Orde do Temple

De Desgalipedia
(Redirixido desde "Orde dos templarios")
Selo dos templarios.

A Orde dos templarios é unha empresa católica que durante a Idade Media serviu de touroperadora a miles de pelegríns cara Xerusalén, protexéndoos polos camiños contra bandidos, debido á súa acumulación de riquezas ergueron importantes bancos por toda Europa ata que o Papa os eliminou debido a que sabían mais ca él e non lle querían dar o segredo da terna xuventude.

Historia dos templarios[editar]

Orixe[editar]

Típico cabaleiro templario.

Durante as Cruzadas (unha jihad cristiá en Israel) no medio da Idade Media un grupo de amigos decidiron fundar unha empresa de protección privada pros turistas cristiáns que quixeran visitar Xerusalén e todo o merchadising de Xesús de Nazareth que presuntamente alí había.

Como presuntamente non tiñan onde caer mortos déronlle un local ao lado das ruínas do templo xudeu (que fora arrasado 500 anos antes polo Imperio Romano e despois os musulmáns lle plantaran unha mesquita enriba), de ahí tomaron o nome de "templarios". Grazas a esta veciñanza os templarios fixéronse coa Arca da Alianza (ésa que Hitler tentou atopar per que ao final Indiana Jones lla regala ós Estados Unidos de América e o Santo Graal (que despois un templario fuxido se levou pra cidade de Petra en Xordania) pra pechala nun Hangar da Área 51) e obtiveron moitos superpoderes, a "orde templaria" medrou rápido e en poucotempo tiveron poderosos padriños que lle abriron centos de portas e fixéronse poderosos en media Europa.

Fundaron o Templar Bank, con sede en Londres, París, Roma e Santiago de Compostela, cos miles de divisas e prestándolle miles de maravedises e diñeiros ós reis cedo tiveron a éstes collidos polas pelotas, ademais tiñan as super armas atómicas (arca de alianza e grial) ao memso tempo que os seus contactos cos árabes lles aumentarn o seu saber científico e tiñan múltiples laboratorios de maxia e alquimia (onde fabricaron a primeira bomba atómica, a pornografía, internet, facebook..).

Apoxeo e caída[editar]

Debido a varias fotos dos seus presidentes con compañías inquietantes a bordo de iates o parlamento de Francia e Italia montaron un comité de investigación e descubriron que:

  • Facían orxías e non invitaban a ninguén de fóra da orde.
  • Os gays podian casar e mandar dentro da orde.
  • Pra entrar dentro non facía falla ser fillo de ou ter certificado de boa conducta firmado pola garda civil local e o crego parroquial.
  • Tiñan democracia interna.

Todo isto fixo cundir o pánico e a monarquía de Francia e o Papa decidiron prender a todos e eliminalos. Algúns templarios conseguiron fuxir a reinos onde foron mais amables con eles(Galicia, Portugal, Aragón, Inglaterra, Escocia) cos ses tesouros iniciáticos a salvo.

Os templarios en Galicia[editar]

Os primeiros templarios chegaron a Galicia a mediados do século XII. Ao principio dividíronse administrativamente a península ibérica dominada polos cristiáns, por un lado Aragón e Cataluña e do outro Portugal en "provincias"; tempo despois a "provincia" de Portugal sería dividida en dúas provincias: Portugal e Galicia-León.

Mandando en cada provincia está o Maestre provincial, sendo un dos mais poderosos da "provincia" templaria de Galicia-León o comendador (grado inferior a maestre) da bailía do Faro (actual A Coruña) xa que atopara o casco de Breogán e déralle superpoderes. En 1232 celébrase un Consello Templario Galaico (onde só asistían os comendadores galegos e invitados os de Ponferrada e Zamora), noa no 1244 fírmasen as paces co bispo de Lugo (co cal se pelexaban polo dominio sobre a tasas de licencia de constrcción de obra pública). Fanse amiguiños do rei Fernando II de Galicia e León (que lles regala Ponferrada) mentres eguían pelexando contra outras Orde Militares por obter maior número de castelos e terras.

Grazas ós seus contactos con altos funcionarios da Corte e mesmo sendo eles amigos dos reis e funcionarios deles.

Posesións templarias en Galicia[editar]

En cada bailía hai un comendador que goberna á súa vez a sterras soltas(pastos,plantacións, viñas, igrexas impostos de pontes, etc)

Provincia de A Coruña[editar]

  • A Laracha: Laracha, Laxe, carballo, Malpica, Vimianzo, Val do Dubra.
  • Betanzos: Miño, Coirós, Oza, Curtis.
  • San Sadurniño: con rpopiedades pola comarca de Ferrol, tiñan un hospital en Sam Sadurniño.

Provincia de Lugo[editar]

  • Guntín: con terras soltas por Guntín, Palas de Rei, Monterroso, Taboada, A Golada, San Fiz do Hermo.
  • Láncara: Sta. María de Neira.
  • Sober: con terras nete concello e nos limítrofes.

Provincia de Ourense[editar]

Provincia de Toroño (Tui)[editar]

  • Tui: terras soltas por onde pasa o camiño xacobeo portugués.
  • Vigo: bailía de Coia.
  • Pontevedra: terras soltas nas aforas.
  • Salnés: Caldas de Reis.

Trala persecución en francia dos templarios, no reino galego o rei Fernando procede a xulgalos pero sen poñer día asi que eles moven fiche, o seu xefe seduce e fode coa vella nai do rei pra así ter mais poder sobre él e ao memso tempo seducee fode co infante real próximo a ser rei pra así podelo controlar, a raíña nai dáse conta e visita ó infante ao que ameza co inferno, éste chama ao presidente templario que todo convencido vai á Corte pero alí é traizoado e ten que entregar tódolos castelos dos templarios.

As súas terras pasaron a mans do rei, algúns nobres e as outras Ordes militares (especialmente a Orde Hospitalaria); nembargantes mairoría de terras templarias en Galicia foron regaladas polo rei a Pedro fernández de castro a través de doazóns polo servicio sexuais prestados sodomizando moros na Reconquista, desta familia dos Castro pasaría na Baixa Iade media á familia dos Andrade (Como Nuno Freire de Andrade, O Mao)

Véxase tamén[editar]

60px-Bouncywikilogo.gif
Para os usuarios sen sentido do humor, os nerds de Galipedia (a nosa sátira autorizada) ten un artigo pouco fiable sobre: Orde do Temple.

Outros artigos[editar]