O máis galego

De Desgalipedia
A galega.jpg O máis galego é unha cousa da Telegaita.
Use con moderación para non sentirse manipulado pola Xunta de Galicia.
Pero coidado: se vandalizar, Feijóo ha te borrar cunha goma.

O máis galego
O máis galego.jpg
Formato Logo do programa "O máis galego".
Duración 50 min 4 min
Creado por Zopilote
Desenvolvido por Zopilote Produccións
Presentado por Morris e amigos
Localización(s) Louredo, Cortegada de Baños.
Cadea TVG
Número de temporadas 2

O máis galego é un programa de só 4 minutos que serve para informar sobre quen é o máis galego, e dirixido especificamente ós Mouros, Morris seleccionaa dous rivais que teñen que demostrar o seu nivel de galeguidade a través de varias preguntas, as respostas conqueridas son medidas polo galiciómetro, un aparello que mide o nivel de galeguidade do suxeito.

O Galiciómetro[editar]

Dito aparello foi encarregado polo goberno de Albor pra poder encher o primer parlamento de Galiza de auténticos galegos, a CIA foi a empresa seleccionada pra que inventase dito aparello de selección de candidatos autónomos.

Dito aparello é un computador que pesa 2 toneladas, ocupa dous edificios[1] na capital de Galicia, Lugo, o seu interior está cheo de relés e sinapsis autóxenas, que según algúns nerds do CUVI pode que desenrolasen A.I (Intelixencia Artifial) e pode que o galiciómetro teña alma e conta no Banco Pastor. Nembargantes descóñecese o propio nivel de galeguidade do galiciómetro, o propio Man de Camelle di que Castelao se encarnou nel pra guiar a Galiza cara os Estados Unidos Ibéricos.

Polémicas[editar]

Rivais xogando ao máis galego.

Dende o principio o programa levantou moitas polémicas debido ó emparellamento dos contricantes:

  • Manuel Fraga - Xosé Manuel Beiras: durante varias xeiras ambos rivais estiveron moi baixo no galiciómetro, especialemnte Beiras que cando viu que Fraga se levaba o xamón do programa por gañar todo atacou cun zapato ó galiciómetro.
  • Manuel Fraga - Baltar: Fraga voltou ao programa a tentar gañarlle a outro peso pesado do galiciómetro,Xosé Luis BAltar, finalmente Baltar saiu vencedor, el e seu fillo offcourse!
  • Xosé Cuiña - Mariano Rajoy: Trala marcha de Fraga ambos tentaron conseguir o máximo de votos do galiciómetro, cando xa parecía que Cuíña estaba gañando Rajoy fíxose informático e camelou ó galiciómetro por peteneras, marchando con él en lúa d emel ás cataratasdo Niágara.
  • Alberto Núñez Feijóo - Baltar: Baltar voltou ao programa ao quedar sen cartos das subvencións, deste volta enfrontouse a un novo peso pesado, quedando a batalla entre ambos rivais en táboas (de eucalipto, claro).
  • Alberto Núñez Feijóo - Touriño: Neste xeira Touriño gañou de forma espectacular, pero un falo de novo rico fixo que perdera na segunda volta.
  • Alberto Núñez Feijóo - Anxo Quintana: idem de Touriño.
  • Alberto Núñez Feijóo - Pachi Vázquez: Feixóo voltou gañar contra do fillo de Touriño.
  • Alfredo Conde - Camilo José Cela: Ambos rivais dinamizaron o plató a base de cántigas de aigo, pero finalmente ficou tudo en cantigas de maldizer.
  • Mercedes Peón - Cristina Pato: Ambas músicas deitaron grandes aturuxos, saíndo vencedora Mercedes Peón tras descubrirse que Pato tentaba engaiolar ao galiciómetro por medio de fotos subidiñas de tono.
  • Samuel Solleiro - Wenceslao Fernández Flórez: Ambos escritores usaron o leixaprén gañando Wenceslao na primweira tempada, pero finalmente o de Tui deu co triunfo a base de respostas ambivalentes.
  • Manuel Gago - Francisco Calo Lourido: tra sun primer trunfo de Calo Lourido con varios termos ad hoc e científicos o galiciómetro quedou engaiolado polo amplo corpo de sílfide de Gago, as malas línguas aseguran que Gago deu gañado tras meterlle unhas cuncas de viño Ribeiro ao galiciómetro no seu porto USB principal.
  • Mario Casas - Luis Tosar: mentres Tosar semellaba que non ía poder saír dun 20% (polas súas cellas maiormente) Mario Casas acabou perdendo tras non saber aturuxar en debidas condicións.
  • Superpiñeiro - Jesús Vázquez: O concurso iva moi ben, pero tras unhas grandes subidas no galiciómetro de Jesús Vázquez, Superpinheiro deu coas respostas axeitadas (sobre todo ao abrir ben a boca) e gaño o concursos... e a Xesús tamén!
  • Fernando Romay - David Cal: tras unha gran remontada de Romay, finalmente Cal venceu tras respostar cun "non sei...." moi da terra á utima resposta.
  • David Rubín - Kiko da Silva: cando semellaba que o de Ourense ía gañar a ao de Pontevedra, na última xeira Kiko deu coas respostas ambivalentes e gañou.

Notas[editar]

  1. Moi probablemente no mesmo predio onde se atopa o servidor da sagrada Desgalipedia. Isto pode explicar as continúas caídas do servidor.

Véxase tamén[editar]

Outros artigos máis galegos[editar]