Orquestra

De Desgalipedia
Típica pelexa entre os músicos de orquestra.

Unha Orquestra ou Banda de música é un grupo de músicos profesionais utilizados para tocar música mainstream mediante arranxos musicais e así non pagar copyrights e tocar en directo (aínda que a maioría de orkestas o fan con grabacións) e sacrase uns cartos.

É o negocio cultural mais lucrativo de Galicia, tendo a tempada de primavera e verán os meses onde traballan (o resto do ano os músicos andan ceibes buscandose a vida noutras cousas), paradóxicamente, non son os músicos que namis cobran..son os representantes, axentes que se asocian para coaccionar a alcaldes con que se non lles dan TODAS as festas de tal sitio;ou sexa todos os días) non lles levan a Panorama ou Paris de Noia... se non conseguen o pack completo fan contraprogramacións en concellos veciños ao concello que non pasou polo seu aro ofrecendo actuacións a menor prezo.

Historia[editar]

Nas orquestras sempre sempre sempre hai que levar unha cantante cachonda... ademais sempre erguen a moral do xefe.

Xurdiron a mediados do século XIX a imitación das bandas militares de música en Ribadavia tocando ao principio marchas e pasodobles e logo facendo arranxos de melodías de música clásica e nos últimos tempos de música mainstream ou bandas sonoras de cine.

Foron competencia directa dos gaiteiros e debido ó mercado de demanda-oferta fixéronos desaparecer nas vilas e cidades debido a ése mesmo mercado foron desaparecendo a finais do século XX debido ás agrupacións musicais e orquestras como a París de Noia e orquestra panorama que sumaron ós instrumentos de vento e percusión das anteriores bandas de música os instrumentos de corda, sintetizadores e vocalistas (sobre todo vocalistas cachondas que sempre atraen xente no cartel polo menos).

Este tipo de orquestras de finais do século XX (que a wikipedia chama banda musical e orquestra o deixa para músicos de música clásica só) foron as que mais duraron debido a que son empresas culturais cons fins lucrativos cuxo persoal só aumenta nos meses quentes e despois se desfai deles na maioría, non recibe subvencións debido a que ninfalta lles fai xa que os concellos e comisións de festa lles pagan de sobra.

Estilo musical de orquestras galegas[editar]

Grazas a este cartel podemos adiviñar o estilo musical que gastan... mmmmmm... será electrotango minimal?

Debido ó caracter popular destas agrupacións musicais soen tocar música comercial, mainstream, populacheira e vulgar, entre as que se contan:

  • Tangos, para arrimar cebolleta.
  • Boleros melosos de lágrima fácil.
  • Bachata para menear cús.
  • Merengue para dar sabrosura ás femias.
  • Salsa, para apalpar e así saber se a compañeira é apta para a procreación.
  • Rock pop, tipo "Operación Truño" ou "los 40 principiantes".
  • Electro latino, para poder menear a stetas e así deixarlle ver ás veciñas o ben que sinte as operacións de bufas.
  • Música Pimba, de onde se tiran grandes cancións sexuais para facer rir.

Composición dunha orquesta[editar]

Dependendo do número de persoas que fan que tocan nela, recibe un nome ou outro:

  • Grupo: formado por dous ou tres ensuciateclas, cun guitarra, teclados e vozes (a ser posible algunha muller fácil).
  • Orquesta: esta ten mais de catro persoas e soe ser un cúmulo de:
  1. Cantantes: algúns non se saben a letra e a teñen escrita en papeis no chan....
  2. Ensuciateclas: con darlle a algunha santa tecla soa un combo de percusión e harpa eólica que non vexas.
  3. Escupeinstrumentos: son so que soplan botellas e logo vanlle dar ao saxo, trompeta ou corno vikingo.
  4. Batería: a éste é moi fácil descrobirir se fai playback, con só mirar se briva o tambor do medio xa está, neste posto soen poñer ao pailán cpon sobrepeso.
  5. Muller: poñen voz cantarina, cú e tetas... ademais pintan moi ben nos carteis.

Orquestras famosas de Galicia[editar]

As orquestas Panorama e Paris de Noia son as mais caras (ambas rexentadas pola sociedade Espectáculos Lito) e as que mais xente atraen(ata que se cansen de tanta pantallita).

  • La Lira de Ribadavia, empregada pola OTAN para invadir Serbia e que os exiugoslavos deixaran de matarse.
  • Real Filharmonía de Galicia, de Santiago DC feita para vere se resucitaban a Santiago Zevbedeo.
  • Orquestra sinfónica de Galicia, feita por Francico Vázquez para conseguir a capitalidade de Galiza.
  • Orquestra Panorama, que popolarizou os peitos da cabritinha e por iso recibiu un premio da Unión Europea por animar á fusión de Galicia con Galicia do Sur.
  • A banda das crechas, feita por antiimperialistas.
  • Psicofónica de Conxo, feita por psiconautas para sacar a Galicia do atraso.
  • Orquestra París de Noia.
  • Orquestra Mallo.
  • Filadelfia.
  • Orquestra Olympus, que gañou un récord Guinnness a base de tocar un loop da antiga marcha do reino de Galicia tipo cumbia.