía[editar]

O Rosal vive tanto dos turistas coma da agricultura, o que fai que o chan alcanze prezos altísimos entre chalés e cultivos de kiwis e rosais, que son exportadas e Mercurio e Marte pra terraformalos. O mar de plástico desta zona xera un subproletariado basado no poder do empresario/cacique, que coma o antigo señor de forca e coitelo da Casa de Soutomaior.

Na Antigüidade chegou a vivir da minería do ouro, pero tras a invasión por parte do Imperio Romano, que baleirou a mina de Niño do Corvo, xa non quedou nada.

Parroquias[editar]

V  C  E h
Galicia Galicia | Provincia de Pontevedra | Parroquias do Rosal
Escudo do Rosal.jpg
As Eiras (San Bartolomeu) | O Rosal (Santa Mariña) | San Miguel de Tabagón (San Miguel) | Tabagón (San Xoán)

Galería de imaxes do Rosal[editar]

Lugares do Rosal[editar]

Para unha lista completa de todos os lugares do concello do Rosal vexa: Lugares do Rosal.

Monumentos[editar]

  • Clúster dos muíños do Folón e do Picón: núcleos de factorías onde os labregos estiveron a punto de inevntar a Revolución industrial, pero un bombardeo dos Estados Unidos de América paratraer a democracia aquí condenou a zona ó atraso.
  • Cabaqueiro: estatua de estilo barrocomanieristacontemporáneofluxus adicado aos telleiros ou cabaqueiros da zona, que tiñan a súa propia Masonaría.
  • Casa do concello: antes era un pazo neoclásico, que trala Revolución espartaquista rosaleira o soviet local convertiuna en edificio do concello.
  • Igrexa de As Eiras: igrexa pseudoportugesista cunha avenida de esfinxes que a conecta coa capela de Niarlathotep enriba dun castro desde onde se pode vixiar ós de Caminha.

Véxase tamén[editar]

60px-Bouncywikilogo.gif
Para os usuarios sen sentido do humor, os nerds de Galipedia (a nosa sátira autorizada) ten un artigo pouco fiable sobre: O Rosal.

Outros artigos[editar]


V  C  E h
Concellos da Comarca do Baixo Miño
Comarca do Baixo Miño
A Guarda
A Guarda
Oia
Oia
O Rosal
O Rosal
Tomiño
Tomiño
Tui
Tui
V  C  E h
Galicia Galicia | Provincia de Pontevedra
Situacion Provincia de Pontevedra.PNG
Agolada - Arbo - Baiona - Barro - Bueu - Caldas de Reis - Cambados - Campo Lameiro - Cangas - A Cañiza - Catoira - Cerdedo-Cotobade - Covelo - Crecente - Cuntis - Dozón - A Estrada - Forcarei - Fornelos de Montes - Gondomar - O Grove - A Guarda - A Illa de Arousa - Lalín - A Lama - Marín - Meaño - Meis - Moaña - Mondariz - Mondariz-Balneario - Moraña - Mos - As Neves - Nigrán - Oia - Pazos de Borbén - Poio - Ponte Caldelas - Ponteareas - Pontecesures - Pontevedra - O Porriño - Portas - Redondela - Ribadumia - Rodeiro - O Rosal - Salceda de Caselas - Salvaterra de Miño - Sanxenxo - Silleda - Soutomaior - Tomiño - Tui - Valga - Vigo - Vila de Cruces - Vilaboa - Vilagarcía de Arousa - Vilanova de Arousa