O Saviñao

De Desgalipedia
O Saviñao
Bandeira de O Saviñao Escudo de O Saviñao
Saviñes.jpg
As festas de escairón trala burro´s racing.
Situación
Situacion O Saviñao.PNG
Xentilicio[1]
Xeografía
Provincia Provincia de Lugo
Comarca Comarca da Terra de Lemos.
Poboación hab. (2019)
Área km²
Densidade hab./km²
Entidades de poboación Lugares do saviñao
Capital do concello
Política ()
Alcalde Joachím Glez Glez. ()
Concelleiros BNG:
PPdeG:
PSdeG-PSOE:
Outros:
Uso do galego[2] ()
Galegofalantes 100 %
Páxina web oficial
  1. Véxase no Desgalizionario.
  2. Datos dos tempos de Manuel Fraga publicados en 2019, ou non.

O Saviñao é un territorio libre entre os imperios de Monforte de Lemos e Chantada. Aínda manténa súa prezada independencia grazas ó Xoaquín Gonzaliz, o guerreiro celta señor dos gandos, que protexe estas terras dos bloqueiros de Monforte e dos asmáticos de Chantada.

Historia[editar]

O Saviñao foi fundado pola varida raza castrexa dos Lemavi, que botaron da zona ó Imperio megaliteiro e puxéronse a vivir nos castros de Abuíme, Mourelos, Fiónetc mentres explotaban a mina de Licín.

Coa chegada do Imperio Romano a internet chega ao rural pra conquistar mellos ós galegos e así deixan os castros e baixan a Rosende, Mourelos, etc e así aproveitaron pra roubarlle so ferro da mina de Licín e levala pro Vaticano a través da calzada romana nos Cóvados de Belesar. Esta mesma autovía foi usada polos suevos, que viñeron instalarse entre nós pra trebellar un pouco o ADN galaico e poñían modernas granxas de explotación gandeira (con wifi e todo) en Reiriz, Arxeriz, Xixiriz... ata que viu Martiño de Dumio a por orde entre os místicos da Ribeira Sacra e lles deu unha regra monástica pra que deixaran de facer experimentos que os dogmas do catolicismo non permitían e de paso cristianizar a zona, que aínda seguían rezando ós Lares Viales.

Se ben a Idade Media comezou ben o resto foi a peor, xa que os reis de Madrid foron regalando estas terras a fidalgos e monxes, que trouxeron escravos e "repoboaron" a zona a base de mandar emigrar ós que xa estaban antes, que fuxiron pra América a ver indias en tetas sen que a Inquisición Española os queimase por iso. Durante o Antigo Réxime curas e militares viviron a corpo de rei, ata que veu a IIª República e cando se ía facer xustiza veu Franco e ala de volta pro Antigo réxime, ata que Deus, que o quería pouco, so levou de moiiii vello pro alén. Non sen antes deixar a Felipe González ao mando de España.

Coa entrada na Unión Europea fodéronnos e xa non deixaron que producíramos mais leite e houbo que vivir das pensións dos nosos avós, ata que estes palmaron e a xente nova emigrou vía internet pros mundos de Iupi. O problema foi tal que os pepeiros concibiron un plan pra repoboar estas terras traendo chineses do Tíbet pra acó, e así salvouse Galicia de quedar sin xente... pero sen lingua galega, menos mal que veu Lucila Skywalker, cabaleiro reintegrata e refixo a grande escola galegofalante con varios angolanos trala IVª Guerra Civil Española.

Xeografía[editar]

O Saviñao atópase no val do Alto Miño, entre Lugo e Ourense.

Clima[editar]

O Clima do Saviñao é como o da selva das Quimbambas, pero en vez de calor con frío. De tal xeito que Admusen veu aquí a facer prácticas antes de ir explorar o Polo Norte.

Fauna e flora[editar]

Entre a fauna destaca o cancadrilo, que nada feliz polo río Miño/Baenís á procura de carne humana fresca e saborosa, xa que a carne de vaca é moi pobre pra él debido a que só comen pienso e claro... así despois viran tolas as pobres. Na flora destacan os fentos, que cada día son mais e comen terreo a esgalla, un día destos van tapar incluso a capela de Santiago de Compostela!!

Parroquias[editar]

V  C  E h
Galicia Galicia | Provincia de Lugo | Parroquias do Saviñao
Abuíme (San Xoán) | A Broza (San Tomé) | Chave (San Sadurniño) | A Cova (San Martiño) | Diomondi (San Paio) | Eirexafeita (San Vicente) | Fión (San Lourenzo) | Freán (Santa Cecilia) | A Laxe (San Fiz) | Licín (Santalla) | Louredo (Santiago) | Marrube (Santa María) | Mourelos (San Xulián) | Ousende (Santa María) | Piñeiró (San Sadurniño) | Rebordaos (Santalla) | Reiriz (Santa María) | Rosende (Santa Mariña) | San Vitoiro de Ribas de Miño (San Vitoiro) | Santo Estevo de Ribas de Miño (Santo Estevo) | Segán (Santa María) | Seteventos (Santa María) | Sobreda (San Xoán) | Vilacaíz (San Xulián) | Vilaesteva (San Salvador) | Vilasante (San Salvador) | Vilatán (San Xoán) | Vilelos (San Martiño) | Xuvencos (Santiago)

Véxase tamén[editar]

60px-Bouncywikilogo.gif
Para os usuarios sen sentido do humor, os nerds de Galipedia (a nosa sátira autorizada) ten un artigo pouco fiable sobre: O Saviñao.

Outros artigos[editar]

V  C  E h
Concellos da Comarca da Terra de Lemos
Comarca da Terra de Lemos
Bóveda
Bóveda
Monforte de Lemos
Monforte de Lemos
Pantón
Pantón
A Pobra do Brollón
A Pobra do Brollón
O Saviñao
O Saviñao
Sober
Sober
V  C  E h
Galicia Concellos da Ribeira Sacra Lugo (provincia).svg.png
Inquisición tank.jpg
Baños de Molgas · Castro Caldelas · Chandrexa de Queixa · Chantada · Esgos · Maceda · Manzaneda · Monforte de Lemos · Montederramo · Nogueira de Ramuín · Pantón · Parada de Sil · Paradela · O Pereiro de Aguiar · A Peroxa · A Pobra do Brollón · Portomarín · Quiroga · O Saviñao · Sober · Taboada · A Teixeira
V  C  E h
Galicia Galicia | Provincia de Lugo Lugo (provincia).svg.png
Provincia de Lugo en debuxo.jpg
Abadín - Alfoz - Antas de Ulla - Baleira - Baralla - Barreiros - Becerreá - Begonte - Bóveda - Burela - Carballedo - Castro de Rei - Castroverde - Cervantes - Cervo - Chantada - O Corgo - Cospeito - Folgoso do Courel - A Fonsagrada - Foz - Friol - Guitiriz - Guntín - O Incio - Láncara - Lourenzá - Lugo - Meira - Mondoñedo - Monforte de Lemos - Monterroso - Muras - Navia de Suarna - Negueira de Muñiz - As Nogais - Ourol - Outeiro de Rei - Palas de Rei - Pantón - Paradela - O Páramo - A Pastoriza - Pedrafita do Cebreiro - A Pobra do Brollón - Pol - A Pontenova - Portomarín - Quiroga - Rábade - Ribadeo - Ribas de Sil - Ribeira de Piquín - Riotorto - Samos - Sarria - O Saviñao - Sober - Taboada - Trabada - Triacastela - O Valadouro - O Vicedo - Vilalba - Viveiro - Xermade - Xove