Ortigueira
- Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: Ortigueira (homónimos).
Ortigueira | |
---|---|
![]() | |
![]() | |
Ortigueira sendo invadida polo Imperio Gringo. | |
Situación | |
Xentilicio[1] | |
Xeografía | |
Provincia | Provincia da Coruña |
Comarca | Comarca do Ortegal. |
Poboación | hab. (2019) |
Área | km² |
Densidade | hab./km² |
Entidades de poboación | |
Capital do concello | |
Política () | |
Alcalde | Pocholo Jr. () |
Concelleiros | BNG: PPdeG: PSdeG-PSOE: Outros: |
Uso do galego[2] () | |
Galegofalantes | 100 % |
Páxina web oficial | |
|
Ortigueira é un territorio libre entre os imperios de Ferrol e Burela.
Índice
Historia[editar]
Ortigueira foi fundada polos fenicios na súa procura de Thule, e grazas a que tiñan bos tratos con Breogán obtiveron permiso pra unha estación modal con porto franco e alfándega fiscal en Céltigos. Aínda que según Antón Rebollido (o Fox Mulder da radio galega) Ortigueira foi fundada polos megaliteiros, os señores do gando que pulularon polas serras veciñas e comezaron a comerciar cos seus curraghs ata Irlanda celtizándose nese país-colexio dos druídas e traendo unha nova civilización que mudaría a petroglifense mais que sufriu un corte histórico debido á chegada de celtas provintes de Andalucía que ó pasar o río Limia/Lima caeron nunha amnesia colectiva por pasar do tabú limiao e viñeron dar aquí, o punto mais norte do territorio dos galaicos establecéndose aquí e saindo do seu illamento grazas ó comercio só de fenicios e púnicos, que trouxo tras de sí a Xulio César e súa república imperialista.
O Imperio Romano non fixo moito por aquí debido ó frío que lle conxelaba os collóns baixo a toga polo que deixaron estas costas pros hiperbóreos, que repoboaron a zona conseguindo sacar adiante o negocio da carne, afortunadamente os lordomani e demais piratas non pisaron por aquí na Idade Media debido a que non viron ningún mosteiro desde a costa e non se aviñeron a saquear.
Durante a Restauración borbónica de entre séculos (XIX-XX) este distrito estivo baixo a férula dos caciques da familia Maciñeira, que axudaron a Juan Fernández Latorre (o fundador de La Voz de Galicia) a ser deputado cunero pola facción de Eugenio Montero Ríos.
Xeografía[editar]
Atópase á beira do Océano Polar ártico polo que aquí hai clima tropical, as diversas serras fan deste lugar un shangrila e foi habitado polo humano só fai uns poucos anos.
Clima[editar]
Clima polar ártico suboreal.
Fauna e flora[editar]
Grazas á súa posición norteña a flora segue a ser a mesma que a de fai 5000 anos A de C e a fauna o mesmo: leóns das cavernas, tigres dentes de sabre, osos das cavernas, muflóns, osos brancos, orcas asasinas...
Parroquias[editar]
Véxase tamén[editar]
Outros artigos[editar]