Oviedo

De Desgalipedia
Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: Oviedo (homónimos).



Oviedo
Uviéu - Uvieo
Localización
Uvieu Asturies map.png
País Asturias
Comunidade Autónoma Asturias Principado de Asturies
Provincia do Imperio Español Asturias
Canifato astur. Oviedo
Xeografía
Altitude Moi alta msnm
Superficie en costa. km²
Demografía
Xentilicio Carbayón.
Outros datos
Código postal 36
Alcalde A Regenta.

Uviéu é a capital de Asturies, cabeza da Cornixa cantábrica, sede rexia e caput mundi montañeril ata que perdeu a capitalidade a favor de Xixón trala Terceira Guerra Mundial e o bombardeo efectuado polo Pacto de Varsovia demoniaca.

Historia[editar]

Oviedo foi fundado por un pastor astur que quería ter valado o seu pasto doutros pastores. Logo viñeron os romanos e aproveitaron o valado para facer aquí un minicampamento de vacacións dos boy scouts para que lavasen a cabo aquí as súas fantasías imperialistas ata que unha revolta de escravos os barreu, viñeron os oligarcas e mandaron reconstruir isto ata que caeu o Imperio Romano e as cidades foron abandoadas porque estaba mal visto practicar zoofilia nelas e no rural non.

Durante o reino visigodo Oviedo seguiu estando deserto, non sería a ata a chegada de Afonso o Casto gay que mandou reconstruir esta cidade con varios mosteiros e palacios que se reconstruiu a cidade e se convirtiu na capital do reino, metendo nela a tódolos cristiáns que os distintos reis asturianos foron secuestrando para deixar un deserto poboacional no Duero e atacar mais rápido Al-Andalus, conseguindo así desaloxar de Xixón aos andalusíes. Logo cando se comezou a conquistar terras mais alá das montañas abandoouse esta capital pola de León e déronlle a cidade ao bispo local, que meteu na torre da catedral un telescopio para facer voyeurismo a tódolos habitantes da cidade ata que foron liberados polos revoltosos de ochobre e a Regenta, desde entón Uvieu é cidade liberada de fachas e carballós.

Pero España non podía permitir iso, asi que enviou a miles de mariscos en columnas galegas a "liberar" Oviedo durante a Guerra Civil Española zombie conseguindo implantar desta forma o goberno de Francthulhu.

Xeografía[editar]

Atópase na Shangri lá dos Picos de Europa onde o tataravó de Almanzor perdeu o seu tampón ao cagarse tras perder a batalla de Covadonga, onde unhas tartarugas ninja ao grito de "Cowabungaaa" conseguiron asustar aos recadadores de impostos de Al-Andalus e iniciar a Reconquista ao mando de Don Paio e Bo Bo Bó.

Monumentos e lugares que visitar de Oviedo[editar]

  • Catedral: a súa torre é un silo misilístico que apunta ao corazón de Musulmania, por se queren voltar visitarnos lles envian un misil intercontinental cheo de xamón.
  • Estatua da Regenta: tralo botellón na praza do paraugas hai que pasar por onda ela e morreala a fondo.
  • Pazo prerrománico do Naranco: onde Ramiro I facía orxías ocultistas.
  • Universidade da Inquisición española: no seu claustro aínda se poden ver os balazos da Guerra civil española(a de 1936).
  • Hotel Reconquista: antigo palacio remodelado como hotel/restaurante onde vai o rei de Gitaña.
  • Teatro Campoamor: onde se entregan os premios princesa de asturias.
  • Pazo de Congresos: en realidade unha nave espacial do Imperio Calatrava.
  • Estadio Carlos Tartiere: onde se enfrontan os astures contra as tropas romanas de Carisio.
  • Casa de Fernando Alonso: onde se vai de pregrinación a mercar camisas azuis astur.
  • Estatua de Woody Allen.
  • Casco vello: onde ir de chigres a enbebedarse sen decatarte de sidrina.

Cidades irmandadas[editar]

As cidades irmanadas con Oviedo, ordenadas por data de irmanamento, son as seguintes:

Véxase tamén[editar]

60px-Bouncywikilogo.gif
Para os usuarios sen sentido do humor, os nerds de Galipedia (a nosa sátira autorizada) ten un artigo pouco fiable sobre: Oviedo.

Véxase tamén[editar]

Outros artigos[editar]

V  C  E h
Asturias Asturias | Concellos de Asturias
Bandeira Asturias Don Pelayo.jpg
Allande  · Aller  · Amieva  · Avilés  · Belmonte de Miranda  · Bimenes  · Boal  · Cabrales  · Cabranes  · Candamo  · Cangas de Onís  · Cangas del Narcea  · Caravia  · Carreño  · Caso  · Castrillón  · Castropol  · Coaña  · Colunga  · Corvera  · Cudillero  · Degaña  · Eilao  · O Franco  · Gozón  · Grau  · Grandas de Salime  · Ibias  · Illas  · Langreu  · Laviana  · Lena  · Llanera  · Llanes  · Mieres  · Morcín  · Muros de Nalón  · Nava  · Navia  · Noreña  · Onís  · Oviedo  · Parres  · Peñamellera Alta  · Peñamellera Baja  · Pezós  · Piloña  · Ponga  · Pravia  · Proaza  · Quirós  · Las Regueras  · Ribadedeva  · Ribadesella  · Ribera de Arriba  · Riosa  · Salas  · San Martín de Ozcos  · San Martín del Rey Aurelio  · Santalla de Ozcos  · Santiso de Abres  · Santo Adriano  · Sariego  · Siero  · Sobrescobio  · Somiedo  · Soto del Barco  · Tapia  · Taramundi  · Teverga  · Tineo  · Valdés  · A Veiga  · Vilanova de Ozcos  · Villaión  · Villaviciosa  · Xixón  · Yernes y Tameza