Orde Esotérica de Dagon

De Desgalipedia
Dirty McNasty-01.jpg Orde Esotérica de Dagon é demandado pola CIA, KGB e por Jack Bauer
por crimes contra a sociedade e é moi perigoso.

Nosa Señora de Desgalipedia odia cousas como Orde Esotérica de Dagon
e ha chamar o superheroe Administrador maligno para te prender.

A Orde Esotérica de Dagon ou OED (e inglés: Esoteric order of Dagon) ou Orden esotérica de Dagon, é unha asociación relixiosa da viliña de Imboca.

Historia[editar]

Esta asociación de culto a seres sobrenaturais foi traída a Imboca (vila mariñeira cerca moi cerca cerquísiiiiima de Combarro, Poio) por mediación do capitán Odilo Marsh, antergo de H.P. Lovecraft. Este culto baseábase na adoración a Dagon un deus como deus manda, que si lle rezabas che ofrecía ouro e moitos peixes asi que Combarro andou na abundancia durante séculos. A cambio diso só tes que ofrecer as túas fillas aos profundos para que teñan descendencia e poidas ir cos teus netos á praia sen temor a que afoguen, ou os leve a corrente!

No século XX tiveron unha división, xa que uns disidentes oa mando de Manuel Fraga, xa que interpretaba as inexstentes escrituras sagradas como un reto para facelo pero a rama ortodoxa negouse a inventar uns orixes milenarios e permitir que a historia fose a de sempre, que o culto foi traído de Oceanía, pero iso molestaba a estes disidentes porque non lles molaba nadiña que seguisen un culto "inventado" por persoas de raza diferente e que non foran brancos, asi que fundaron outra orde, a ORAD (Orde Renovada e Auténtica de Dagon).

Para sacarlle as patentes Fraga foi aos tribunais e denunciou á vella OED por copiarlle seus estatutos e crenzas, con este paso buscaba limar as bases de poder do supremo gran mestres bucaneiro da EOD pero debido a que nos seus panfletos tamén atacaba á KGB un día un Fragasauro voador acabou coa súa vida, e os disidentes voltaron ao redil. Evidentemente foron ofrecidos en sacrifico a Dagon.

Membros da Orde de Dagon[editar]

Véxase tamén[editar]

Outros artigos[editar]