Orde de Cluny

De Desgalipedia

A Orde de Cluny foi unha empresa multinacional moi poderosa na Idade Media, tanto que poñía e sacaba papas a capricho, creou o estilo románico, conspirou pra poñer condes e reis favorables ós seus intereses.

Historia[editar]

O mosteiro de Cluny (Francia) foi fundado nunha chaira montesía no século X, cando un rei gabacho doou estas terras ó papa, pra que éste lles dera superpoderes, como daquela habia miles de mosteiros e cada un facía o que lle saía do hábito (habendo varias regras monásticas) e mesmo había mosteiros mixtos de monxes e monxas (como os da Ribeira Sacra).

O rei puxo un abade reformista, que puxo firmes a todo os monxes dalí, e como viu o rei que aquilo era bo o mandou facer en tódolos mosteiros do seu reino, facendo que o abade viaxase de mosteiro en mosteiro ensinando as regras de Cluny, aumentando a fama e prestixio de Cluny (ó que lle deixan facer moeda incluso) fórmase así unha organización de mosteiro autárquicos pero suxeitos á autoridade de Cluny, expandíndose polos reinos cristiáns da Península Ibérica (reinos de Aragón, Asturias, Galicia, León) por toda Francia, Occitania, Padania, Bretaña, Italia, Alemaña, Serbia, etc

Debido á precisión e rixidez dos seus regramentos a empresa foi medrando, algúns dos seus abades chegaron a ser árbitros de reis, conspirando nos mosteiros e as súas redes clientelares socioeconómicas pra tumbar reinos incluso; outro abade consegue meter de novicios a miles de fillos de papá nobres mentres cae o imperio de Carlomagno Cluny alíase cos pequenos señores feudais e Condes nacionalistas independentistas cos cales armar estuturas de poder alleas ós grandes reinos e así poder enfrontarse ao Emperador romano xermánico e contratar a uns cantos matóns e mercenarios pra "adoptar" mosteiros á súa obediencia.

Finalmente as súas finanzas viñéronse abaixo ó tentar construir Cluny III, unha megabadía tipo Cidade da Cultura de Galicia, que os fixo quemar en bragas frente a outro competidor, a orde do Cister, mentres pola parte de atrás abroullaban as ordes mendicantes.

A Orde de Cluny en Galicia[editar]

Esta orde entrou na península ibérica cando consegiu que un rei leonés lle dera uns mosteiros no Camiño de Santiago, grazas ó cal entrou na rede de mosteiros celtibéricos no século XI, durante o reinado de García de Galicia esta orde conspirou contra del aliándose co seu irmán traidor Sancho, grazas a iso o nobre Iñigo Vermúdez dooulles o mosteiro de Vilafrío (Castroverde, Lugo) e tivo influencia pra nomear bispos e arzobispos en Santiago de Compostela, (como Diego Xelmírez, Berenguel de Landoira e Rodrigo Jiménez de Rada).

A mediados da Idade Media tiveron forte competencia por parte da Orde do Císter, cos cales se pelexaron por ver quen facía mais mosteiros, quen tiña mais escravos musulmáns, etc

Véxase tamén[editar]

60px-Bouncywikilogo.gif
Para os usuarios sen sentido do humor, os nerds de Galipedia (a nosa sátira autorizada) ten un artigo pouco fiable sobre: Orde de Cluny.

Outros artigos[editar]