Outubriana

De Desgalipedia
Outubriana

Outubriana.jpg
Octobriana de incógnito na Galiza.

Editorial
Primeira aparición
Creado por
Datos vitais
Nome real
Nacionalidade
Afiliacións
Compañeiros Walter Bishop, reintegrata
Outros alias
Parentes
Poderes
Cita1.pngO meu reino por unha coca cola!Cita2.png
Outubriana de si mesma!

Outubriana (en ruso: Okchobrianha e en inglés Octobriana) é unha superheroína creada nos laboratorios segredos da URSS pra protexer á civilización soviética da política liberal, o capitalismo, a liberdade, a pornografía, as drogas, a democracia burguesa, a guerra, o terrorismo, o comunismo, o cristianismo, o surrealismo, o bandidismo, o jihadismo, o islamismo, etc.

Orixe[editar]

Outubriana liberando á Galiza do poder totalitario da Xunta de Galicia.

Outubriana foi creada en Partovia onde o KGB (unha especie de garda civil) tiña posta varios laboratorios segredos. Alí o doutor Vladimir Smirnoff e seu equipo de consomoles comezou a mexclar en probetas viño do ribeiro con esperma de habitantes de Tchernobil e tras mezclalo todo nunha lavadora tántrica con óvulos de feras mulleres siberianas naceu ao fin Octobriana, a gande superheroína soviética.

Historia[editar]

Portada da cómic nos USA

Outubriana foi educada na República Checa na escola de negocios Burian Bohumil Sadecky, onde se formou en administración e Direción de empresas, peritaxe bursátil, valetudo, historia da arte, facturación falsa pra coller subvencións, sobrevivencia en ambientes hostís, kung fufú e sexo anal. Con este currículo tan extenso foi enviada a Moscova, onde estivo durante meses facendo garda ante a tumba de Lenin, ata que Stalin comezou a mosquearse e nun ataque paranoico e mandouna ó outro lado do globo terrestre, na Nova Zelanda, á procura dun novo aparello capitalista de destrucción masiva o fluggegecheimen.

Este gran aparello ocasionou unha gran odisea, chegado do mitema da Cacería Salvaxe, á procura deste grial moderno Outubriana mudou de persoalidade e coñeceu a grandes gurús da postmodernidade que lle elevaron súa conciencia e clítoris. Cando ao final puido conseguir os planos do aparello voou ata a base mais cercana do Pacto de Varsovia (a anti OTAN) e entregou os papeis ao cargo do KGB. Despois tomouse unhas vacacións nas praias das Augas Santas (Ribadeo) e como lle gustou o lugar seguiu baixando pola costa, con tan mala sorte que fixo sen querer o ritual ao chou do baño das nove ondas na praia da Lanzada (O Grove) e ficou preñada, polo que se puxo buscar como tola un home co que casar. Grazas ao KGB atopou esposo, un peixe gordo da industria armamentísica dos Estados Unidos de América, que buscaba deseperadamente unha muller loura e parva coa que enxendrar un fillo queherdase seu imperio nuclear.

Outubriana aguantou ese estilo de vida durante 13 anos e candos e fillo desapareceu nunha excursión ás covas do Rei Cintolo en Mondoñedo (unha das entradas ao alén, o Outro Mundo de onde era orixinario o rapás) marchou da mansión do seu home e recibiu a misión de dar cun grupo terrolisto que roubara un dedo da momia de Lenin pra facer armas biolóxicas. Outubriana deu cos violadores de tumbas e mandounos a un soto pintado de vermello da Lubianka, logo foise tomar o sol nun balneario de Crimea con tan mala sorte que pillou unha radiación solar e iso fíxolle ter superpoderes.

Trala caída da URSS Outubriana fuxiu ó extranseiro antes de que Boris Ietlsin a puteara e vendera ao capitalismo ou á mafia rusa, asi que defeccionou do Bloco do Este e marchou pra Galicia profunda, abrindo unha granxa de vacas en Cospeito onde viviu feliz e contenta ata que a cuota láctea da Unión Europea fastidioulle o seu paraíso e tivo que emigrar á cidade. Na capital abriu unha academia de idiomas, onde coñeceu de chiripa a outros superherores como Miñoman, Cuspiderman.