Ourense

De Desgalipedia
Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: Ourense (homónimos).
Ourense
Bandeira de Ourense Escudo de Ourense
Ourensefriki.jpg
Ourense friki.
Situación
Situacion Ourense.PNG
Xentilicio[1] Orensano/Ourensán.
Xeografía
Provincia Ourense
Comarca As Burgas Ourense
Poboación de pepeiros hab. (2018)
Área km²
Densidade {{{densidade}}} hab./km²
Entidades de poboación
Capital do concello
Política ()
Alcalde Requila I (PPdeG)
Concelleiros BNG:
PPdeG:
PSdeG-PSOE:
Outros:
elección dixital
Uso do galego[2] ()
Galegofalantes 100 %
Páxina web oficial
  1. Véxase no Desgalizionario.
  2. Datos dos tempos de Manuel Fraga publicados en 2018, ou non.
Cita1.pngOrense, se dice OrenseCita2.png
Francisco Vázquez sobre Ourense
Cita1.pngSanto carallo meu!!! Qué fixeron do meu balnearioooo!!!??????Cita2.png
O deus Reve sobre Ourense

Ourense ou Oréns é a capital do imperio pepeiro do Northe, famosa polas súas pontes con balnearios baixo os arcos.

Historia de Ourense[editar]

Prehistoria ourensá[editar]

Ao principio non habia ni Deus neste val, soamente se enchía o 10 de Novembro, xa que se reunían os castrexos dos arredores pra ducharse por única vez no ano no que hoxe son as burgas e alí tiñan un santuario ao deus Reve (que fora un fisioterapeuta paleolítico con moita sona). Nas praias da Oia ourensá centos de xitanos vivían de buscar pebidas de ouro para logo vender ós galaicos e faceren seus torques para chamara a tención das garotas cudeiras.

Historia romana ourensá[editar]

Romanos conquistando a España, agás unha certa aldea.

Pero viñeron os Romanos e puxeron un cuartel onda o Barbaña, comezarona roubar todo o ouro que baixaba polo río abaxio pra engrandecer o Vaticano e desde entón os ourensáns víronse obrigados a emigrar ou ser do PPdeG pra entrar na Diputación, que grazas a seus enchufados conseguiu facer pasar por aquí unha calzada romana que os unía con Braga (onde ía á praia) e Astorga (por onde lles roubaban o ouro cara Roma).

O santuario ao deus Reve medrou grazas á feira de cada 15 e os romanos montaron puticlús para todos nas cercanías, aumentando a poboación do lugar, fíxose a ponte romana para podere pasar o emperador cara á outra beira sen mollalas sandalias nas lamas.

Ourense medieval[editar]

Os Irmandiños facendo xustiza co PXOM e derrubando o castelo Ramiro.

A Idade Media foi encetada co fin do Imperio Romano, viñeron os suevos e déronlle a patada no cu ós romanos, puxeron a capital do seu reino ó principio en Ourense co nome de Warmsee, e como o fillo do rei colleu unha ETS fuxiron todos de alí e puxeron a capital en Braga (PortugalGalicia do Sur), mentres seguían peleándose cos galaicoromanos, excepto cando ían invadir outras terras da Península Ibérica que era cando si que se xuntaban tudos. Logo viñeron os visigordos, que a foderon tanto que provocaron a Jihad que invadiu Hispania, creando os moros España e o pequeno imperio mesetario, que logo os Reis Católicos reconquistaron pero Ourense xa non pintaba nada durante o Antigo Réxime.

A final da Idade media comezan os séculos escuros, o alcalde, Vicente Risco abriu a escola de ocultismo e as forzas vivas abandoaron o Capitalismo polo deixadismo.

Ourense na Idade Moderna[editar]

Durante os séculos escuros Ourense foi perdendo riqueza, o viño Ribeiro deixouse de vender a Inglaterra por culpa dos reis de Madrid, nesta época o alcalde Manuel Cabezas regaloulle o poder ao bispo para deter a guerra civil ourensá (entre fidalgos e monxes) provocando que se deixara de ir ás Burgas (xa que non había tantos feridos bélicos) e se usara só para ir limpar os gallumbos, Ourense perdeu o turismo, só se pobou grazas ós soldados que enviaban os reis para que Lisboa non lles roubara a ponte romana.

Ourense contemporáneo[editar]

Nin sequera Napoleón se parou en Ourense, enviou un cabo chusqueiro para capturar ao Marqués das romerías durante a Guerra peninsular que pasou por aquí e deixou uns cantos caciques que dominaron a zona durante os seguintes cen anos, sendo barridos polo O Carrabouxo, que provocou a chegada da IIª república española, varios intelectuais crearon o BNG co fin de voltar poñer Ourense no mapa, crearon un panfleto de propaganda turísitica chamada "Xeración Nós" pra rubir a economía da zona, pero veu Franco e os matou a todos, puxo unha Diputación pra controlar a todo o mundo e Ourense voltou quedar onde estaba.

Ata que a principios do século XXI creouse o soviet das Burgas que iniciou o rexurdimento da cidade, pero Stalin iniciou unha purga entre pachistas e vazquistas e o soño nacionalsocialista veuse abaixo sendo sustituido por Jácome, o profeta ourensánque levou coa súa jihad o ourensanismo ata Madrid.

Xeografía[editar]

Xeoloxía[editar]

A cidade de Ourense atópase nunha conecha sobrequentada no val centroso do Río Miño na Grande Nación Galiza. É a capital da provincia desde que viñeron os suevos e puxeron a Baltar na Diputación, aínda que tamén é coñecida por ser a capital do Termalismo, aínda que a cidade levas séculos sen balneario...

Ao principio Ourense era unha chaira pantanosa por onde pasaba o Beilís ou Miño, ata que entrou en erupción o volcán das Burgas e foi destruindo as marismas, creando un boquete hipercálido onde se desenrolou un ourense subtropical con aires atlánticos, o magma petrificou en forma de catedral mentes a escoura que caía do ceo segue caendo a día de hoxe e todo o mundo pensa que é néboa.

Clima[editar]

O verán ourensán atrae cada vez mais turistas, que van sacarlle fotos ó termómetro de san Lázaro (aínda que tamén a Progreso).

O seu clima é tropical boreal con grandes oscilacións que levan á creación de só duas estacións do ano en Ourens: o Verán e o Inverno (as outras dúas non existen) así a cidade pasa dun calor extremo a un frío con humidade intensa, este clima nembagantes non está sendo usado pra industria nuclear como cabería agardar asi que os ourensáns seguen emigrando (a non ser que sexas do PPdeG baltarista).

Flora e Fauna[editar]

Valle-Inclán facendo comentarios sobre as costumes da provincia a finais do s XX.

A única flora que aguanta o clima ourensán son as algas baxio as augas do Miño e as flores psicotrópicas que nacen á beira do río, como o estramonio. Nembargantes a fauna amosa unha grande diversidade que non cantidade:

  • Pepeiros: animal de gran tamaño, depredador e polo tanto e perigo de extinción, razón pola cal se construiu a Diputación de Ourense para protexelos.
  • Vellos: seica proveñen de Velle, son maioría en Orens e dominan a cidade a golpe de boinazo, soen andar en bandas ou pandillas vestidos con pantalóns de pinzas e camisas, adornando seus pescozos con cadeas onde colgan amuletos e homes cravados a un madeiro. Fan botellón de osíxeno todo os días por San Lázaro.
  • Ionkis e putas: minoría poboacional en retroceso, resisten numantinamente no casco vello na rúa do villar.
  • Seminaristas: freaks que viven nas ladeiras do monte A52 e baixan á cidade a violar mulleres e roubar viño.
  • Estudantes revolucionarios: esta especie conta con só tres suxeitos.
  • Freaks: xunto cos pepeiros trátase da maior especie que domina ourens, soénse ver cerca das L.A.goas (xa que se alimentan de ancas de rá fritidas con estramonio) e pululan polo centro da cidade no casco vello a horas nocturnas onde cazan humanos e turistas despistados polo día soen montar fetsividades curiosas como o OUFF, festa merdieval, Semana do TBO...
  • Mulleres: especie en perigo de extinción, a veces tratan de camuflarse como freaks debido á súa ogridade.

Parroquias[editar]

V  C  E h
Galicia Galicia | Provincia de Ourense | Parroquias de Ourense
Ourens escudo.jpg
Arrabaldo (Santa Cruz) | Beiro (Santa Baia) | Cabeza de Vaca (San Bieito) | Canedo (San Miguel) | O Castro de Beiro (Santo André) | Ceboliño (Bo Xesús) | Cudeiro (San Pedro) | Montealegre (A Milagrosa) | Ourense | Palmés (San Mamede) | Rairo (Santa Lucía) | Reza (Santa María) | Santa Mariña do Monte (Santa Mariña) | Santiago das Caldas (Santiago) | Seixalbo (San Breixo) | Tras do Hospital (A Asunción) | Trasalba (San Pedro) | Untes (Santo Estevo) | Velle (Santa Marta) | Vilar de Astrés (Purísima Concepción) | Vista Fermosa (San Xosé)

Lugares de interese[editar]

Monumentos de Ourense[editar]

  • Pontevella: en realidade é un centro comercial...
  • Catedral de Ourense: unha copia da de Santiago de Compostela pero en cinemascope!
  • Alameda: onde ir facer o botellón.
  • Casco vello: lugar onde se concentra toda a monumentalidade ourensá, pero ollo! en calquera momento pode estourar o volcán do que proveñen as augas termais e vas tomarpolocu!!!
  • Colexio Santo Ángel: castelo do Conde Drácula da Hammer.
  • Parque Aviles de Taramancos: aproveita as augas radioactivas do Barbaña para que te poidas transformar en Spiderman, ou no seu defecto en Drag Queen Divine!!!
  • Chabasqueira: válvula de escape do gran volcán soterrado baixo Ourense onde van facer orxías.
  • Pazo de Guixamonde: onde facer galploitation!
  • Casa do Rei Miro: en Oira, feita de ferro oxidado.
  • Pasarela do Lonia: onde podes ir colgar a colada.

Barrios Famosos[editar]

  • Cudeiro:lugar de nascimento do grande chino mais famoso do mundo, o chinés Cudeiro.
  • San Francisco: Estación de tren que collían os ourensáns pra fuxir de Ourense.
  • O Posío: xungla no medio da cidade, de varias hectáreas nel viven hienas, cancadrilos, curas pedófilos, julais artistas e vellas fanáticas do tardofranquismo.
  • As Lagoas: Lugar cheo d epozas onde se tentan crear élites a través do estudo pra dominar polo menos Vigo.
  • O couto: cuna do Clube esportivo ourensán, lugar onde se suicidan en masa os seu afecionados pola peste.

Cultura[editar]

Ourensáns famosos[editar]

A Gaita Marcial naceu por aquí...

Sabias que...[editar]

  • ... votar ao PP é o deporte 100% ourensán?
  • ... se fala galego medieval?
  • ... Ourense ten praia fluvial e marítima (Samil)?.
  • ... hai mais Ourensáns en Arxentina e Vigo que en Ourense?
  • ... os mellores traballos ós que aspira un ourensán é ser afilador, paragueiro ou banqueiro en Vigo?.

Véxase tamén[editar]

60px-Bouncywikilogo.gif
Para os usuarios sen sentido do humor, os nerds de Galipedia (a nosa sátira autorizada) ten un artigo pouco fiable sobre: Ourense.

Outros artigos[editar]


V  C  E h
Concellos da Comarca de Ourense
Comarca de Ourense
Amoeiro
Amoeiro
Barbadás
Barbadás
Coles
Coles
Esgos
Esgos
Nogueira de Ramuín
Nogueira de Ramuín
Ourense
Ourense
O Pereiro de Aguiar
O Pereiro de Aguiar
A Peroxa
A Peroxa
San Cibrao das Viñas
San Cibrao das Viñas
Taboadela
Taboadela
Toén
Toén
Vilamarín
Vilamarín
V  C  E h
Galicia Galicia | Provincia de Ourense Bandeira de Ourense.png
Provincia de Ourense en debuxo.jpg
Allariz - Amoeiro - A Arnoia - Avión - Baltar - Bande - Baños de Molgas - Barbadás - O Barco de Valdeorras - Beade - Beariz - Os Blancos - Boborás - A Bola - O Bolo - Calvos de Randín - Carballeda de Avia - Carballeda de Valdeorras - O Carballiño - Cartelle - Castrelo de Miño - Castrelo do Val - Castro Caldelas - Celanova - Cenlle - Chandrexa de Queixa - Coles - Cortegada - Cualedro - Entrimo - Esgos - Gomesende - A Gudiña - O Irixo - Larouco - Laza - Leiro - Lobeira - Lobios - Maceda - Manzaneda - Maside - Melón - A Merca - A Mezquita - Montederramo - Monterrei - Muíños - Nogueira de Ramuín - Oímbra - Ourense - Paderne de Allariz - Padrenda - Parada de Sil - O Pereiro de Aguiar - A Peroxa - Petín - Piñor - A Pobra de Trives - Pontedeva - Porqueira - Punxín - Quintela de Leirado - Rairiz de Veiga - Ramirás - Ribadavia - Riós - A Rúa - Rubiá - San Amaro - San Cibrao das Viñas - San Cristovo de Cea - San Xoán de Río - Sandiás - Sarreaus - Taboadela - A Teixeira - Toén - Trasmiras - A Veiga - Verea - Verín - Viana do Bolo - Vilamarín - Vilamartín de Valdeorras - Vilar de Barrio - Vilar de Santos - Vilardevós - Vilariño de Conso - Xinzo de Limia - Xunqueira de Ambía - Xunqueira de Espadanedo
V  C  E h
Capitais de provincias de España España
Banderaespaña.png
A Coruña - Albacete - Alacant - Almería - As Palmas de Gran Canaria - Ávila - Badaxoz - Barcelona - Bilbao - Burgos - Cáceres - Cádiz - Castelló de la Plana - Cidade Real - Córdoba - Cuenca - Donostia - Granada - Guadalaxara - Huelva - Huesca - Logroño - León - Lleida - Lugo - Madrid - Málaga - Murcia - Ourense - Oviedo - Palencia - Palma - Pamplona - Pontevedra - Salamanca - Santander - Santa Cruz de Tenerife - Segovia - Sevilla - Soria - Tarragona - Teruel - Toledo - Valencia - Valladolid - Vitoria - Xaén - Xirona - Zamora - Zaragoza
V  C  E h
Galicia Cidades de Galicia (España)
A xunta de Feijoo.jpg
AcebedoBecerreáBetanzosCambreCecebreCoruvigoA Coruña
FerrolLugoMugardosOurensePontevedraSantiago de CompostelaVigo